Wiki Winx Club
Advertisement

Coidado co lobo é o episodio 7 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 163 en total. Estreouse o 24 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza coas Winx que se atopan atrapadas polos fungos mutantes, mentres que o antídoto para neutralizárenos se atopa nun sitio inalcanzable. As Winx están inconscientes, e Flora tenta resistir o pole tóxico. No último momento chega Miele e usa o antídoto para volver traer os fungos de volta á forma inicial e salva as Winx. As Winx danlle as grazas á irmá de Flora, e xuntas empezan a procurar os maxilobos.

As Winx non atopan ningún maxilobo, e Bloom cre que eles escaparon porque estaban asustados. No entanto, un maxilobo está a observalas dende algures nas sombras. As Winx soben nunhas xoaniñas xigantes, e Flora dille a Miele que se arriscou demasiado ao vir axudalas, pero tamén di que ela medrou. Miele promete estar máis atenta, e Flora acepta que as acompañe na súa misión. As Winx empezan a voar nas xoaniñas xigantes, pero Stella non sabe conducir a xoaniña como é debido. Cando chegan ao chan, as Winx non atopan Stella. Mentres tanto esta está a ser atacada polas plantas debido á súa falta de destreza.

Os fungos volven transformarse e tentan atacar as Winx. As Winx tentan transformarse, pero non poden. Entón a natureza fai que os fungos volvan á normalidade, pero non ten suficiente enerxía e os fungos empezan a atacalas de novo. Flora di que sabe que ten que facer e leva as mozas ao centro do bosque. Cando chegan ao corazón do bosque, Flora e o resto son capaces de localizar a orixe da mutación: a fonte da maxia salvaxe nun lago. Entón un lobo interponse no camiño, pero non ataca porque este desexa só protexer a súa familia, que foi atrapada polos fungos.

As mozas son atacadas de novo. Pero as Winx recuperan os seus poderes Butterflix. Esta vez elas logran defenderse e tentan atacar os fungos con pólas e pedras, xa que os ataques directos sobre os fungos non teñen efecto. O lobo salva Miele antes de que esta sexa atrapada, e Flora logra acougar o lobo. Pero é atrapado. Flora utiliza entón os seus poderes Butterflix e pídelle á natureza axuda. Entón a natureza tenta restaurar os fungos.

O fungo que atrapara Amarok é restaurado, e Amarok é liberado. Entón Flora achégase a Amarok, e líganse. Flora consegue eliminar a fonte da maxia salvaxe e o bosque é restaurado, e tamén a manda de Amarok é liberada. Amarok agradécelle a Flora porque os salvou, e xunto con esta van cara á casa de Flora. Pero na casa de Flora, Amarok empeza a correr e a esnaquizalo todo no seu camiño, así que Rollos e Alyssa din que será un desastre. Bloom dilles que teñen que volver a Alfea.

De volta en Alfea, as Pixies teñen que coidar de Squonk, pero tamén de Amarok a partir de agora. Só que as cousas non van como teñen que ir e de novo interrompen as clases de WizGiz e crean caos por aí. Amarok ataca WizGiz e fai que medren as pernas do profesor, e Squonk empeza a chorar. As Pixies non se atreven a entrar, e Flora calma Amarok mentres que Layla calma Squonk. Pero Amarok lambe Squonk, e a el non lle gusta e empeza a chorar de novo. WizGiz pregunta cando soará a campá indicando a fin das clases, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Amarok vólvese o animal máxico de Flora.

Curiosidades[]

  • Nunha escena, as ás de Stella son moradas en vez de rosas.
  • Nunha escena, as ás de Tecna son rosas en vez de moradas.
  • Nunha escena, Lori está sentada xunto a Musa en vez de con Flora e Tecna está sentada diante de Flora en vez de á beira de Layla.

Galería[]

Advertisement