FANDOM


Mythix
Tempada 6, episodio 14
Winx144.png
Información do episodio
Número de episodio total 144
Data do trinque (Italia) 7 de abril do 2014
Data do trinque (EUA) 17 de maio do 2014
Nomes originais
Nome en italiano Mythix
Nome en inglés (EUA) Mythix
Sucesión de episodios
anterior
A fada madriña
seguinte
O misterio de Calavera
Lista de episodios

Mythix é o episodio 14 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 144 en total. Estreouse o 7 de abril do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na casa de Bloom, Eldora introdúcese a Vanessa. Ela comenta que hoxe é un día apropiado para felicitar á nai de Bloom, para gran confusión de Bloom. Eldora lémbralle que é o Día da Nai.

Despois Eldora crea unha planta máxica e dálla a Vanessa como agasallo. Stella a seguir crea algunhas novas roupas, pero fai que espirren polo pole que conteñen as roupas.

Tras limpar a desorde, as Winx reúnense na vivenda de Bloom para falar con Eldora. Ollando os seus apuntamentos, Eldora di que unha das chaves para selar o Legendarium é conseguir algo que se orixinou no mundo do Legendarium. Infórmanse que o que buscan atópase en Tir Nan Og, pero non pode atopar nada neste punto.

Stella comenta que sa cadra agora será distinto, xa que teñen amigas alí. Eles van cara a Tir Nan Og e reúnense coa raíña Nébula, que convertera o castelo de Morgana nunha escola de fadas.

En Torre de Nubes, as Trix utilizan a súa converxencia máxica para condensar o poder das escolas que tomaron nos seus obxectos máxicos e amplifican os seus poderes. Selina pregúntalle por que ela non pode conseguir un obxecto máxico, e Icy simplemente di que o seu libro é suficiente.

De novo no castelo de Morgana, as Winx chegan e atópanse con Nébula. Mentres tanto, na casa de Bloom, as Pixies están a coidar da planta de Vanessa. No castelo de Morgana, Nébula mostra ás Winx unhas variñas nunha caixa forte, e fálalles do Mythix.

De acordo coas variñas, sete fadas do Legendarium cruzaron ao mundo real e viaxaron entre os moitos mundos do universo, incluído a Terra. Ela tamén menciona que para obter as variñas teñen que mostrar valor.

Layla pensa que elas mesmas probaron moitas veces o seu valor a partir de todas as súas batallas contra os monstros do Legendarium. Nébula di que lles será difícil de obtelas. De súpeto, o castelo é atacado polas Trix e algunhas bruxas. As Winx saen e transfórmanse.

Eldora tamén se transforma na súa forma de fada para unirse á loita. Durante a loita, dúas bruxas infíltranse e entran no castelo. Bloom ségueas rapidamente para impedilas de que cheguen ata as variñas e facilmente derrótaas.

Selina observa no Ollo de Griffin a Bloom, e Acheron dille que as Trix non compartirán o seu poder con Selina co fin de liberalo. Selina ten outra alternativa na súa mente que é a Chama do Dragón de Bloom.

Debido aos novos obxectos das Trix, son case inmunes aos ataques das Winx, Eldora, e Nébula. Dentro do castelo, Bloom cae nunha emboscada por Selina, que a enreda cunha serpe etérea. As outras fadas estudantes fadas tentan loitar contra ela mas son perseguidas.

A seguir, Stella búrlase de Bloom pola súa reunión de novo e pregúntalle se ela é feliz de vela. Bloom tenta entrar en razón a Selina que Acheron é demasiado perigoso para liberalo e confíe en Eldora. Selina di que Eldora está morta para ela e que Acheron é o único amigo de verdade que ten, e tenta extraerlle a Chama do Dragón. Bloom, enfádase e desafía Selina.

No exterior, a potencia das Trix continúa a aumentar ata que Bloom sae. Icy despois perséguea no castelo, onde está a bóveda das variñas. Cando Icy estaba a piques de lanzar un poderoso feitizo, Bloom entende que o obxecto está a dar á bruxa o seu aumento de potencia.

Bloom dispara o seu ataque ao colgante que ten o seu poder, destruíndoo. Tamén o fai cos colgantes de Darcy e Stormy. Ao decatarse que os seus poderes desapareceron, as Trix e as súas cómplices retíranse da loita como covardes.

Na bóveda, Nébula dá as grazas ás Winx e Eldora por salvar Tir Nan Og. Entón, para a súa sorpresa, as variñas saen a través da pantalla de cristal e cóllenas as Winx e Eldora. Tecna afirma que isto sen dúbida quere dicir que se demostraron que son dignas das variñas, e obteñen o Mythix. Chegou o momento para entrar no mundo do Legendarium.

Co uso das variñas ancestrais, as Winx e Eldora alcanzan as súas formas Mythix e entran no mundo do Legendarium. Pasan a través dunha enorme porta, e o espírito da porta dálles a benvida. Bloom pregúntalle sobre o xeito de bloquear o Legendarium.

O ser da porta responde que teñen que atopar dous elementos, que son a Esmeralda da Fantasía e a Lanza de Prata. Coas dúas reliquias, formarán a chave para selar o Legendarium. Poderán atopalo co poder das variñas. Bloom suxire ir a Alfea para obter un mellor entendemento de como utilizaren as variñas.

En Alfea, Daphne saúda Eldora. Bloom pregúntalle se Daphne sabe un método para utilizar as súas variñas, e ela colle un libro. As Winx utilizan un feitizo de rastreo, que forma un holograma máxico de illa Calavera. Eldora decide ir agora, pero Faragonda entra e páraas. En primeiro lugar, hai algo no patio que a elas lles gustaría ver.

No patio de Alfea fan unha celebración en honra do Día da Nai. Un portal ábrese e saen as nais das Winx (excluíndo a nai de Musa), incluíndo: Marion, Vanessa, Niobe, Luna, e Morgana. Comeza unha festa coas fadas e as nais, onde todos comezan a bailar, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • As Winx e Eldora van a Tir Nan Og.
  • As Winx gañan o Mythix.
  • As Winx entran no Legendarium por primeira vez.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que as Winx usan as súas variñas Mythix e que se transforman en fadas Mythix.
  • Esta é a primeira vez que as fadas da Terra loitan contra as Trix.
  • A partir deste episodio a abertura foi actualizada para presentar as escenas do Mythix.
  • Este é o terceiro episodio en que aparece na serie unha festa internacional, o primeiro foi o Halloween no episodio 16 da tempada 2 (Hallowinx) e o segundo foi o Nadal no episodio 10 da tempada 5 (Nadal en Alfea).
  • Cando as Winx estaban a transformarse en Mythix, unha escena na transformación da Bloom foi revertida.
  • Nunha escena en que Bloom está a loitar con Icy, só seis variñas son mostradas. Nas imaxes anteriores había sete variñas.
  • Este episodio foi ao ar nos EUA como parte da maratón de maxia online.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou