Wiki Winx Club
Advertisement

O ollo do tiburón é o episodio 23 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 127 en total. Estreouse o 19 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus está enfadado porque as Winx destruíron o último selo que necesitaba para activar o trono do emperador. Entón decátase que Darcy e Stormy non están aí, e lanza un ataque contra o trono do emperador, pero o trono lanza un raio que fai que Tritannus volva á súa aparencia normal.

Daphne di a Tritannus que a maldición do Sirenix o destruirá como destruíu Politea, e Tritannus dille a Icy que teñen que atopar Politea para activaren o trono do emperador. Icy usará o seu poder escuro do Sirenix para atopala. En Alfea, Stella está triste porque ninguén quere a súa roupa, e Bloom di que faga outro desfile de moda.

Stella decide convidar os seus pais ao desfile de moda, e Bloom sae do cuarto. No corredor de Alfea, Daphne dille a Bloom que ten que atopar Politea antes de que sexa atopada polas Trix. Ela dille que a ten que atopar na sala dos reflexos afastados de Alfea. E advirte a Bloom que Politea é malvada e perigosa.

Faragonda está a darlles unha clase ás Winx sobre cronomaxia, que consiste en ver o pasado como un reflexo. Bloom lembra o que lle dixo Daphne dos reflexos afastados, e elixe ser voluntaria. Bloom chega a unha sala que recoñece como a sala dos reflexos afastados, e empeza a ver a historia de Daphne e Politea.

Bloom ve que Politea era unha fada como Daphne e loitaron contra as Tres Bruxas Ancestrais. Pero as bruxas atacaron a Daphne e Politea non a axudou, e por iso as bruxas botaron unha maldición no seu Sirenix que converteu Politea nun monstro e Daphne nunha criatura sen corpo. Politea está nunha gorida con forma de testa de tiburón.

Bloom di que irá soa buscar Politea, para non poñer en perigo as outras Winx. Entón transfórmase e entra no Océano Infinito. Alí Bloom atópase coa súa Selkie, Serena, e pregúntalle onde está a gorida de Politea con forma de testa de tiburón. Na gorida de Politea, Icy tamén está á procura dela.

Dentro da gorida, Icy atópase con Bloom e Serena, e Bloom ataca Icy. Icy lanza outro ataque a Bloom, e entón aparecen Darcy e Stormy a atacar Politea. Icy quere tamén capturar Politea, pero Darcy e Stormy absorben os poderes de Politea. Darcy e Stormy atacan Bloom, e a cova comeza a destruírse.

As Trix escapan da cova, e Serena esperta Bloom para saíren da cova. En Alfea, os pais de Stella chegan a Alfea, e Stella di que quere falar un pouco con eles. Stella di que se pon triste cando eles discuten, e confesa que lle gustaría que eles dous se tentasen respectar un ao outro e que a escoitasen tamén a ela. Logo Stella dilles aos seus pais que haberá un desfile de moda.

No desfile, viñeron as fadas, os Especialistas e os profesores. Stella empeza o desfile, e a gardiá do Sirenix de Stella sae e di que Stella pode pedir un desexo. Stella pide que os seus pais se escoiten sempre e que se reconcilien. Stella fai saír as Winx cos vestidos, e todos aplauden. O público empeza a dicir o nome de Stella, satisfeito.

Stella dálle as grazas ao público e presenta as Winx, e logo fai que Brandon suba ao escenario. Stella dille a Brandon que está contenta porque lle dixo a verdade malia que ela non a quería escoitar. Riven sobe ao escenario e di que a fada coa que estaba só lle ensinou a tocar a guitarra para facer unha canción para Musa. Riven e Musa empezan a cantar no escenario.

Feitos importantes[]

  • A historia da maldición do Sirenix móstrase.
  • Stella usa o seu desexo do Sirenix.
  • Musa e Riven reconcílianse.

Curiosidades[]

  • Este episodio marca a primeira aparición de Arthur dende a tempada 4.

Galería[]

Advertisement