Wiki Winx Club
Advertisement

Un amigo no pasado é o episodio 5 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 161 en total. Estreouse o 23 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en no parque natural de Alfea, onde Roxy está a chorar porque Brafilius lle roubou a Pedra das Lembranzas, e agora el poderá viaxar no tempo. Bloom tenta consolar Roxy, dicindo que as Winx sempre serán as súas amigas. Na cova na que están Kalshara e Brafilius, esta está a dicirlle que ten que conseguir o animal coa primeira cor do universo, para poñer a man sobre o poder absoluto dos animais máxicos. Entón Brafilius vén coa toupa escava-furacos e dille a Kalshara que ten algo novo que amosarlle. Kalshara enfádase porque trouxo só unha pedra, pero Brafilius di que esta pedra é especial, porque con esta poderá viaxar no tempo, e poderán atopar o animal do que están á procura, que está na prehistoria de Magix.

Kalshara manda Brafilius ao pasado, para procurar os chora-choras. Brafilius activa a pedra das lembranzas de Roxy e como as pedras están ligadas, as Winx tamén viaxarán ao pasado. As Winx despídense de Roxy e dos Especialistas, e viaxan á prehistoria. No pasado, as Winx aparecen nunhas montañas, onde hai uns animais salvaxes que están a voar por riba destas. Stella dálles ás Winx traxes semellantes a estes animais, para pasaren desapercibidas. Pero os animais salvaxes atacan as Winx, porque as viron con estes traxes. Os animais destrúen a plataforma na que estaban as Winx, e elas caen. Bloom di que teñen que transformarse, pero Stella di que poden voar coas ás dos traxes, e elas empezan a voar.

As Winx descobren que Brafilius está a controlar uns dos animais salvaxes. Brafilius ordénalles aos animais que ataquen as Winx, porque os animais están hipnotizados coa axuda dun feitizo. O animal de Brafilius lanza uns proxectís que destrúen as ás dos traxes das Winx, e as Winx empezan a perder altura. Agora Brafilius poderá continuar a súa misión no chan. Chegadas ao chan, as Winx descobren que aterraron enriba dun ovo enorme, que empeza a eclosionar. Dentro do ovo hai un dinosauro bebé recentemente nacido, e logo de que eclosionou cre que as Winx son a súa familia. As Winx deciden que atoparán a nai do dinosauro, e van co dinosauro bebé. Stella dálles ás Winx roupas novas, pero agora o dinosauro non recoñece as Winx e está confundido.

O dinosauro empeza a chorar e a retroceder. Layla dálle unha pelota feita con Morphix, e empeza a xogar con el. As Winx empezan a procurar os chora-choras, pero non atopan ningún animal por alí preto, e as Winx teñen que ir con coidado. As Winx empezan a cansarse, e Stella fai un feitizo para que aparezan uns refrescos de froitas. Pero o dinosauro cómeos xunto cos vasos. Stella crea outros zumes, pero resulta que están enriba dun animal camuflado. As Winx descobren que hai moitos animais na zona, só estaban camuflados e todos empezan a moverse. Tamén atopan a nai do dinosauro, que vén cara ás Winx. Pero máis tarde o bebé dinosauro e a súa nai asústanse polo chora-chora do que están á procura. Este, chamado máis tarde por Layla “Squonk”, aparece diante delas. Stella insúltao e Squonk ponse a chorar, e as súas bágoas inundan toda a zona. As Winx e o dinosauro bebé son case afogados na corrente das bágoas de Squonk.

As Winx deciden transformarse para salvaren o dinosauro bebé, porque a súa nai non pode. Bloom salva o dinosauro bebé, e a súa nai agradécellelo. As Winx continúan a procurar o chora-chora, mentres que Brafilius tamén está á procura del. Unha cobra fai que Brafilius caia do seu animal, xa que a cobra se asustara do aspecto deste. El atopa Squonk, pero unha planta carnívora cólleo e Squonk escapa.

As Winx finalmente atopan Squonk, pero Brafilius aterra exactamente diante destas. Winx dinlle que queren falar un pouco con el, pero aparece unha araña, e Brafilius aprovéitase da oportunidade para escapar. El aumenta o tamaño da araña e ordénalle que ataque as Winx. Elas tentan loitar contra ela, pero é inútil porque unha trala outra elas son atrapadas nas arañeiras desta. Só Layla aínda está libre e corre para coller Brafilius, que colleu Squonk. A araña xigante tenta atacar as Winx, pero a nai dinosauro aparece co seu bebé e asusta a araña. Aínda así as Winx continúan atrapadas. Entón o bebé morde as arañeiras e libera as Winx.

Mentres tanto, Brafilius usa o seu diamante para verificar se o chora-chora é o animal coa primeira cor do universo, pero non é el e nervioso empeza a insultalo. Este empeza a chorar, e Brafilius tenta atacalo. Pero Layla chegou xusto a tempo para desviar o ataque de Brafilius. Ela utiliza o seu ataque especial Butterflix e salva Squonk, mentres que Brafilius é impulsado máis lonxe de alí polas bágoas do animal. Entón Layla e Squonk forman unha ligazón máxica, e Layla pode entender Squonk. Eles empezan a falar, e Squonk di que os chora-choras non son os animais coa primeira cor do universo. Entón aparecen máis chora-choras. Layla deixa Squonk, pero Squonk quere seguila ao presente. Chegadas ao presente, Layla ten unha cita con Nex. Cando están a piques de bicarse, Squonk ponse no medio, o que asusta Nex. Entón Layla preséntalle Squonk a Nex, e o episodio remata.

Feitos importantes[]

  • Squonk vólvese o animal máxico de Layla.

Curiosidades[]

  • Nunha escena, as ás de Flora son púrpura en vez de verdes.
  • Nunha escena, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa, pero este erro repítese tamén noutros episodios.

Galería[]

Advertisement