Wiki Winx Club
Advertisement

O ataque dos feiticeiros é o episodio 13 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 91 en total. Estreouse o 13 de maio do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nuns almacéns, onde Roxy laméntase polo seu can, Arthur. Os Feiticeiros do Círculo Negro queren o Círculo Branco, e atacan os Especialistas. As Winx non queren deixar os Especialistas, pero Sky di a Bloom que protexan Roxy e o Círculo Branco.

As Winx activan as ás Zoomix, e teletranspórtanse. Os Feiticeiros do Círculo Negro van buscar ás Winx, e Timmy pon un localizador a Anagan. Roxy está enfadada polo que lle pasou a Arthur, e Bloom queda con Roxy mentres as Winx buscan os Feiticeiros do Círculo Negro.

Timmy e Helia están a buscar Anagan, pero os dous Especialistas caen nunha trampa. Entón Flora salva os Especialistas, e logra atar Anagan. Pero Anagan escapa, e Timmy ata unha corda á perna de Anagan. Entón Anagan deixa caer Timmy dun edificio, e Tecna sálvao. Pero Tecna é derrotada.

Riven e Brandon buscan Duman, pero atópanse con Gantlos. Entón aparecen Musa e Stella, e deixan Gantlos inconsciente. Brandon fala con Stella, pero outro Brandon aparece e di que é Duman. O verdadeiro Brandon di que lamenta o de Mitzi e foi un malentendido. Stella perdóao, e o falso Brandon revela ser Duman.

Gantlos aparece, e ataca as dúas Winx e os dous Especialistas. Nun tren, Ogron está a loitar contra Layla e Sky, ata que aparece Nabu. Pero Ogron rompe a vara de Nabu, e Sky cae do tren. Nabu tamén cae do tren, pero Layla sálvao. Sky logran volver subir ao tren, e o tren chega a Gardenia.

Ogron loita contra Bloom cos seus propios poderes, e Bloom é derrotada. Entón Bloom di a Roxy que ela ten que ter o Círculo Branco, e Ogron di a Roxy que se renda. Ogron crea unha tormenta, e entón Roxy ten unha visión cunha fada chamada Morgana. Ela axúdaa a ter coraxe, e ataca Ogron.

Ogron empeza a destruílo todo, e entón Bloom usa o seu Believix para que a xente crea na maxia. Os Feiticeiros do Círculo Negro son derrotados porque os humanos cren nas fadas, e a xente aplaude ás Winx. E na aldea das Pixies, moitas flores nacen da Árbore da Vida. Ao final, as Winx celebran a súa vitoria no bar Frutti Music.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Esta é a última aparición das Pixies na tempada 4, e non volven aparecer ata a tempada 6.
  • Durante algunhas escenas do episodio, as puntas amarelas de Roxy no seu cabelo faltaban brevemente.

Galería[]

Advertisement