Wiki Winx Club
Advertisement

O arco da vella de Magix é o episodio 19 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 175 en total. Estreouse o 30 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nunha cidade do planeta Oppositus, onde Brafilius está a ser perseguido por uns gardas porque roubou un animal para ver se ten o derradeiro poder. O animal escapa, e cando Brafilius case é derrotado, Kalshara vén axudalo e Brafilius verifica se este animal ten o derradeiro poder. Con todo non o ten.

Kalshara observa con todo que este animal ten un colar da familia real de Oppositus, cólleo e deixa o animal que escape. Os gardas veñen atacalos, cando Kalshara se transforma nunha aguia, colle Brafilius e marchan. Mentres tanto, en Domino, Bloom está a facerlles unha presentación aos cidadáns sobre os animais máxicos.

Oritel e Marion abren a cerimonia, e Daphne baila con Thoren. Pero os animais máxicos, coma sempre, empezan a axitarse e en curto tempo crean caos. Máis tarde, Kalshara e Brafilius chegan ata Graynor, onde se supón que hai unha forte maxia animal, pero non só tanto coma a criatura do manto do arco da vella. Kalshara quere roubar tamén esta maxia.

Kalshara colle o colar que collera anteriormente, e captura a criatura do manto do arco da vella. O cabalo tenta escapar, e lanza unha onda de enerxía. Parece que Kalshara fallou, pero a maxia escura de Kalshara mestúrase coa maxia do lago, atrapando a criatura do manto do arco da vella, e no lago empeza a saír algo descoñecido.

En Domino, Bloom está a bailar con Sky, ata que Roxy as vén advertir que hai problemas en Oppositus e coa criatura do manto do arco da vella de Graynor. As Winx reúnense e transfórmanse. Elas prepararanse para viaxaren a Graynor. En Graynor, as Winx e mailos seus animais ven que a criatura do manto do arco da vella está capturada.

As Winx tentan liberala, pero o lago está contaminado e por culpa deste feito dificúltalles a misión ás Winx. Os monstros do lago son moi potentes, e a criatura do manto do arco da vella di que todo é inútil, porque os monstros do lago e el son totalmente opostos.

A criatura do manto do arco da vella di que Kalshara lle puxo un colar, e por isto non pode facer nada. Di que a maxia salvaxe só fará que se fortaleza o control da maxia animal sobre os monstros. Bloom di que o evitarán, e entrarán coa transformación Tynix nun novo Mini-Mundo, o Mini-Mundo do Arco da Vella.

Neste Mini-Mundo, os animais están en caos. Stella fala cun animal, pero ela non o entende. Logo o animal empeza a falar na lingua das Winx, e di que ela é a raíña deles e dilles ás Winx que a sigan. Ela explica que a maxia de Kalshara está a facer tolear a esfera das sete cores.

Musa e Critty están a sufrir puntadas de dor e están moi febles, pero son as únicas que poden entender de onde provén a maxia escura. Ela di que malia que están febles e doridas, non teñen escolla, e tentarán salvar a esfera. Critty está a sufrir, pero Musa di que a axudará a continuar. Musa e Critty usan tódalas súas forzas e os seus poderes, e logran restablecer a esfera e resolver o problema. A raíña agradécellelo ás fadas, e a maxia animal está de novo asegurada.

En Graynor, o monstro desaparece, a criatura do manto do arco da vella é liberada e todo volve estar ben. A criatura do manto do arco da vella quere recompensar as Winx pola súa axuda, e elas pregúntanlle polo animal co derradeiro poder. Pero el dálles unha resposta enigmática. Mentres tanto, Kalshara e Brafilius están a oílo todo e sacan en conclusión que teñen que coller os animais máxicos das Winx.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira aparición do planeta Graynor e da criatura do manto do arco da vella dende a tempada 5.
  • Esta é a primeira aparición do planeta Oppositus dende a tempada 3.
  • En italiano, cando as Winx se transforman en Tynix, Bloom non di nada, mentres que en inglés, di “Magic Winx, Tynix!”.
  • En italiano, o título do episodio aparece como “Ľarcobaleno di Magic”, pero cando o narrador di o título, di “Magix”; o título foi só escrito incorrectamente.

Galería[]

Advertisement