Wiki Winx Club
Advertisement

A invasión dos zombis é o episodio 16 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 146 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza cunha continuación da acción do episodio anterior, no mundo do Legendarium. As Winx están a piques de loitar coas Trix, pero aparecen os piratas zombis. Mentres que as Winx loitan, Bloom vai á procura da Esmeralda da Fantasía.

Mentres que as Winx, as Trix e os zombis loitan, Bloom é perseguida por Icy, cando aparece tamén Eldora, quen lles advirte a Bloom e a Icy que o seu límite de tempo dispoñible antes de quedaren atrapadas no Legendarium está a esgotarse.

Pero as Trix oen a advertencia de Eldora e Icy reagrúpase con Darcy e Stormy, e coméntalles que o tempo que lles queda no libro está a rematar, entón elas marchan do libro. Bloom aínda procura con desesperación a Esmeralda da Fantasía antes de que o seu límite de tempo se esgote. Tras moitos outros intentos de procura, Bloom nota unha gran esmeralda incrustada na proba do barco.

Bloom colle a esmeralda, despois co resto das Winx vanse do Legendarium, atopándose de novo no mesmo sitio do que marcharon, a cova submariña. Eldora aparece para felicitar as mozas porque lograron atopar a Esmeralda da Fantasía, e dilles que se quedasen máis alí nin que fosen uns segundos máis, poderían converterse en personaxes de ficción. Logo todos regresan á illa Calavera.

Na illa, os Especialistas, os Paladinos e Daphne están a pasear polas rúas da illa. Thoren séntese incómodo porque non puido entrar no mundo do Legendarium, e Daphne asegúralle asegura que as Winx poden coidar elas mesmas da misión. Mentres tanto, Sky e Riven enfróntanse nun partido de búmerang. Riven non consegue lanzar o búmerang ben, e remata por envorcar as bebidas dos demais.

Riven di que Sky sabe facelo todo ben e el non, enfádase e marcha. Xusto entón Roy e Nex están a discutir porque os dous están namorados de Layla e tamén se enfrontan entre sí para a atención desta. Neste punto, as Winx aparecen na praia coa Esmeralda da Fantasía, e din que acabaron a misión con éxito. Os mozos e Daphne felicitan as Winx e toda a xente está contenta.

En Torre de Nubes, as Trix regresan e están enfadadas con Selina, xa que din elas que ela se esqueceu de facerlles un informe sobre o límite de tempo para estaren no mundo do Legendarium. Con todo están relaxadas porque saben que igual sucederá o mesmo coas Winx. As Trix deciden ollar as Winx co ollo de Griffin, e descobren que as Winx están a gozar cos mozos na illa a festexar o éxito da misión.

Na praia da illa Calavera, Daphne e Thoren queren cocos e Flora axúdalles a recoller algúns. Layla quere tamén cocos, e Roy e Nex tentan recoller cocos para Layla, pero ambos caen ao chan con tódolos cocos. Layla colle un e marcha.

En Torre de Nubes, as Trix ordénanlle a Selina que esperte os piratas zombis no mundo real. Deste xeito que o barco se materializa na costa da illa Calavera, e axiña, aparece unha gran tripulación de piratas zombis, que invaden a illa e asustan os habitantes.

Os Especialistas e mailos Paladinos collen cadansúas armas, e as Winx transfórmanse en Bloomix e Daphne en Sirenix para loitaren contra eles, para defenderen a illa e a esmeralda. Na loita, os piratas zombis empezan a perseguir a xente asustando os habitantes. Incluíndo cando o capitán dos piratas é destruído, veñen cada vez máis piratas da tripulación e empezan a atacar as Winx e mailo seu equipo. Os habitantes de Calavera están asustados polos ataques dos piratas.

Ao decatarse de que os piratas zombis os superan en número, Bloom usa a súa Chama de Amizade para permitir que os habitantes de Calavera os axuden a derrotar os piratas. Finalmente mandan os piratas zombis de regreso ao Legendarium. As Winx e mailos Especialistas celebran o seu triunfo, mentres que en Torre de Nubes, as Trix e Selina ollan as Winx e o equipo, e din que na súa próxima misión as esperarán con certeza.

Feitos importantes[]

  • As Winx conseguen a Esmeralda da Fantasía.

Curiosidades[]

  • Neste episodio no canto de usaren o Mythix para loitaren contra os piratas zombis na illa, as Winx usan o Bloomix o que confirma que a única versión do Mythix que existe será en 3D, e tamén se confirma que tralo peche do Legendarium as Winx xa non usarán o Mythix pero si o Bloomix.
  • Esta é a terceira vez que aparece un tipo de Morto-Vivo. O primeiro tipo son as Momias e o segundo tipo son os Vampiros.
  • Este episodio foi emitido nos EUA como parte da maratón de maxia online.

Galería[]

Advertisement