Wiki Winx Club
Advertisement

Nova harmonía máxica é o episodio 25 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 181 en total. Estreouse o 3 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Mini-Mundo das Flores, onde Bloom se atopa en plena caída debido ao ataque lanzado por Icy. No entanto ela é salvada por Elas coa axuda do seu corno. Icy continúa o seu ataque, pero Bloom e Elas son máis potentes e derrotan Icy. Stormy invoca tornados cara ás outras Winx, pero as Winx logran derrotar as Trix. Pero Brafilius o can escapa desapercibido.

Bloom perdeu a bolboreta dourada, pero de súpeto a bolboreta brilla e esperta. Unha vez espertada esta salva todo o Mini-Mundo das Flores, e tamén grazas á bolboreta dourada todo volve á normalidade. As Winx ven que Brafilius escapou, pero Icy logra collelo de novo e volver ao presente.

A bolboreta dilles ás Winx que devolverá a luz do corazón de Alfea, e de súpeto as Winx volven tamén elas ao presente. No presente ven que o corazón volve brillar. Fóra, os Especialistas non saben onde están as Trix, e soben na nave de Fonte Vermella. Pero entón as Trix aparecen e retoman o seu ataque.

Daphne dilles ás fadas que teñen que defender Alfea, e as Trix xunto cos seus animais máxicos empezan unha batalla contra as fadas. Daphne é derrotada, e Thoren cóllea. Faragonda reúne os demais profesores, e advirten as Winx que as Trix que están a atacar a escola. Pero as Winx din que a bolboreta dourada as axudará.

De súpeto, o corazón de Alfea axuda as Winx a crearen de novo a barreira de protección de Alfea, e esta vez as Trix xa non poden pasar a través dela. Brafilius tenta escapar de novo, e Icy dille a Bloom que non ten a coraxe necesaria para enfrontarse con ela, e Bloom enfádase. Pero as Trix deciden marchar de Alfea de momento, tendo a intención de atacaren máis tarde.

En Alfea veñen moitos animais máxicos, e Roxy está moi contenta de velos. Os animais máxicos empezan a utilizar a súa maxia e a xogar, de novo Faragonda di que os animais máxicos vivirán felices en Alfea de novo. Roxy atopa a toupa escava-furacos de Faragonda e devólvella a ela, cousa que a alegra moito á directora.

En Alfea empeza unha festa, e tódalas mozas empezan a bailar cos animais máxicos e cos mozos. Así mesmo tamén os profesores se lles unen na pista de baile. Máis tarde, os Especialistas saúdan as Winx e despídense. Pero de súpeto, aparece Kalshara e di que quere formar unha alianza para loitaren contra as Trix.

Mentres tanto, nun túnel subterráneo, as Trix están con Brafilius, e Brafilius quere ser transformado de volta á súa forma humana. Pero Icy non o escoita. Este sitio está cheo de monstros, e Icy di que o seu obxectivo é absorberen toda a enerxía salvaxe. En Alfea, Kalshara di que tan só quere recuperar o seu irmán Brafilius, e remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Última aparición da bolboreta dourada.
  • Última aparición da transformación Tynix.

Curiosidades[]

  • Este é o terceiro e o último episodio desta tempada no que non aparece ningunha transformación. O primeiro foi o episodio 17 (Perdidas nunha gota) e o segundo foi o episodio 20 (As Winx bebés).

Galería[]

Advertisement