Wiki Winx Club
Advertisement

Escoita o teu corazón é o episodio 22 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 126 en total. Estreouse o 18 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus e as Trix planean roubar o último selo da columna do control, sen saberen que as Winx o destruíron. En Alfea, unhas fadas están a xogar a un voleibol máxico, e ao final o equipo das Winx perdeu e o equipo de Krystal gaña.

Krystal abraza Helia, pero el dille que ama Flora. En Eraklyon, Sky sae fóra do palacio e fala con Helia, pero Diaspro ordénalles aos gardas que o fagan volver ao palacio. En Alfea, Bloom está a pensar en Sky, e entra Flora chorando. Ela explica que cre que Helia quere Krystal. Bloom dille a Flora que Helia quere a ela e non a Krystal.

Tecna dille a Flora que fale con Helia sobre isto, porque a ela lle funcionou con Timmy. Entón Tecna recibe novas noticias de Zenith, e o rei Cryos informa que Zenith non se unirá á alianza e defenderase en solitario. Tecna di ás Winx que teñen que ir a Zenith e convencer Cryos que se una á alianza.

En Zenith, Tecna explícalles ás Winx como é a cidade principal, e Stella atopa un centro comercial e quere ir. Tecna dille a Stella que a roupa sae dunha máquina que automaticamente crea pezas de roupa ás ordes dos clientes. Stella empeza a pedir cousas, e estraga a máquina. As Winx deixan a tenda e van cara ao palacio para falaren con Cryos.

No Océano Infinito, as Trix atacan as Selkies que están a vixiar a columna do control. Cando Tritannus se dispón a roubar o selo da columna do control, descobre con estupor que o selo non está. As Selkies informan que as Winx destruíron o selo. Tritannus enfádase e empeza a destruír a columna do control.

En Zenith, empezan a caer raios. A xente empeza a correr, e os robots de Zenith empezan a disparar sen control. As Winx transfórmanse para salvaren Zenith. As Winx descobren que os robots de Zenith están a atacar o palacio, porque están baixo un feitizo escuro.

O rei Cryos atópase rodeado por robots enfeitizados, ata que aparecen Tecna e as Winx e protexen o rei Cryos. Flora dille a Bloom que lance un ataque sobre ela, e así os robots confúndense e son destruídos. No Océano Infinito, tódalas Selkies veñen atacar as Trix, e logo atacan Tritannus para que deixe de atacar a columna do control.

Tritannus e as Trix vanse da columna do control, e todo volve á normalidade. O rei Cryos di que a tecnoloxía de Zenith fallou, pero as Winx salvárono. Tecna dille a Cryos que reconsidere unirse á alianza de planetas, e Cryos acepta unirse.

A gardiá do Sirenix de Tecna di que Tecna gañou o seu desexo, e Tecna usa o seu desexo para que a xente de Zenith se sinta ligada a tódolos planetas da dimensión máxica. En Alfea, Bloom recibe unha mensaxe que Sky a quere ver, e entón aparece Sky en persoa, e Bloom sóbese á moto de Sky.

Bloom perdoa Sky, e os dous voan xuntos mentres que Bloom empeza a lembrar as súas aventuras con Sky. No Océano Infinito, Tritannus está moi enfadado porque non será emperador, e pregúntalle a Daphne que pode facer. Daphne fálalle a Tritannus de Politea, unha fada Sirenix que quixo moito poder e converteuse nun monstro. Darcy e Stormy din que procurarán Politea, roubaránlle o seu poder e farano sen Icy e Tritannus.

Feitos importantes[]

  • Flora comeza a pensar que Helia quere estar con Krystal.
  • Tecna usa o seu desexo do Sirenix.
  • Bloom e Sky reconcílianse.
  • Darcy e Stormy abandonan Icy enfadadas.

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira vez que aparece unha cidade de Zenith.
  • Cando Tecna usa o seu desexo, as súas ás desaparecen.
  • Antes de iren as Winx a Zenith, o colar de Tecna desaparece e reaparece en varias escenas.
  • Nunha escena, o colar de Musa falta.

Galería[]

Advertisement