FANDOM


Hallowinx
Tempada 2, episodio 16
Winx42.png
Información do episodio
Número de episodio total 42
Data do trinque (Italia) 9 de xuño do 2005
Data do trinque (EUA) 11 de febreiro do 2006
Nomes originais
Nome en italiano Hallowinx!
Nome en inglés (EUA) Hallowinx!
Sucesión de episodios
anterior
O espectáculo ten que continuar
seguinte
Alianza coas bruxas
Lista de episodios

Hallowinx é o episodio 16 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 42 en total. Estreouse o 9 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, nunha clase de Palladium. Flora ten que expor o seu traballo. Entón Bloom informa que en Gardenia convidaron ás Winx a unha festa de Halloween. Pero cada vez que unha das Winx llo comunica a outra, cambia a mensaxe. Tecna dio en voz alta, e Palladium pon a Tecna un traballo de 100 páxinas.

Unha das Pixies di á Pixie mensaxeira que irá á festa de Halloween, pero a outra Pixie di que unhas cartas din que algo malo pasará ás Winx se van á festa. Máis tarde, as Winx e as Pixies vanse cara á Terra.

En Gardenia, Stella ve que todos están disfrazados. Bloom explica que Mitzi non é exactamente unha amiga, e entón nun coche está Mitzi. Bloom presenta Mitzi ás Winx. Máis tarde, as Winx ponse unhas capas e vanse a un sitio escuro. Stella di que é mellor Torre de Nubes, e Flora parece que ve un gato que a chama.

As Winx chegan á casa encantada, e algunhas Pixies teñen medo. Entran na casa, e atopan que ninguén as saúda. Entón chega Mitzi, e as Winx ensinan que están transformadas en fadas. Todos os invitados da casa sorpréndense por estes vestidos que levan as Winx.

A Pixie das cartas volve dicir predicións ás Winx. Entón Bloom quere presentar a Flora un mozo de Romanía. Entón pasa Mitzi e tira a copa sobre o vestido de fada de Bloom, pero ela con maxia quita a mancha e ensina a Mitzi que xa non ten esa mancha. Mitzi non entende que fixo Bloom.

Fóra da casa aparecen tres mulleres cun rostro deformado. Musa está a falar cunha Pixie, e Mitzi crese que está a falar soa. Entón un mozo dá a Musa uns pasteis de cabaza, e Mitzi di a Musa que coma un pastel. Pero resulta que teñen sabores malos. Entón Musa fai maxia e pon os pasteis rodeando a Mitzi.

Tecna e Digit están a ollar unha greta que vai cara a un cadro do tres mulleres sen rostro. Bloom cre que poden ser as Trix. Logo Tecna ve que a casa, cada vez que é renovada, envellece 15 anos en cuestión de meses. Iso quere dicir que a casa está encantada. Entón informan ás Winx que a Mitzi lle pasa algo.

Unhas mozas e Mitzi informan da lenda do tres irmás, e Bloom propón axudar Mitzi. As Winx baixan á sala de abaixo, e atopan que todos os espellos están rotos como dicía a lenda. As Winx deciden saír fóra da casa para pescudar que pasa. Stella quere divertirse usando maxia, pero as outras din que a maxia é o elemento sorpresa.

Cando están a camiñar as Winx, as irmás sen rostro aparecen e queren atacar ás Winx. Entón os amigos de Mitzi aparecen rindo e preparan outro ataque. Cando as Winx parecen estar asustadas, Stella descobre que é a voz de Mitzi. Entón Mitzi di que todo foi unha broma e elas asustáronse de verdade.

Todos os amigos de Mitzi están a rir, pero aparece unha delas voando como unha pantasma. Os outros amigos ven que non hai nada debaixo da súa saba. Pero en realidade están as Pixies, e as Winx rin. Daquela as Winx entran outra vez na casa e ponse a bailar cos amigos de Mitzi. Pero Mitzi está de mal humor porque ao final ela acabou en ridículo.

Feitos importantes Editar

  • As Winx son convidadas a unha festa de Halloween na Terra.
  • Para os seus traxes, as Winx usan a súa transformación en fada.
  • Flora e Tecna van por primeira vez á Terra.

Curiosidades Editar

  • Este é o primeiro episodio en que aparece na serie unha festa internacional, o segundo é o Nadal no episodio 10 da tempada 5 (Nadal en Alfea).
  • Ao final do episodio aparece unha pantasma de verdade rindo.
  • Nunha escena aparece unha bruxa a voar cunha vasoira.
  • Debido ao feito de ser Halloween, este foi un episodio que tivo un estilo de terror.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou