Wiki Winx Club
Advertisement

Regreso á Baía Paraíso é o episodio 16 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 172 en total. Estreouse o 28 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na Terra, na praia da illa Baía Paraíso, onde Sky e Nex están a facer surf e a competir. O resto dos Especialistas e as Winx congréganse, pero Stella e Brandon non están en ningures.

Mentres tanto, Stella está a tomar o sol e uns animais moléstana, pero ela non se decata. Brandon está a tentar coller flores para a súa moza, pero atopa dificultades a causa duns animais, pero finalmente logra collelas.

Cando Brandon chega, Stella está cuberta de area, e Brandon cre que é un monstro. Stella enfádase, e Brandon dálle a Stella as flores. Stella agradécellas, e entón as Winx veñen dicir que teñen unha misión.

O equipo empeza a explorar a illa e atopan que a natureza está nunha perfecta harmonía. Tamén ven a beleza dos paxaros flamengos que parecen un lago rosa xuntos. Entón Bloom recibe unha chamada no móbil. Curiosa responde, e Amarok é o que fala a dicir que está a xogar cos tigres.

Os Especialistas están sorprendidos ao veren o lobo a falar, e as Winx din que grazas aos poderes do Tynix, os animais máxicos poden falar.

Os animais máxicos están a xogar, ata que Roxy vén paralos e dilles ás Winx que os animais lle roubaron o móbil. Logo ela infórmaas de que os paxaros Picapaus detectaron que tódolos animais de Baía Paraíso están en perigo. Bloom decide dividirse en dous equipos, e procurar a fonte do problema.

Flora dirixe as Winx a través das plantas, pero as Winx caen e acaban nunha zona morta. As Winx transformaranse no Tynix para entraren nun novo Mini-Mundo, o Mini-Mundo da Folla. As Winx reúnense cos seus animais máxicos transformados, e empezan a voar polo Mini-Mundo da Folla.

As Winx atopan unha pequena criatura que está a ser atacada, e as Winx deféndena. A criatura esta agradécelles ás fadas pola súa axuda, e infórmaas de que unha planta específica está a desestabilizar Baía Paraíso. Stella di que o seu mozo lle fixo un colar con esta planta, e a criatura cre que as Winx son as inimigas e reúne un equipo seu para atacárenas.

As Winx loitan contra as criaturas, pero ao final as criaturas descobren que as Winx son máis fortes ca elas. Entón as Winx deciden falar, e a criatura di que elas son as súas inimigas porque as Winx foron as que desestabilizaron Baía Paraíso. As Winx están confundidas, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • As Winx descobren un novo Mini-Mundo, que é o Mini-Mundo da Folla.

Curiosidades[]

  • Neste episodio aparece por primeira vez a Baía Paraíso, a última vez sendo na tempada 5.
  • Nunha escena, o rabo de Flitter falta.

Galería[]

Advertisement