A maldición de Fearwood é o episodio 17 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 147 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2014 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza no invernadoiro secreto de Alfea onde Flora volve vir con Helia para amosarlle o invernadoiro, cando son interrompidos por un grupo de alumnas que viñeron visitar o invernadoiro. Flora amósalle a Helia como coidar dunha planta con pouca auga e extracto de plantas, pero Helia está nervioso e non sabe que facer. Flora vaise coas alumnas e Helia queda coas plantas. Pero algo non vai ben e unha planta agarra Helia. Mentres tanto Flora remata a visita e volve a tempo de axudalo. Soltado do agarre Helia descúlpase torpemente e marcha do local. Polo camiño el atopa Musa.
No patio de Alfea, Flora está a falar con Musa, cando aparecen os Especialistas e os Paladinos que informan as Winx que Faragonda as citou para outra misión sobre o peche do Legendarium. Musa fala con Riven e di que sempre está a adestrar en Fonte Vermella, pero este ignora Musa, mentres que Flora menciona que discutiu con Helia e que lle fixo poñerse triste.
Nas clases de Historia da Maxia, as Winx usan as súas variñas para atoparen outro sitio para a seguinte cousa. Elas atopan un tótem de prata máxico, que menciona que o seguinte obxecto é a Lanza de Prata e está localizada no bosque de Fearwood, en Canadá. Tamén elas descobren que o tótem de prata é unha arma utilizada polos habitantes para protexérense contra os lobishomes que están a asustar a poboación de Fearwood.
En Torre de Nubes, as Trix escoitárono todo e din que esta vez farán algo para pararen as Winx sexa como for, e mentres elas están a falar, Selina murmura que se as mozas conseguiren cumprir o seu obxectivo de pecharen o Legendarium ela non poderá liberar Acheron. Mentres tanto en Fearwood, as Winx e mailos Especialistas chegan, e Eldora aparece para dicirlles onde se atopa o tótem, malia que tamén están a falar sobre outro problema, os lobishomes. Fórmanse dous grupos que deciden separarse para atoparen máis pistas.
Polas rúas toda a xente escóndese nas súas casas e non as quere axudar ningún, malia que un home di que o sitio está maldito coa existencia dos lobishomes. Mentres tanto os Especialistas procuran máis pistas, pero Riven fai unha broma e asústaos, que remata nunha discusión con Helia. Entón, Icy ordénalle a Selina que libere os lobishomes para atacaren as Winx e mailos Especialistas.
De súpeto os lobishomes saen e os grupos loitan contra eles. As Winx transfórmanse para atacaren os lobishomes cos Especialistas, pero descobren que todos son persoas que sofren dunha mutación e non os teñen que destruír, e usan gaiolas para encerraren a maioría deles. Xustamente entón é onde Helia e Flora se reconcilian dicindo que el é máis bo na loita cos lobishomes do que nas flores. Pero as Trix vixiaron toda a batalla, mentres Icy lle di a Selina que tamén quere ser unha personaxe de ficción e entón ela acepta.
De xeito que no bosque, a batalla continúa, cando a aparición sorprendente de Icy os colle por sorpresa. Icy conxela Helia e lévao ao mundo do Legendarium. Flora vese obrigada a transformarse en Mythix para salvalo das mans da Raíña das Neves, a personaxe escollida por Icy, e vai ao Legendarium soa. No mundo do Legendarium, Flora ve que Icy creou unha zorra porque agora é a Raíña das Neves, e sobe na zorra con Helia e marchan. Flora ponse a voar para seguir Icy e Helia. Icy con todo non lle pon doada a tarefa e tenta facela desistir, pero Flora di que ela nunca deixará Helia só, e fará todo o posible para facer que volva á normalidade.
Feitos importantes[]
Curiosidades[]
- Flora é a única fada entre as Winx que se transformou en Mythix.
- Esta é a primeira vez que o Legendarium lle dá poder a unha das Trix, transformando Icy na Raíña das Neves.