Wiki Winx Club
Advertisement

Nadal en Alfea é o episodio 10 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 114 en total. Estreouse o 29 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom está a preparar cousas para Nadal. As Winx entran, e non saben que é Nadal. Bloom tenta explicar ás Winx o que é Nadal, e explica que en Gardenia os seus pais adoptivos convidaron todos os nenos do barrio para adornar a árbore de Nadal.

Na Terra, Mike, Vanessa e os nenos están a esperar Bloom. En Alfea, as Winx explican a Bloom que en Magix nunca neva, e Bloom explica que o que fai que esta festa sexa especial é a maxia de Nadal. As Trix escoitan a Bloom sobre a maxia de Nadal, e pensan que pode ser moi poderosa, co que teñen que evitar que vaia á Terra.

Bloom disponse a ir a Gardenia, e os Especialistas chegan a Alfea coas Winx. Bloom fala con Sky, mentres as Trix entran en Alfea invisibles. Entón as Trix lanzan un monstro de neve para atacar Alfea. As Winx transfórmanse e empezan a loitar contra o monstro xunto aos Especialistas, para evitar que causen danos na escola.

As Winx danse conta que a súa maxia non funciona, mentres que na Terra, Mike está preocupado porque Bloom non veu. O monstro empeza a lanzar xeo e conxela Alfea, para que nada poida saír da escola. As Winx non poden romper este escudo conxelador, e Faragonda di ás Winx que teñen que atopar a fonte da maxia negra que produce o escudo.

Na Terra, Mike empeza a preocuparse porque Bloom non responde o teléfono, e os nenos están tristes. En Alfea, Bloom non pode contactar cos seus pais, e as Trix queren atacar Bloom cando estea soa. Stella decide traer o Nadal ata Alfea, e empezan a buscar no computador o que hai que facer por Nadal.

Bloom está a camiñar soa pola escola, e cre que hai alguén. Pero ignórao, e segue camiñando. Faragonda di que a fonte dos dragóns de xeo vén de dentro da escola. Bloom chega coas outras Winx, e ensinan que prepararon o que pensaban que é Nadal, pero Bloom di que está contenta porque quixeron axudala.

Bloom dá unhas pulseiras ás Winx como agasallo de Nadal, e as Trix deciden atacar. As Winx transfórmanse, e empezan a loitar contra as Trix e os monstros de xeo. As Trix esixen a Bloom a maxia de Nadal, e Bloom non entende nada. Pero Bloom di ás Trix que non estragarán o Nadal, e lanza o poder da Chama do Dragón que logra derrotar ás Trix.

Os profesores chegan coas Winx, e Bloom di que lle gustaría estar coa súa familia. Entón Faragonda crea un portal, e entran Mike, Vanessa e os nenos de Gardenia a Alfea coa árbore de Nadal. Bloom acende a árbore de Nadal, e as Winx empezan a voar e fan que os nenos tamén voen con elas.

Feitos importantes[]

  • Bloom di ás Winx o que é o Nadal.
  • Faragonda crea un portal para que os pais adoptivos de Bloom e os nenos de Gardenia poidan vir a Alfea para pasar a véspera de Nadal con Bloom.

Curiosidades[]

  • Este é un episodio especial, como o episodio 5 desta tempada, A lila máxica.
  • Mike e Vanessa, así como os nenos de Gardenia, foron capaces de poñer os pés en Alfea a pesar da barreira máxica. Isto é debido ao feito de que Faragonda usou a súa maxia para permitirlles poñer os pés en Alfea.
  • É revelado que nunca neva en Magix.
  • Este é o segundo episodio en que aparece na serie unha festa internacional, o primeiro foi o Halloween no episodio 16 da tempada 2 (Hallowinx).

Galería[]

Advertisement