FANDOM


Misión en Torre de Nubes
Tempada 1, episodio 6
Winx6.png
Información do episodio
Número de episodio total 6
Data do trinque (Italia) 9 de febreiro do 2004
Data do trinque (EUA) 24 de xullo do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Missione a Torrenuvola
Nome en inglés (EUA) Mission at Cloudtower
Sucesión de episodios
anterior
Encontro co desastre
seguinte
Amigas en apuros
Lista de episodios

Misión en Torre de Nubes é o episodio 6 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 6 en total. Estreouse o 9 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na biblioteca, onde Bloom está a buscar información do anel máxico de Solária. Ela atopa que é unha reliquia da realeza do planeta de Stella, Solaria. Vai á habitación das Winx, e explica que o anel provén dunha antiga espada de Solaria. Tras unha broma falando como Griselda, explica que o Universo e a Dimensión Máxica foron creados por un dragón que lanzou un fogo sagrado. A Bloom gustaríalle saber máis dese dragón, e volve á biblioteca. No camiño, atópase con Faragonda.

No despacho de Faragonda, ela explica a Bloom que antes non existía nada ata que xurdiu o dragón, unha luz que co seu alento creou planetas e vida. Logo o dragón cansouse e foi descansar nun planeta chamado Domino. Bloom di que lle explicaron que Domino é un local frío e escuro, e Faragonda di que antes era un planeta bonito pero as forzas escuras deixárono conxelado e sen vida. Na habitación das Winx, Bloom di que ten un plan: usar os túneles subterráneos de Magix para ir a Torre de Nubes pola noite.

En Torre de Nubes, as Trix tentan coller a maxia do anel, pero non poden. Knut pregunta que pasa, e Stormy di que non puideron facer nada, co que Knut volta ao armario. Stormy di que o anel non ten o poder do dragón, pero Icy está demasiado enfadada para ouvila, e entón chega Peppe. Mentres tanto, as Winx están no corredor. Knut está a varrer, e quéixase que unha aspiradora iría mellor para isto, pero Icy aparece e pregunta o que dixo, e Knut di que non dixo nada. As Trix saen da habitación, deixando Knut. Knut segue a varrer, dá un golpe a Peppe e manda o anel a unha chea de lixo, pero as Trix chámano de volta.

Mentres tanto, as Winx chegan a Torre de Nubes, e entón ouven os gritos das Trix chamando Knut. As Winx métense na habitación das Trix, e ven todas as cousas perversas que teñen. Nese momento Stella localiza o anel e cólleo, pero a porta féchase. Entón saen por outro sitio, e Bloom atopa a biblioteca. A pesar das dúbidas das outras mozas, Bloom decide entrar. Nese momento, Griffin detecta a presenza das Winx na escola, e quere dar ás fadas unha benvida maligna.

As Winx ven moitos libros de bruxaría, pero Bloom quere saber máis dos seus poderes. Entón atopa un libro que pon “BLOOM”, e as outras din que non o abra porque pode revelar cousas que non lle gustaría saber ou cousas do seu futuro. Pero igualmente quere abrilo, e nese momento descobre que é unha trampa de Griffin. A directora de Torre de Nubes comeza a facer máis trampas, por exemplo non deixalas saír da biblioteca. As Winx transfórmanse e unen os seus poderes, e conseguen escapar. Pero métense nun corredor sen saída.

No corredor comezan a vir arañas xigantes, e Bloom di que teñen que facer un campo de forza, pero non aguanta moito. Flora lanza un animal come-arañas. Todas as arañas son destruídas, pero os restos únense e convértense nun monstro xigante. As Winx foxen e saen voando, pero o monstro continúa a seguilas. Ao final destrúeno, e chegan a un soto. Vén outro monstro, e Stella destrúeo. Pero o fogo usado en destruír o monstro provoca un incendio e non poden saír.

Bloom comeza a pensar que é a súa culpa, por tocar o libro. Entón ela comeza a ouvir unha voz, e sen saber quen é esa voz, comeza a camiñar en dirección ao fogo, como se estivese hipnotizada, e atopa unha saída. Bloom esperta e todas saen por esa porta que ela atopou, e van parar aos túneles outra vez. Todas din que, a pesar de todo, esta vez as Winx gañaron. Pero Griselda aparece e lévaas á oficina de Faragonda.

A directora dilles que Griffin a chamou dicindo que as Winx entraron na súa escola. Entón Griselda pide a Faragonda que quite ás Winx os seus poderes, e ela así o fai. Na habitación das Winx, todas están deprimidas. Pero Bloom di que, aínda que están indefensas, agora a súa misión é recuperar os seus poderes. E di que a maneira de recuperar os poderes é dicir a palabra máxica: Winx.

Feitos importantes Editar

  • Stella recupera o seu anel.
  • Primeira aparición do interior de Torre de Nubes.
  • Entrando na escola das bruxas sen permiso, Faragonda castiga as Winx quitando os seus poderes temporalmente.

Curiosidades Editar

  • Os Especialistas non aparecen neste episodio.
  • Esta é a primeira vez que as Winx se transforman en conxunto.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou