Wiki Winx Club
Advertisement

A escola voadora é o episodio 3 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 133 en total. Estreouse o 20 de xaneiro do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Alfea, onde Faragonda chama Roxy á súa oficina. Ela pídelle a Roxy que determine que lles está a tentar dicir a todos o corvo ferido, xa que ela é a única que pode entender mellor os animais. No cuarto das Winx, as Winx están a tentar animar as Pixies, que están tristes xa que tódalas outras Pixies desapareceron durante a última batalla na súa aldea.

Musa usa o seu poder da música e fai unha música pop a través dun altofalante, e entón aumenta o volume da música ata o máximo que fai que as Winx e as Pixies se asusten. Pero Tecna fai un feitizo para facer máis pequeno o altofalante e reducir o volume da música. E entón, Layla usa o seu poder do Morphix e crea equipos de ximnasia con Morphix para que as Pixies estean felices.

Axiña, o móbil de Tecna comeza a soar e Kiko está ansioso para buscalo. É Timmy, que convida as Winx a unírenselles nunha escola de Linphea para a súa formación nunha batalla cos Paladinos. Tecna agradécelle a invitación, mentres Flora comeza a animarse porque atopará de novo a súa irmá máis nova, Miele, que acaba de ser inscrita no colexio de Linphea.

Antes de iren, Stella está a piques de darlles ás Winx algunhas roupas novas cun tema salvaxe, porque Linphea é o reino máxico da natureza. Pero en vez disto, fai que as Winx vaian vestidas con plantas espesas, ata o cabelo. De súpeto, Griselda chega ao cuarto das Winx e Stella apresuradamente esconde a súa tenda secreta mentres as Winx están disfrazadas de plantas. Cando Griselda se vai sen decatarse de nada, Stella dálles as Winx novos vestidos apropiados para esta ocasión.

As Winx soben nunhas xoaniñas para viaxaren ao colexio de Linphea. Ao chegaren, Flora vai á procura da súa irmá máis nova, Miele, pola escola. Entón, algunhas fadas da escola saúdan as Winx, e Stella dálles os seus autógrafos porque a ela lle gusta ser famosa. Mentres Flora busca a súa irmá, as Winx van cara á arena de batalla axudar co adestramento dos Especialistas nun vehículo en forma de folla.

As Winx chegan á arena de batalla onde atopan os Especialista en formación. Bloom dilles ás Winx que Sky e Thoren están a adestrar. Toda a xente olla como Thoren move a súa poderosa arma martelo e crea un terremoto para atacar Sky, pero el logra superalo coa súa espada láser. Stella grítalle a Brandon a dicirlle que ela e as súas amigas están alí, pero o adestrador di que se ten que concentrar na formación.

Un paladino, Nex, cando é a súa hora de actuar tenta impresionar as Winx e sobre todo Layla, poñendo Roy celoso. Helia vén preguntar onde está Flora, e Tecna dille que está con alguén, e Helia queda sorprendido. Comeza unha batalla entre Roy e Nex, pero Roy perde e cae. Felizmente, Layla sálvao da caída co seu Morphix. Tras este incidente, Layla enfádase con Nex, e dille que todo o que está a facer é mostrar o seu poder.

Mentres tanto, Flora e Miele están a falar. Miele está moi feliz de ver Flora, e Flora sorpréndese ao ver que a súa irmá creceu. Axiña, Flora e Miele falan un pouco sobre a vida escolar de Miele. En Alfea, Roxy volve á oficina de Faragonda porque conseguiu facer que o corvo fale usando feitizos de vocalización. O corvo explícalle todo a Faragonda sobre o que sucedeu. Faragonda e Roxy finalmente descobren que as Trix volveron e o corvo é realmente Griffin.

Mentres Flora está a falar con Miele, atopan Torre de Nubes a flutuar no ceo de Linphea. Flora sorpréndese e está a piques de avisar as Winx e os outros. Mentres tanto, en Torre de Nubes, as Trix pregúntanlle a Selina se existen criaturas lendarias para seren convocadas en Linphea. Selina entón convoca co seu libro Legendarium uns monstros chamados Treants, dunha lenda de Linphea, para espertaren e atacaren a escola.

Flora ordénalles aos Especialistas e mailos Paladinos que paren porque algo non vai ben. Os Treants comezan a atacar. Bloom e as Winx transfórmanse en Sirenix para pararen o caos que está a suceder e voan ata Torre de Nubes. Mentres os Especialistas e mailos Paladinos axudan as fadas a combater os Treants, en Torre de Nubes, as Winx loitan contra as Trix pero perden a batalla. Bloom entón ve unha burbulla a protexer Selina. Cando elas atacan Selina, ela é protexida polo Legendarium, e as Winx perden os seus poderes, excepto Bloom.

As Winx son automaticamente teletransportadas fóra de Torre de Nubes e comezan a caer porque non teñen poderes e non poden voar, excepto Bloom. Entón, os Especialistas atopan as Winx en perigo e voan ata elas para capturárenas no ar. Mentres a batalla contra os Treants continúa en Linphea, os Especialistas levan as Winx de volta a Alfea onde Faragonda e Daphne están á espera delas. As Winx explican o que sucedeu mentres Bloom está curiosa por que ela non perdeu os seus poderes, só quedou feble.

Faragonda dilles ás Winx que o motivo de que Bloom non perdeu os seus poderes é que o seu poder é composto da Chama do Dragón e é inextinguible, e é a fonte da dimensión máxica. Bloom entón comparte o seu poder da Chama do Dragón con cada unha das súas amigas. Faragonda, entón, dilles as Winx que manteñan a Chama do Dragón segura, porque irá florecer nunha nova transformación. As Winx danlle as grazas a Bloom logo de que Faragonda explicase isto ás Winx.

Feitos importantes[]

  • As Winx son despoxadas dos seus poderes, excepto Bloom.

Curiosidades[]

  • Esta é a segunda vez que as Winx perden os seus poderes, con excepción de Bloom.
  • Vese que agora Roxy ten as súas mechas louras nas costas.
  • Miele é agora máis madura ca na súa primeira aparición na tempada 3.

Galería[]

Advertisement