FANDOM


Misión en Domino
Tempada 1, episodio 20
Winx20.png
Información do episodio
Número de episodio total 20
Data do trinque (Italia) 12 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 30 de outubro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano La scomparsa di Bloom
Nome en inglés (EUA) Mission to Domino
Sucesión de episodios
anterior
A caída de Magix
seguinte
A coroa dos soños
Lista de episodios

Misión en Domino é o episodio 20 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 20 en total. Estreouse o 12 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no despacho de Griffin de Torre de Nubes, onde as Trix están a facer un ultimato de 12 horas a Faragonda e Saladino. Eles dous, cando termina a mensaxe, deciden que teñen que actuar rápido. En Torre de Nubes, os monstros están con Darcy, e Knut e Peppe teñen medo. Entón, Knut decide irse das Trix e pasarse á beira de Faragonda e Saladino.

Faragonda está a falar coas Winx, e manda Bloom para que vaia a Domino onde poderá contrarrestar ás Trix, e que nese planeta podería atopar algo, ou talvez a Chama do Dragón. Ao principio van ao simulador, onde Palladium di que vai crear un corredor multidimensional que as levará ao verdadeiro planeta Domino, e logo crea roupa para ese planeta frío.

As Winx aparecen en Domino, onde teñen que atopar o palacio real. Empezan a camiñar, a pesar do frío. Tecna indica ás outras Winx onde está o palacio. Flora e Musa quéixanse da nai natureza e do vento respectivamente, que non están moi ben. Pero mentres camiñan, un monstro aparece e ségueas.

En Fonte Vermella, Knut e Peppe preséntanse con Saladino, e Knut dille que agora se pasaron ao seu lado. Saladino cre neles, a pesar das dúbidas. Entón aparecen hologramas das Trix, que din a Knut que se arrepentirá de traizoalas. Máis tarde, Saladino e Codatorta están a adestrar os Especialistas, cando aparecen nubes con pantasmas das Trix. E logo aparece a choiva negra co Exército da Escuridade, co que empeza a loita de novo. Knut axuda as fadas.

As Trix contrólano todo, e din que son invencibles. En Fonte Vermella, os especialistas están a loitar, e nese momento Knut destrúe algúns monstros e Brandon e Timmy danlle as grazas. Saladino fai un conxuro para facer que estes monstros se vaian, sen éxito. Entón aparece Icy rindo no ceo, e lanza uns raios que fan que os dragóns sexan liberados.

En Fonte Vermella, os cortellos de dragóns están en chamas, e os dragóns están a escaparse. As Trix aparecen e din ao director Saladino que nunca poderá salvar a súa escola, e conxelan o edificio cun dragón de xeo. Entón comeza a romperse, e Codatorta manda aos especialistas que se vaian de Fonte Vermella coas naves. As Trix, en Torre de Nubes, din que aínda non acabaron.

En Domino, as Winx atópanse cun monstro de xeo, e teñen que correr. O monstro bótalles neve por enriba delas, pero logran escapar e vanse correndo. O monstro segue perseguindo ás Winx, e Stella transfórmase. Ela lánzalle calor, pero o monstro lanza un bloque de xeo ás outras e ao caer causa unha fractura no xeo, e Bloom cae. As Trix están a velo todo.

Os Especialistas chegan a Alfea, e Saladino informa a Faragonda que Fonte Vermella foi destruída, e pídelle que os seus alumnos queden en Alfea para reorganizar as tropas. Logo Saladino di a Faragonda que o Exército da Escuridade é moi grande, pero Faragonda di que ela cre que só están no principio desta guerra.

Feitos importantes Editar

  • Bloom cae dentro dun buraco profundo.
  • As Winx van buscar en Domino a Chama do Dragón.
  • Knut agora está ao lado das fadas e os especialistas (e as bruxas boas).
  • Fonte Vermella é destruído.

Curiosidades Editar

  • Non se sabe onde foron os dragóns de Fonte Vermella.
  • Cando Stella se transformou en fada, non ten frío en Domino.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou