Wiki Winx Club
Advertisement

A última fada da Terra é o episodio 3 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 81 en total. Estreouse o 20 de abril do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Gardenia, onde as Winx chegan á casa dos pais adoptivos de Bloom. Vanessa abre a porta, e entran as Winx. Bloom alégrase de ver os seus pais adoptivos, e as Winx explican que teñen que atopar unha fada na Terra que non sabe nada dos seus poderes, e facer que os humanos crean na maxia.

As Winx instálanse na casa, e Mike explica a Vanessa que as Winx están a interromper a súa vida. Bloom e Flora escóitanos, e dinllo ás outras. As Winx teñen que comportarse como humanas sen usar a maxia. Elas empezan a buscar traballo, pero non as aceptan en ningún sitio. E un home obsérvaas.

No parque, Tecna recibe unha chamada dos Especialistas, que preguntan ás Winx como vai a procura da fada da Terra, e si atoparon os Feiticeiros do Círculo Negro. Sky di que se verán máis pronto do que pensan, e Riven di que teñen que acabar a mensaxe.

O home que observou ás Winx, vén preguntar ás Winx si queren traballo nunha tenda de xoguetes. Elas cóntano a Mike e Vanessa. Na tenda de xoguetes, Flora atopa uns xoguetes defectuosos, e dá vida a estes peluches con ás.

Logo Flora di ás outras Winx que precisarán de alguén que os queira, ata que aparece o dono da tenda. Bloom teletranspórtaos á súa casa. O dono chega para felicitar ás Winx polo seu traballo.

Na casa de Mike e Vanessa, os peluches están a voar. As Winx tentan que paren de voar, e Mitzi escoita o son dos peluches. Bloom explica aos seus pais que poderían abrir unha tenda cos peluches, e axudaría a que os humanos crean na maxia. Vanessa quere axudar ás Winx, aínda que Mike ten alerxia aos peluches.

Un home ensina ás Winx un apartamento onde poden colocar a tenda. As Winx empezan a preparar a tenda, e Bloom di que darán os animais a quen os quixer xunto ás cousas necesarias dos animais. Cada unha das Winx terá unha misión cos animais, para manter a tenda. E a tenda chamarase “Amor e Peluches”.

A xente non quere pasar, pero unha rapariga de pelo rosa cun can comeza a ollar a tenda. Stella pecha a xanela, pero a rapariga fai algo coa man e lanza unha enerxía que tira as Winx ao chan. Tecna di que é unha enerxía parecida á dos Feiticeiros do Círculo Negro, e as Winx deciden investigalo e transfórmanse.

Os peluches empezan a estragar a tenda con Kiko, e todo se enche de burbullas. As Winx sepáranse, e están a voar. Os humanos comezan a ollar as Winx.

Sen darse conta, as Winx seguen á rapariga do pelo rosa, pero nunha ponte creen que uns homes son os Feiticeiros do Círculo Negro, pero danse conta que non son eles e vanse voando. As Winx réndense da procura, e entón atopan que a súa tenda está esnaquizada.

Feitos importantes[]

  • As Winx comezan a tenda “Amor e Peluches”.
  • Roxy e Arthur son introducidos neste episodio.
  • As Winx chegan ata Gardenia para encontrar a última fada da Terra.
  • Musa comeza a ter o cabelo solto.

Curiosidades[]

  • Aínda que Roxy foi introducida neste episodio, o seu nome non foi mencionado ata o episodio seguinte.
  • Cando os animais envorcaron as burbullas, había algúns animais nas burbullas que eran dobres.

Galería[]

Advertisement