Wiki Winx Club
Advertisement

O poder dos animais máxicos é o episodio 26 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 182 en total. Estreouse o 3 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Kalshara lles pide axuda ás Winx para salvar o seu irmán Brafilius, que se atopa nas mans das Trix. Neste momento, as Trix están en camiño de conseguir o máximo poder salvaxe. Así mesmo, as fadas están de acordo en formar unha alianza temporal con Kalshara contra as tres bruxas.

Mentres tanto, as Trix e Brafilius atópanse nos túneles subterráneos de Magix. Brafilius tenta escapar, sen éxito. Entón ábrese un túnel e as Trix entran para veren o que é. Este resulta ser a fonte da maxia salvaxe, pero aos seus animais máxicos dálles medo entraren.

As Trix ordénanlles aos seus animais que entren no túnel cara á fonte. Unha vez dentro estas transfórmanse nunha forma híbrida cos animais, e Brafilius ten medo. En Alfea, Roxy e Daphne queren acompañar as Winx e Kalshara, pero as Winx irán soas. As Winx transfórmanse en Butterflix.

Kalshara conduce o grupo de fadas e animais máxicos (os das Winx) aos túneles subterráneos de Magix, seguindo o rastro trazado máxico de Brafilius. Tras unha pescuda feita por Amarok, as sete fadas logran localizar a cova onde que as bruxas se están a esconder. Aquí, Brafilius reúnese con Kalshara, pero aparecen as Trix fusionadas cos seus animais máxicos.

A batalla entre as Winx e as Trix é moi perigosa e en perfecta igualdade, e os animais máxicos á forza teñen que efectuar o seu feitizo definitivo, combinándose no Cisne Infindo. Este cisne máxico absorbe o derradeiro poder, mentres que as Winx, grazas ás Pedras das Lembranzas, logran atrapar as Trix para sempre nun limbo do espazo-tempo.

Mentres tanto, Kalshara xa non desexa salvar o seu irmán e agora quere empoderarse de novo coa axuda do derradeiro poder. Só que esta provocando así a cólera dun grupo de animais máxicos dos túneles subterráneos, empurran a fada pérfida mutante a uns precipicios. Tamén Brafilius vai quedar para sempre na forma dun can, xunto cos animais máxicos do subsolo.

O cisne dálles as grazas ás Winx pola súa axuda e marcha para sempre, prometendo custodiar o derradeiro poder dos animais máxicos. Logo as Winx volven a Alfea, onde con Faragonda e as outras alumnas, celebran a vitoria cun concerto no parque natural de Alfea, no que participan tamén os Especialistas, os mozos das Winx.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Neste episodio as Trix aparecen por primeira e última vez na súa forma híbrida animal.
  • Neste episodio Roxy aparece por última vez.
  • Neste episodio Daphne e mailo seu marido Thoren aparecen por última vez.
  • Neste episodio as Pedras das Lembranzas aparecen por última vez.
  • Este é o último episodio da tempada 7.

Galería[]

Advertisement