Wiki Winx Club
Advertisement

O secuestro de Stella é o episodio 18 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 174 en total. Estreouse o 29 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Parque de Rescate para Animais na Terra, onde os Especialistas están a xogar cuns bates para que collan un balón, pero o balón acaba na auga. As Winx veñen cos seus animais máxicos e elas danlles plátanos aos lémures.

Só que aparecen Kalshara e Brafilius a creren que os lémures son os animais co derradeiro poder. Pero eles son sorprendidos polas fadas e Kalshara ordénalle ao seu irmán que transforme os plátanos en monstros.

Os plátanos transformados en monstros atacan o equipo e os lémures, pero atacan tamén Brafilius. Só que os plátanos teñen o comportamento dun neno. Flora decide utilizar os seus poderes Butterflix para que a natureza as axude, pero sen éxito. Stella téntao coa súa luz, pero destrúe os plátanos e os lémures xa non terán con que alimentarse.

As Winx teñen que ir ao pasado para colleren un plátano e replantaren os plataneiros para que os lémures poidan sobrevivir. Só que Kalshara lle ordena a Brafilius que as persiga, pero Brafilius aínda está a tentar liberarse porque é preso dun plátano monstro. Os Especialistas quedan no presente para loitaren cos monstros e as Winx viaxan ao pasado. Pero cando chegan, as Winx non atopan ningún plataneiro.

Mentres que as fadas procuran, Stella atópase un animal enorme, que resulta ser un lémure prehistórico. Pero o lémure namórase de Stella, e lévaa consigo. As Winx transfórmanse de novo para liberaren Stella. O lémure grande loita contra as Winx, e Musa utiliza os seus poderes, sen éxito. Flora tampouco pode parar o lémure.

O monstro mentres tanto desapareceu. Bloom ten unha idea, utilizaren un plátano para distraéreno. Mentres que o lémure grande e Stella están nunha cova, esta atopa que a quere transformar na súa noiva. Malia estes coidados, Stella constata que non lle gusta o sitio este, e o lémure faille un traxe de plantas e dálle a Stella tamén unhas flores.

Bloom aparece cunha chea de plátanos, e bótallos ao lémure para atraelo fóra da cova. O lémure colle os plátanos, e ao final deixa Stella. Bloom di que teñen que volver ao presente, e Stella transfórmase para quitar o traxe regalado polo lémure. Pero o lémure agarra Stella no último momento, e viaxa ao presente tamén el.

Kalshara libera Brafilius e dille que vaia ao pasado, pero as Winx xa completaron a súa misión. Elas chegan co lémure grande, que aínda ten Stella. Brandon tenta facer que o lémure deixe Stella, pero sen éxito. Aínda así o lémure élles útil ás fadas porque come os plátanos monstros. Neste tempo, Brafilius tenta indagar se o lémure ten o derradeiro poder, pero non o logra.

Kalshara decide transformarse en aguia, colle Brafilius e marchan. As Winx replantan árbores con plátanos enormes, e fan que os monstros desaparezan. O lémure deixa Stella e empeza a comer os plátanos. Os lémures do presente están encantados e empezan a xogar cos plátanos enormes e co lémure grande. Ao final, as Winx únenselles aos lémures e bailan cos seus mozos, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Un animal e uns plátanos do pasado veñen ao presente.

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira vez que as Winx se transforman dúas veces na súa forma Butterflix.

Galería[]

Advertisement