FANDOM


Nébula
Tempada 4, episodio 9
Winx87.png
Información do episodio
Número de episodio total 87
Data do trinque (Italia) 4 de maio do 2009
Data do trinque (EUA) 3 de xuño do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Nebula
Nome en inglés (EUA) Nebula
Sucesión de episodios
anterior
O Círculo Branco
seguinte
A canción de Musa
Lista de episodios

Nébula é o episodio 9 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 87 en total. Estreouse o 4 de maio do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nun almacén, onde os Feiticeiros do Círculo Negro están a buscar o Círculo Branco, e con el non poderán capturar Roxy. Na tenda Amor e Peluches, Stella xoga coas mascotas a pasar polo Círculo Branco. Musa está a pensar na nota de Jason Queen, que é un produtor musical que quere converter Musa nunha cantante.

Musa chama a Jason Queen, e el di que Musa faga unha audición. Bloom chama a Andy para que Musa cante con el. Mentres ela canta, Bloom está a falar con Roxy sobre ser unha fada. Entón Bloom dá a Roxy o Círculo Branco. Riven ten celos que Musa está con mozos. Os demais Especialistas están preocupados por Riven.

Mitzi chega, e di aos Especialistas que haberá un torneo de surf e que eles participen. Na praia, Nabu fala con Riven, pero Riven quere estar só. Brandon e Sky non saben facer surf. Entón aparece o pai de Sky, Erendor, e pregunta onde está Sky. As Winx tentan escapar, pero os gardas de Erendor non as deixan pasar.

Na casa de Roxy, sae unha voz do Círculo Branco que di que se chama Nébula, e Roxy queda posuída por Nébula. Entón quere enfrontarse aos Feiticeiros do Círculo Negro. Stella sente unha enerxía negativa que provén de Roxy, e Erendor deixa pasar ás Winx. Musa ve Roxy, pero ela non a fai caso.

Roxy vaise voando, e as outras Winx chegan e transfórmanse para saber que lle pasa a Roxy. Roxy voa co Círculo Branco moi rápido, e as Winx disponse a usar as ás Speedix para voar máis rápido. Roxy chega cos Feiticeiros do Círculo Negro, e enfróntase a eles. Pero Roxy é máis forte.

As Winx chegan, e descobren que Roxy é unha persoa diferente. Os Feiticeiros do Círculo Negro loitan contra as Winx, pero Roxy está disposta a derrotar os Feiticeiros. Ogron di que teñen quee escapar, porque Roxy é máis forte co Círculo Negro. Roxy di que eles escaparon pola culpa das Winx, e non quere devolverlle o Círculo Branco a Bloom.

Roxy revela que está posuída por Nébula, e as Winx usan unha converxencia co Believix que logran desposuíla. Bloom recolle o Círculo Branco do chan e cura Roxy. No bar Frutti Music, Erendor está a falar con Sky, mentres Klaus vai falar con Roxy, pero ela está cansa.

Erendor quere que Sky lle devolva o selo real, pero Sky empeñouno. Erendor vai ata a tenda, e quere recuperar o selo real a cambio de pedras preciosas. O dono da tenda cre que é unha broma, pero Musa usa o seu Believix para que o dono crea neles. O dono da tenda devolve o selo real a Erendor.

Erendor di a Sky que use as xoias para poder vivir mellor na Terra, pero Sky di que se seguiren as normas deste planeta, isto non será xusto. Erendor está orgulloso do seu fillo, e di que ten un bo herdeiro. Bloom di que fagan unha cea. As Winx están a falar cos Especialistas. Riven di que Musa é a mellor cantante do mundo, e Tecna di que gravou a súa actuación e a súa canción tivo moitas visitas. E Bloom está a falar con Sky.

Feitos importantes Editar

  • Unha nova fada chamada Nébula aparece.
  • Revélase que o Círculo Branco mantén todas as fadas da Terra.

Curiosidades Editar

  • O pai de Sky aparece neste episodio.
  • Revélase que o Círculo Branco é un obxecto coa opción de controlar Tir Nan Og.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou