Wiki Winx Club
Advertisement

A bolboreta dourada é o episodio 24 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 180 en total. Estreouse o 2 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Mini-Mundo de Alfea, onde as Winx teñen que eliminar a maxia escura e restaurar a luz. E as Trix tamén están neste Mini-Mundo. Mentres tanto en Alfea, Faragonda e outros profesores adestran as alumnas para a batalla, e Daphne dilles que chamou reforzos.

As Trix veñen, e as alumnas de Alfea, lideradas por Roxy, empezan a loitar contra as bruxas e os animais máxicos. WizGiz transfórmase nun animal, pero é derrotado. As Trix están a gañar, pero unha nave de Fonte Vermella vén e axudará as fadas. Daphne saúda o seu marido Thoren.

Os Especialistas saltan da nave sobre o campo de loita, e as Trix absorben a enerxía de Brafilius para obteren máis forza. De momento as Trix son máis fortes ca nunca. Mentres tanto, no Mini-Mundo de Alfea, a luz do corazón de Alfea apágase, e Bloom di que están obrigadas a pedirlle axuda á directora Mavila do pasado.

As Winx utilizan as súas Pedras das Lembranzas e viaxan ao pasado. No pasado, Mavila está a prepararse para facer un feitizo que borrará os recordos das fadas sobre os animais máxicos en Alfea, cando aparecen tamén as Winx. Mentres tanto a Faragonda nova tamén chega.

Bloom preséntalle a Faragonda os animais máxicos das Winx, e Mavila dille a Faragonda que acompañe as Winx ao Xardín Secreto, e as Winx van con Faragonda. No presente, os Especialistas están a loitar contra as Trix, pero estas teñen absorbido aínda máis dos poderes de Brafilius.

As Trix atacan os Especialistas e estes caen, pero non antes de seren salvados por Daphne. Brafilius sen querer amosa a súa Pedra das Lembranzas, e dille a Icy que con esta pedra pode viaxar ao pasado xunto coas outras pedras das Winx. No pasado, Faragonda está a ensinarlles ás Winx o Xardín Secreto.

Stella dille a Faragonda que non ten que ser estrita cando for directora, e Bloom dille que non debe dicirlle nada a Faragonda sobre o seu futuro como directora. Ela tenta facer que cale, e Stella enfádase. No Xardín Secreto, Stella está a falar demasiado. E Faragonda continúa a ser torpe no pasado.

Faragonda di que ninguén non viu nunca a bolboreta dourada, pero cre que está nun eido de flores de ouro. As Winx transfórmanse en Tynix para entraren no Mini-Mundo da Flor. Neste Mini-Mundo, as Winx atópanse cuns animais moi alegres. Flora atopa a bolboreta dourada durmida.

De súpeto aparecen as Trix, e as Winx están sorprendidas porque están no pasado, e Brafilius amosa a súa Pedra das Lembranzas, e entón as Winx descobren que o can é Brafilius. As Trix atacan as Winx cos seus poderes. Bloom e Elas collen a bolboreta para tela a salvo. Pero Bloom e a bolboreta caen da man de Elas por culpa do ataque lanzado por Icy, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Primeira aparición da bolboreta dourada.

Curiosidades[]

  • Esta é a última aparición da directora Mavila.
  • Esta é a última aparición da secuencia de transformación Tynix.
  • A Bolboreta Dourada só ten ás. Falta o insecto.

Galería[]

Advertisement