FANDOM


Nova harmonía máxica
Tempada 7, episodio 25
Winx181.png
Información do episodio
Número de episodio total 181
Data do trinque (Italia) 3 de outubro do 2015
Data do trinque (EUA) 3 de abril do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Un patto inatteso
Nome en inglés (EUA) New Magic Harmony
Sucesión de episodios
anterior
A bolboreta dourada
seguinte
O poder dos animais máxicos
Lista de episodios

Nova harmonía máxica é o episodio 25 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 181 en total. Estreouse o 3 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza no Mini-Mundo Flor, onde Bloom está a caer por un ataque de Icy, ata que Elas a salva coa axuda do seu corno. Icy continúa a atacar, pero Bloom e Elas son máis poderosos ca Icy e derrótana. Stormy lanza tornados ás outras Winx, pero as Winx conseguen derrotar as Trix. E Brafilius como can escapa.

Bloom perdeu a bolboreta dourada, pero de súpeto a bolboreta brilla e esperta, e salva todo o Mini-Mundo Flor, que o devolve á súa forma natural. As Winx ven que Brafilius está a escapar, pero Icy consegue collelo e as Trix escapan con Brafilius cara ao presente.

A bolboreta di ás Winx que devolverá a luz ao corazón de Alfea, e de súpeto as Winx volven ao presente e ven que o corazón volve brillar. Fóra, os Especialistas non atopan onde están as Trix, e soben na nave de Fonte Vermella. Pero entón as Trix aparecen e atacan.

Daphne di ás fadas que teñen que defender Alfea, e as Trix xunto cos seus animais máxicos comezan unha batalla contra as fadas. Daphne é derrotada, e Thoren cóllea. Faragonda reúnese cos outros profesores, e eles avisan as Winx que as Trix están a atacar a escola. Pero as Winx din que a bolboreta dourada as axudará.

De súpeto, o corazón de Alfea axuda a reforzar a barreira de protección de Alfea, e as Trix non a poden romper. Brafilius tenta escapar de novo, e Icy di a Bloom que non ten a coraxe para afrontarse a ela, e Bloom enfádase. Pero as Trix deciden irse de Alfea, e atacarán máis tarde.

En Alfea veñen moitos animais máxicos, e Roxy ponse contenta ao ver tantos animais. Os animais máxicos comezan a utilizar a súa maxia e xogar, e Faragonda di que os animais máxicos vivirán felices en Alfea de novo. Roxy atopa a toupa de Faragonda e devólvella, e ela ponse moi feliz.

En Alfea comeza unha festa, e todas as raparigas comezan a bailar cos animais máxicos e cos raparigos, e mesmo bailan os profesores. Máis tarde, os Especialistas despídense das Winx e deixan Alfea. Pero de súpeto, aparece Kalshara e di que quere formar unha alianza para loitar contra as Trix.

Mentres tanto, nun túnel subterráneo, as Trix están con Brafilius, e Brafilius quere ser transformado de novo na súa forma humana. Pero Icy nega a súa petición. Este lugar está cheo de monstros, e Icy di que o seu obxectivo é absorber toda a enerxía salvaxe. En Alfea, Kalshara di que só quere recuperar o seu irmán Brafilius, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Última aparición da bolboreta dourada.
  • Última aparición da transformación Tynix.

Curiosidades Editar

  • Este é o terceiro e último episodio desta temporada que non aparece ningunha transformación. O primeiro foi o 17 (Perdidas nunha gota) e o segundo foi o 20 (As Winx bebés).

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou