FANDOM


Loita de poderes
Tempada 1, episodio 23
Winx23.png
Información do episodio
Número de episodio total 23
Data do trinque (Italia) 19 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 20 de novembro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Fuga da Torrenuvola
Nome en inglés (EUA) Power Play
Sucesión de episodios
anterior
Tempestade en Torre de Nubes
seguinte
Asedio ás bruxas
Lista de episodios

Loita de poderes é o episodio 23 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 23 en total. Estreouse o 19 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Torre de Nubes, onde o equipo de fadas, Especialistas e Knut chegaron ao edificio. Abren a porta, e aparecen no cuarto de as Trix. Bloom di que os corredores están vixiados polo exército, pero Knut di que sabe como evitar a vixilancia por unha porta en forma de espello. A pesar das dúbidas, seguen o camiño que indicou o ogro.

Nun corredor, un monstro con forma de ollo atópaos e informa ás Trix. Icy di que o equipo só son insectos que elas esmagarán. En Alfea, Musa explica que debería ser un ano escolar normal, e Tecna di que con todo isto, van aprender máis.

As outras fadas tamén ten medo, e Musa tranquilízaas. Todas as fadas ponse de acordo a loitar. Pero Timmy contacta con Tecna e ela deixa ás outras fadas. Musa e Flora estráñanse deste comportamento que agora ten Tecna, xa que antes non actuaba así. Nunha nave, Timmy está a falar con Tecna, pero ao principio ela non escoita. Tecna quere afastarse a lóxica e deixarse levar polas súas emocións.

En Torre de Nubes, Bloom cre que están a camiñar en círculos, e Knut informa que están moi preto. Riven e Brandon sepáranse do resto para rescatar ás prisioneiras. O resto do equipo chegan onde creen que está a Chama do Dragón, pero resulta ser unha trampa e aparecen as Trix dicindo que nunca recuperará os seus poderes. Logo Icy di a Bloom que Torre de Nubes será a súa tumba.

Brandon e Riven liberan os prisioneiros e Griffin e ela ataca ás Trix, dicindo que recibirán un castigo. Bloom vaise con Sky e Stella con Brandon, e Griffin fai un conxuro que pon unha barreira ás Trix. Entón o equipo corre, e Griffin pon un muro á porta. Cando as Trix están encerradas, o equipo e as bruxas vanse dicindo que non poden facer nada.

As Trix rompen a primeira barreira, e logo volven enviar o Exército da Escuridade. No patio de Torre de Nubes, a directora Griffin fai un portal para Alfea e envía a todas as súas alumnas bruxas. Pero achégase o Exército da Escuridade, e Sky di que podería axudar coa súa moto. Entón Griffin crea un vehículo que fai funcións mellores.

Bloom dille que é moi perigoso, e para que non vaia só sóbese ela tamén neste vehículo. Sky e Bloom empuxan as criaturas cara ao baleiro, e seguen voando en dirección a Alfea. Pero veñen máis criaturas, e atacan a parella. Entón Sky acelera, pero empezan a caer raios do ceo e dan ao vehículo, co que caen e quedan atrapados no bosque.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Descóbrense os corredores ocultos onde as Trix estaban nalguns episodios.
  • As Trix usan o seu teletransporte, a pesar que foron encerradas por Griffin.
  • Só neste episodio non aparece o ataque do Exército das Escuridades nunha escola.
  • É a única aparición da Araña do Espazo 4000, pode ser unha variante da moto voadora común.
  • Neste episodio hai un erro, Riven ten a súa roupa informal cando debería levar a súa roupa de Especialista.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou