Wiki Winx Club
Advertisement

A eclipse é o episodio 16 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 120 en total. Estreouse o 10 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Solaria, onde a raíña Luna está co rei Radius mentres el está doente, e a eclipse continúa. Radius quere facer o seu traballo de rei, pero Luna di que ten que repousar. No Océano Infinito, a columna da luz é inestable e comeza a entrar en colapso. Mentres elas se preocupan con isto, Tritannus escapa co selo da columna e vaise con Icy, enfraquecida polo ataque de Bloom.

Flora, Musa e Tecna continúan a súa loita contra Darcy e Stormy. Flora derrota as dúas bruxas, e entón elas decátanse de que Tritannus e Icy se foron sen diciren nada. Tritannus de novo usa os seus escravos mutantes como escudos para impedir que Layla tente detelo. Layla, axiña, colle a espada de Neptuno e lanza un raio en dous dos mutantes, facendo que volvan á normalidade, revelando que son Nereus e Tressa. Layla ponse feliz ao velos de volta á normalidade, axiña, dá a Nereus a espada do rei Neptuno, que promete usala para parar o seu irmán.

Bloom, Stella e Layla reagrúpanse con Flora, Musa, Tecna e os primos de Layla, pero teñen problemas máis grandes. Se a columna da luz caer, toda a dimensión máxica será mergullada na escuridade. Layla tenta curar a columna, pero os seus poderes non son suficientemente fortes. As Winx tentan usar unha converxencia Sirenix, pero mesmo isto non funciona.

As Selkies gardiás din que a luz da columna precisa de ser restabelecida, entón Stella sobe e usa os seus poderes da luz do Sirenix para restaurala. Ela xunta todos os poderes de luz que tiña, e consegue restaurar a columna. Stella queda inconsciente, pero esperta rapidamente cando a collen Bloom e Flora. Darcy e Stormy escollen este momento para fuxiren. En Solaria, Magix e nos outros planetas, a eclipse terminou e o sol brilla de novo.

En Solaria, as Winx volven ao castelo, pero Stella non quere volver, sentindo que agora que a crise acabou, os seus pais volverán á súa rutina habitual. Ela finalmente decide volver soa. Dentro, ela atópase con Luna e Radius, que felicitan Stella polo seu éxito. Pero por causa dunha cousa simple, Radius e Luna empezan unha discusión.

Luna enfadada deixa o salón, e Radius vai para os seus apousentos enfadado coa súa esposa divorciada, deixando Stella triste. En Alfea, Faragonda ten unha reunión con Griselda, Palladium e WizGiz, dicindo que precisan de intensificar a formación das Winx para dominaren os seus poderes Sirenix se quixeren ter esperanza algunha de derrotar Tritannus.

No dormitorio das Winx, Stella está triste porque os seus pais aínda están en contradición, malia o que sucedera. Kiko tenta animala, pero acaba por facer máis mal do que ben. Bloom, axiña, recibe unha chamada de Sky, dicindo que se atopará con ela máis tarde, e ela ansiosamente acepta.

Faragonda ten un encontro astral con Oritel, Erendor, Radius e Teredor, que argumentan sobre o seu próximo plano para combateren Tritannus. Oritel di que teñen que convocar unha reunión de toda a dimensión máxica no seu castelo en Domino, ao que todos concordan. En Alfea, as Winx están confusas cando unha bóla de papel bate na súa porta. O papel é unha nota de WizGiz para atoparse con elas no lago Rocha Luz.

En Eraklyon, Erendor está enfadado porque Sky non está cando el tería que estar a cumprir o seu papel como príncipe, porque en breve será rei. Samara di ao seu marido que non teñen que manter Sky confinado no castelo todo o tempo, e non sabe onde está. Diaspro, que agora traballa no castelo, ten unha idea de onde está, pero di que ela non ten autoridade para traelo de volta. Entón Erendor fai que Diaspro sexa un paxe del e ordénalle que procure Sky. Samara dille a Erendor que cometeu un erro facendo Diaspro un paxe.

As Winx van ao lago Rocha Luz, e quedan horrorizadas ao atopar WizGiz nas garras dun monstro. As Winx transfórmanse, e axiña descobren que o monstro ten o poder de coller e usar os seus propios feitizos de ataque contra elas. WizGiz, entón, di que as Winx teñen que combater fogo con fogo, e Tecna ten unha idea sobre isto.

Tecna usa un feitizo que absorbe os feitizos de ataque das Winx, e as outras usan feitizos de defensa para desviar os ataques do monstro cara ao feitizo de Tecna. Unha vez que recada enerxía suficiente, lanzan esta enerxía de volta ao monstro, e o monstro é destruído e lanza WizGiz a distancia. Bloom rapidamente colle WizGiz no ar, pero axiña descobren que o monstro era unha proba de WizGiz. El di que realmente foi unha lección de batalla, e pasaron a proba. Bloom lémbrase do seu encontro con Sky e rapidamente volve para Alfea para atoparse con Sky.

En Alfea, Sky reúnese con Bloom e comparten un momento, pero é arruinado instantaneamente cando un vehículo de Eraklyon descende e sae Diaspro, para gran sorpresa da parella. Ela di que Sky ten que volver ao castelo inmediatamente, pero el desafiadoramente di a Diaspro que non recibe ordes dela. Diaspro mostra o seu selo de conexión como paxe, demostrando que está a actuar baixo as ordes de Erendor, e Sky abaixa a cabeza.

Sky pide desculpas a Bloom porque o seu encontro foi arruinado por Diaspro, e de mala gana volve cara a Eraklyon. Diaspro ironicamente di a Bloom adeus antes de marcharen, interiormente feliz porque Sky irá con ela e deixará Bloom esta vez. E Sky e Diaspro deixan Alfea no vehículo voador de Eraklyon.

Feitos importantes[]

  • Nereus e Tressa son restaurados de volta ás súas formas normais.
  • A columna da luz é estabilizada.
  • Todos os reinos únense para loitar contra Tritannus.
  • O rei Erendor fai Diaspro o seu paxe.

Curiosidades[]

  • Na tempada 3, Sky dixo que Diaspro foi desterrada de Eraklyon. Pero, estrañamente, ela apareceu en Eraklyon neste episodio, isto posibelmente significa que ela foi perdoada polas súas accións.
  • O rei Erendor dixo que Sky era o próximo na liña para o trono. No entanto, na película Winx Club I: O segredo do reino perdido, el foi coroado rei.
  • Esta é a primeira vez que Nereus e Tressa son vistos en 3D.
  • Agora a columna da luz non precisa do seu selo para reactivala.

Galería[]

Advertisement