Wiki Winx Club
Advertisement

No último momento é o episodio 19 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 71 en total. Estreouse o 12 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Solaria, onde Cassandra e Quimera falan de que serán as máis poderosas do planeta. O rei Radius atopa que as súas pombas están atrapadas, e Cassandra di que ten que renunciar a cousas se van casar. Tamén fala que Stella deixou o seu pai só contra os dragóns.

En Alfea, as Winx teñen unha clase de baile, e Stella empeza a presumir ata que cae. Tecna recibe unha noticia, e pásaa á habitación das Winx. Resulta que en Solaria haberá unha voda entre o rei Radius e a condesa Cassandra, e esta voda estará moi protexida. Stella quere impedir a voda, e as Winx axudarana.

Valtor e as Trix están a comer, e Stormy crea unha tormenta que fai que a Valtor cáianselle as cousas roubadas do seu cofre. Logo di que coñece Ophir, e se non fóra por el, non terían o cofre de Agador.

As Winx preguntan a Nova sobre a voda en Solaria, e ela di que haberá un espectáculo con artistas de circo. Stella quere coarse na festa, e Layla di que se poderían coar como bailarinas. Entón Nova ten unha idea mellor.

Resulta que para coarse na festa, teñen que facerse pasar por uns motoristas acróbatas, e os Especialistas axudan a montar nunha moto. Os Especialistas e as Winx soben nunhas motos, e Musa está enfadada con Riven. Flora di que continúen a adestrar.

Cando conducen as Winx, elas non o fan moi ben. Musa segue enfadada con Riven porque el pon en dúbida todo o que ela di, e Layla suxire que deberían deixar a súa relación. En Fonte Vermella, os Especialistas están a falar de raparigas. Helia está a escribir unha carta, e Riven lea. Entón Helia di que se Riven seguir así, perderá Musa.

Layla e Musa están a falar de mozos, e Musa fala de Ophir. Layla di que está prometida con Nabu aínda que non o ama, e van durmir. Ao día seguinte, Quimera está no palacio e está contenta porque é o día cando ela e a súa nai lograrán obter o trono de verdade.

Os Especialistas están a probarse roupas, e non atopan unha adecuada. Entón aparecen as Pixies, e Amore di que hai outro problema á parte da roupa: Riven e Musa. As Winx están nas motos, e veñen os Especialistas que din que as Winx o fixeron ben. Daquela os Especialistas dan un agasallo ás Winx, e son os traxes.

Bloom recoñece o estilo das Pixies nos traxes, e Riven tenta falar con Musa pero ela di a Riven que a moto en realidade si tiña un problema, e ensina unha peza da moto. En Solaria, Cassandra e Quimera están a preparar a voda.

As Winx e os Especialistas empezan a misión, e os Especialistas loitan contra os gardas do autobús dos acróbatas motoristas de verdade. Os Especialistas logran deixar inconsciente aos gardas, pero saen os acróbatas. Ao final os acróbatas loitan e escapan, pero as Winx logran capturalos e rouban as súas motos.

As Winx logran pasar o control de gardas, mentres Stella olla o seu pai. O mestre de cerimonias quere saber se as Winx saben en verdade facer acrobacias. Layla empeza a facer acrobacias pola súa conta, e faio bastante ben.

A voda empeza, e as Winx deciden actuar e revelan quen son. Stella atopa que o seu pai ten a marca de Valtor, e decide ensinar a todos os convidados a marca do rei Radius. Stella transfórmase, e a condesa Cassandra ordena aos gardas que deteñan ás Winx.

As Winx transfórmanse, e uns paxes danse conta que o rei Radius está baixo un feitizo de Cassandra, pero Cassandra deixa inconsciente aos paxes e foxe co rei Radius. Stella ponse a loitar contra Quimera, e Stella logra vencela. Entón vai buscar o seu pai.

Stella asusta Cassandra, e ela cáese ao chan. Entón Stella di ao seu pai que a lembre, e entón usa o seu po de fada para romper o feitizo sobre o seu pai. As Winx ponse contentas, e o rei Radius di que estará agradecida das Winx. Cassandra e Quimera están detidas.

O rei Radius deixa libres ás pombas, e Stella di a Bloom que algún día tamén abrazará os seus pais. Entón veñen os acróbatas de verdade, e as Winx din que deberían marcharse. O rei Radius di ás Winx que as cubrirá.

Feitos importantes

  • As Winx aprenden a montar nunha motocicleta.
  • Stella derrota Quimera e Cassandra.
  • Stella libera o seu pai do control de Cassandra.
  • Quimera e Cassandra son arrestadas.

Curiosidades

  • Esta é a terceira vez que Musa e Riven teñen problemas na súa relación.
  • Na última escena deste episodio pode verse Layla transformada, mentres as outras non. E nesa mesma escena, Musa desaparece.

Galería

Advertisement