Wiki Winx Club
Advertisement

Afrontando campións é o episodio 24 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 154 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nunha escola chamada Hoggar, onde as Trix están a atacala e encarceraron uns alumnos. Entre estes está tamén Hagen (que apareceu na primeira película, Winx Club I: O segredo do reino perdido). Hagen di que non se axeonllará nunca ante as Trix, e Icy fai un feitizo que fai que Hagen se axeonlle, mentres se está a divertir. Stormy di que agora que teñen o poder da escola Hoggar, poderán atacar Alfea e vencer as proteccións máxicas da escola.

En Alfea, Tecna está a falar con Timmy para atoparen un xeito de localizar Torre de Nubes invisible, coa axuda do seu localizador espectrográfico. Mentres que están nunha clase, Daphne, Bloom, Layla e Musa están a falar sobre Rumpelstiltskin que agora ten a chave do Legendarium. Elas saben que precisan desta clave para pecharen o libro e para deteren a ameaza. Daphne di que pode atopar algo útil nunha das salas secretas subterráneas de Alfea.

Bloom di que teñen que ir buscar Stella, e esta atópase evidentemente na súa tenda de roupa. Mentres tanto na tenda de Stella, Griselda aparece, exactamente cando unha clienta de Stella estaba a probarse varios traxes. Griselda sobe arriba a Stella e di que os seus traxes son moi bonitos. Stella sorpresa pola súa reacción pregúntalle por que non está enfadada con ela. Pero entón Griselda di unha cousa aínda máis sorprendente: ela tamén quere un traxe igual có do outra clienta. Griselda di que Stella precisa de máis publicidade, e anunciarállelo tamén ás outras alumnas.

Xusto entón aparece tamén Bloom. Logo de que Stella satisfai os gustos de Griselda, vai coa súa amiga atoparse coas outras Winx e Daphne. Entón Daphne preséntalles a Sala de Segredos de Alfea, e as Winx están impresionadas coa sala. Daphne empeza a falar sobre as tres Campioas de Alfea. Ress do Fogo, Siobhan da Auga e Farcellia do Vento, que foron as tres mellores alumnas de Alfea e as máis poderosas tamén da historia da dimensión máxica. Dise que os feitos duraron ao longo do tempo por xeracións, en forma de lendas. Na súa homenaxe foron feitas tres estatuas e gardadas nesta cámara con acceso limitado.

As Winx e as Pixies deciden separarse para procuraren algo que trocar coa chave do Legendarium. De súpeto, Stella colle un obxecto e vólvese pequena. Ela pídelle a Flora que faga algo para volver á normalidade. Flora colle outro obxecto e Stella volve ao seu tamaño normal. Chatta atopa unha rocha máxica, cóllea ata que a rocha empeza a voar con Chatta detrás, ata que Chatta deixa a rocha nalgures. Bloom colle outro obxecto e empeza voar con el, e Layla fai un coxín Morphix para collela.

En Torre de Nubes, as Trix preparan as outras bruxas para conquistaren Alfea, e fan as outras bruxas invisibles co mesmo feitizo co que tamén fixeron a torre invisible. Despois elas envíanas nun exército invisible cara a Alfea. As bruxas empezan a atacar as fadas de Alfea, e as fadas empezan a correr espallándose caos. Faragonda, Griffin e os profesores de Alfea tentan protexer Alfea e fan un escudo de protección, cando aparecen as Winx para veren que está en suceder. Pero as bruxas conseguen romper o escudo cos seus novos poderes. Faragonda di que precisan de axuda.

As Winx transfórmanse en Bloomix e Daphne en Sirenix, e loitan contra as bruxas xunto cos Especialistas e mailos Paladinos. Pero as bruxas agora son moito máis fortes. Entón Tecna usa o localizador espectrográfico e fai que as bruxas e Torre de Nubes sexan visibles de novo. Entón as bruxas abandonan a loita. Mentres tanto en Torre de Nubes, Selina fala con Acheron, e dille que precisa da Chama do Dragón. As Trix ordénanlle facer algún truco para deter as Winx.

En Alfea, as profesoras e Eldora danlle as grazas a Tecna porque salvou a escola, e ela di que Timmy tamén o axudou. As Trix aparecen e propóñenlle a Bloom participar nun dó. As profesoras din que hai un truco, pero Faragonda dille a Bloom que non ten que facelo se non o desexa. Pero Bloom quere loitar. Aínda así Icy di que non loitará contra elas, terá que loitar contra Selina, e o resto das Winx só poden velas. Bloom está sorprendida. Entón Selina co Legendarium esperta as máis poderosas e máis perigosas Campioas de Alfea. Selina sae, e di que empece o duelo. Bloom con todo tenta amolecela e lémbralle que antes eran amigas, pero Selina di que agora medrou, e empeza a atacala.

Mentres tanto, as Campioas aparecen e veñen atacar cos poderes baseados nos elementos: fogo, auga e aire. Os Especialistas tentan detelas pero non poden. Daphne explica que as Campioas eran tan poderosas que rexeitaron a ligazón máxica coas Pixies. Por isto este vínculo representa a súa única desvantaxe coñecida. Entón Layla decide usar as Pixies para derrotaren as Campioas. Pero só hai seis Pixies, e as outras están atrapadas no Legendarium.

Por isto Layla e o resto das Pixies existentes van á súa aldea, acompañadas por Nex. Layla chega alí e vai ao mundo do Legendarium para buscar as outras Pixies mediante os seus poderes Mythix. No mundo do Legendarium, Layla atopa a Árbore da Vida, pero non están as Pixies. Entón Layla ouve unha voz dunha das Pixies, a dicir que están atrapadas na árbore. Só que entón aparecen os trols que apareceron no segundo episodio (O Legendarium). Os trols lanzan pedras, e Layla destrúe algúns deles pero veñen máis trols. Layla logra derrotalos, e cos seus poderes, Layla logra liberar as Pixies, e volver ao mundo real.

Layla dilles ás Pixies que teñen que ligarse coas Campioas de Alfea para derrotárenas. Mentres tanto en Alfea, as Trix case gañan cando Layla e as Pixies veñen. As Pixies lanzan a súa maxia xunto coa ligazón formada coas súas fadas, e as Campioas son derrotadas. Pero Bloom e Selina aínda están a loitar. Bloom dille a Selina: “Sei que ti tes o ben dentro de ti”. Pero Selina consegue roubarlle unha parte da Chama do Dragón que posúe Bloom. Ela di que ten o que buscou, e marcha.

Bloom dilles ás Trix que Selina se foi, e que Bloom polo tanto gañou, e que agora as Trix teñen que marchar. As Trix están enfadadas con Selina, e Bloom explícalles que Selina unicamente marchou, pero non entende por que. Mentres tanto na aldea das Pixies, as Pixies están a gozar porque volveron a casa, xunto con Layla e Nex. Entón Nex cóllelle a man a Layla, e dille que se sente feliz porque toda a xente está a salvo agora. Mentres tanto en Torre de Nubes, Selina está soa, colle o seu Legendarium e dille a Acheron que cumpriu o seu obxectivo. Agora que ten unha parte da Chama do Dragón, liberarao da prisión no Legendarium finalmente e deste xeito o episodio remata.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • As Campioas de Alfea representan tres dos catro elementos clásicos: fogo, auga e ar. Tras convertérense de novo en lendas, elas quedan como estatuas (terra).
  • Ress é un nome masculino de orixe galesa que significa “ardente”, “flamexante”. Siobhan é un nome de orixe irlandesa e hebraica que significa “Deus é bo”. Tamén pode significar “calma”, “perfección”. Pronúnciase shivawn ou shavahn, e posúe varias romanizacións. Farcellia: “Celia” é un nome de orixe latina, que significa “ceo”, “celestial” ou tamén “musical”.
  • Esta é a última aparición de Roy.

Galería[]

Advertisement