Wiki Winx Club
Advertisement

A fada madriña é o episodio 13 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 143 en total. Estreouse o 31 de marzo do 2014 en Italia.

Argumento[]

Trala batalla que fixeron contra os vampiros, as Winx deciden finalmente descansar e relaxarse un pouco na casa de Bloom. Mentres que Mike, Vanessa, e as Pixies poñen a mesa, Bloom e as Winx están na cociña a facer unha pizza caseira. Pero as cousas son máis difíciles e rematan con moita desorde. Cando a pizza está rematada, toda a xente se reúne na mesa a celebrar o regreso de Bloom de volta ao equipo.

En Torre de Nubes, Selina fala con Acheron, que está pechado dentro do Legendarium, e el pregúntalle a Selina se o seu obxectivo real é a súa liberación. Ela afirma que así é e asegúralle que só precisa de máis enerxía de tódalas escolas que as Trix estiveron a tomar o control. Deste xeito rapidamente Selina pecha o libro cando Stormy entra, dicíndolle que veña á oficina de Griffin. Icy e Darcy están a ver as Winx a través do Ollo de Griffin. Mentres as Trix se están a burlar do gozo das mozas, Selina empeza a lembrarse un pouco do seu pasado entre ela e mais Bloom.

Na casa de Bloom, as Winx están a prepararse para iren ao Bosque das Flores, coa esperanza de coñeceren Eldora. Elas deixan as Pixies na casa, e chegan ao Bosque das Flores, seguindo unha bolboreta que conduce as fadas ata un camiño. Daquela elas atópanse nun prado florecido cheo de Lanusias. Despois a bolboreta voa máis lonxe e conducen as Winx ata un prado máis pequeno. Tal e como indica o debuxo de Bloom, debuxado cando era pequena, chegan á casa de Eldora. Corren deseguido ata a casa, pero Stella cae nun pequeno río.

Entón unha anciá vén regar as súas flores. Ela resulta ser Eldora e Bloom reúnese con ela. Eldora está sorprendida de ver Bloom de novo tras moitos anos e ela invítaas a ela e ás outras mozas á súa casa. Dentro Eldora ofrécelles ás mozas un pouco de té, pero que malia o cheiro agradable non ten un gusto moi agradable. Stella distrae rapidamente Eldora, e mentres que ela está distraída, as mozas envorcan rapidamente o seu té nunhas plantas pequenas, facendo que medren en grandes tamaños.

Porén as Winx e Eldora están a ser espiadas polas Trix. Selina é prudente, xa que ela e mais Eldora teñen unha historia xuntas e as Trix poderían descubrir este feito, así que en segredo ela desactiva o Ollo de Griffin. As Trix cren que a casa de Eldora ten unha clase de seguridade máxica para bloquear a espionaxe. Entón as Trix deciden ir alí persoalmente. Antes de saíren, Icy ordénalle a Selina que convoque monstros adecuados para atacar o sitio.

Na casa de Eldora, Bloom pregunta por Selina. Eldora entristécese ao ouvir o nome de Selina xa que se lembra moi ben. As cousas cambiaron drasticamente dende o momento no que ela e Bloom deixaron de estar xuntas. Nunhas lembranzas vese cando Bloom e Selina tiñan 6 anos, e unha Eldora máis nova. Ela detectara potencial máxico en ámbalas dúas. Avanza rapidamente ata a adolescencia de Selina onde Eldora instruíu Selina na maxia. As Winx están sorprendidas porque Selina se adestrara para ser unha fada, a continuación, preguntan por que se converteu nunha bruxa. Eldora explícalles que ela era a encargada da biblioteca de Alexandría en Exipto, onde atoparon o Legendarium.

Eldora foi con Selina durante unha expedición á biblioteca onde Eldora leu un texto do Legendarium. Elas sorprendéronse moito do poder do libro cando o Espírito do Falcón se materializou. En defensa, Eldora transformouno nun porco e Selina devolveuno ao libro. Logo, Eldora viaxou polo mundo á procura dun método de pechar o Legendarium debido a que os poderes de libro poderían destruír o mundo. Entón é cando as cousas empeoraron.

Selina entón ouviu unha voz na súa testa, Acheron, quen fala con ela coa promesa de obter máis poder co Legendarium se ela decidir traballar para el. Acheron entón dálle a Selina un pouco de poder, e transfórmaa na bruxa das serpes. Eldora chega e dille a Selina que non lea o Legendarium e advírtelle que Acheron é o feiticeiro que creou o libro e que este rematou preso nas páxinas do libro. Unha noite, Selina tomou a decisión e prometeulle lealdade a Acheron. Ela roubou o Legendarium e fuxiu do Bosque das Flores.

Layla di que as Trix descoñecen esta información sobre Selina. Bloom pregúntalle a Eldora se sabe dalgún método de pechar o Legendarium. Antes de que responda, as Trix chegan e atacan as fadas. As Winx saen e prepáranse para loitaren. Pero as Winx logran só frear os ataques das Trix. Neste momento, Selina convoca os Espectros Ectoplasma do Bosque das Flores. As Winx tentan loitar contra eles, pero os espectros son intanxibles e inmunes aos ataques das fadas.

As Winx son case derrotadas pola inmortalidade dos espectros, cando Eldora sae e usa os seus poderes porque ela pode neutralizar os mitos do Legendarium. Ela convoca os espíritos das Lanusias e eliminan os espectros. Ao vérense derrotadas, as Trix marchan. Coa batalla rematada, Bloom volve facer a súa pregunta anterior sobre o peche do Legendarium. Pero Eldora di que vaian a un novo sitio apartado xa que as Trix saben onde está a súa casa. Ela suxire procurar unha vella árbore para instalárense, e Bloom suxire con rapidez que por agora poden ir á casa dos seus pais adoptivos.

Feitos importantes[]

  • As Winx chegan ao Bosque das Flores.
  • As Winx atopan Eldora.
  • Eldora cóntalles ás Winx sobre o pasado de Selina con Acheron e con ela.
  • Selina convoca os Espectros Ectoplasma para atacaren as Winx.
  • Eldora invoca a maxia da Lanusia e derrota os Espectros Ectoplasma.

Curiosidades[]

  • Este é o primeiro episodio no que hai tres lendas contadas.
  • Esta é a última vez que a primeira abertura da tempada 6 vai ao ar, despois hai unha nova para o resto dos episodios da tempada 6 (como na tempada 5 a partir do episodio 13).
  • Este episodio foi emitido nos EUA como parte da maratón de maxia online.

Galería[]

Advertisement