FANDOM


No reino de Diana
Tempada 4, episodio 19
Winx97.png
Información do episodio
Número de episodio total 97
Data do trinque (Italia) 28 de outubro do 2009
Data do trinque (EUA) 8 de xullo do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Nel regno di Diana
Nome en inglés (EUA) In Diana’s Kingdom
Sucesión de episodios
anterior
A furia da natureza
seguinte
Os dons do destino
Lista de episodios

No reino de Diana é o episodio 19 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 97 en total. Estreouse o 28 de outubro do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na casa das Winx onde Faragonda está a falar coas Winx dos Dons do Destino. Entón aparecen as fadas etéreas, que as enviou Faragonda. As fadas etéreas dan ás Winx o don de Sophix para a natureza, e vanse para cando precisaren de máis dons.

As Winx disponse a ir á Selva Amazónica, e Bloom di a Roxy que a misión é perigosa para ela, e por iso ten que quedar. As Winx transfórmanse e usan as ás Zoomix para teletransportarse á Selva Amazónica. Na selva, as Winx usan as ás Tracix para saber que pasou con Diana na selva.

As Winx descobren por onde pasou Diana, e atopan o castelo de Diana. Pero está vixiado por fadas guerreiras, Nabu propón entrar no castelo e as Winx teñen que cubrir o seu paso, e distraen ás fadas guerreiras. As Winx deciden volver ao seu aspecto humano para evitar que as fadas guerreiras as descubran.

As Winx atopan que uns humanos cortaron as árbores da selva, e Flora séntese mal. Os homes que cortaron as árbores da selva atopan ás Winx, e as fadas guerreiras tamén as atopan. As fadas guerreiras deixan fóra de combate aos humanos, e logo atacan ás Winx.

As Winx usan o Sophix para loitar contra as fadas de Diana cos poderes da natureza, e hai uns homes que están a observar a pelexa. As fadas guerreiras din que as Winx están unidas á natureza, e non poden derrotalas. E os homes dan as grazas ás Winx e din que xa non farán máis dano á natureza.

As Winx van cara ao castelo de Diana, e atopan unha flor. Uns homes nativos da selva din que axudarán as Winx a conectarse co poder da natureza. Tres Winx entran ao castelo e atopan unha habitación, onde atopan os Especialistas.

Layla, Flora e Musa logran liberar os Especialistas, e Musa perdoa Riven por todo o que pasou, aínda que di que teñen que falar máis tarde. Entón os Especialistas e as Winx son atadas polas fadas gardiás, que pararan unha trampa ás Winx e traen Nabu.

Feitos importantes Editar

  • As Winx reciben o primeiro don do destino das fadas etéreas, o don da sabedoría que permite unirse coa natureza, coa transformación Sophix.

Curiosidades Editar

  • Nunha escena, as estrelas da dereita de Stella eran de cor marrón claro, mentres as estrelas da súa á esquerda foron coloradas correctamente.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou