A canción do rubí é o episodio 8 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 112 en total. Estreouse o 25 de outubro do 2012 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza no lago de Daphne, onde Bloom explica á súa irmá que poderían perder os seus poderes, e Daphne di que está segura que o conseguirá. En Alfea, hai unha festa entre as escolas de Alfea e Fonte Vermella. Stella pon cores ao cabelo das Winx.
Tecna está na súa habitación a falar con Timmy, e entón aparece o libro do Sirenix reproducindo unha música. Na festa, Bloom está con Sky, e Layla está triste. Stella chama uns mozos para que falen con Layla. E en Andros, Tritannus chama Icy, e di que as Trix teñen que capturar Daphne.
No palacio de Neptuno, Tritannus aparece e transforma os gardas en mutantes. Neptuno decide loitar contra el, e Tressa axudará. Na festa, Layla está a pensar en Nabu, e Roy quere falar con ela, pero Stella trae a Layla uns mozos. Os mozos empezan a bailar para impresionar Layla, pero Layla lanza o seu zume na cara deles e vaise enfadada.
Musa atopa Riven con outra rapariga, e entón vén Tecna coa canción do libro. Musa di que a cantaba a súa nai cando era nena, e Bloom di que o próximo paso está en Melodía. En Andros, Tritannus logra converter o rei Neptuno e Tressa en mutantes.
As Selkies atacan, pero non serve e Tritannus absorbe os poderes da Selkie de Magix e os poderes da espada de Neptuno. En Melodía, Stella pregunta a Layla por que está enfadada. No mar, a Selkie de Melodía evita que Tritannus entre no seu océano, pero Tritannus absorbe os seus poderes e entra en Melodía. A Selkie de Melodía tamén logra entrar.
Tecna informa a Musa que teñen que ir ao Arrecife de Rubí. As Winx transfórmanse, pero aparece Tritannus e transforma Musa nun monstro. Layla e Stella atacan Musa, e entón aparece Lemmy e di que Sonna, a Selkie de Melodía, podería curar a Musa se elas se enlazasen.
Layla e Lemmy atopan Sonna débil, pero Musa está a perseguir Stella. Sonna reúnese coas outras e enlázase con Musa, e logra que Musa volva á normalidade. Entón as Winx entran no Arrecife de Rubí, e Musa pide axuda á súa gardiá Sirenix, e descobre que teñen que atopar algo que produza música.
Musa atopa unha arpa feita de coral, e as tres Winx empezan a tocala. Layla envía o son da arpa, e o libro do Sirenix di que teñen que entender a mensaxe da arpa. Pero Bloom quere axudar Sky coa súa memoria. Mentres tanto, as Trix e Tritannus aparecen na cova de Daphne e secuéstrana. E Bloom sente que algo está a pasar con Daphne.
Feitos importantes[]
- Tritannus transforma Neptuno e Tressa en mutantes.
- Só faltan dez días ata que o ciclo lunar termine.
- Daphne é capturada.
- Musa enlázase coa Selkie de Melodía, Sonna.
Curiosidades[]
- Esta é a cuarta vez unha das Winx loita contra as outras Winx. Esta vez foi Musa. A primeira vez é Bloom, como Dark Bloom na tempada 2; e a segunda é Layla na tempada 4 tras perder Nabu e xuntarse con Nébula; e a terceira é Tecna transformada nun robot no episodio 4 da tempada 5 (O libro do Sirenix).