FANDOM


O Círculo Branco
Tempada 4, episodio 8
Winx86.png
Información do episodio
Número de episodio total 86
Data do trinque (Italia) 1 de maio do 2009
Data do trinque (EUA) 27 de maio do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Il Cerchio Bianco
Nome en inglés (EUA) The White Circle
Sucesión de episodios
anterior
Winx Believix
seguinte
Nébula
Lista de episodios

O Círculo Branco é o episodio 8 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 86 en total. Estreouse o 1 de maio do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na tenda Amor e Peluches, onde as Winx falan aos clientes dos animais. Stella fai un desfile cos animais, e ao final teñen que pechar. As Winx están cansas, aínda que conseguiron moito diñeiro. Flora di que se reúnan cos Especialistas, aínda que Stella non quere falar con Brandon polo de Mitzi.

Bloom recibe unha chamada de Roxy, que tivo un soño e ao espertarse unhas fotos quedaron tiradas no chan. Stella descobre que as fotos seguen sempre unha orde, e teñen que ir á casa que hai nunha foto. Os Especialistas prestan ás Winx unha caravana, e despídense delas. Brandon tenta falar con Stella, pero ela non quere falar.

Stella está a conducir, e faio mal. Ao final acaba conducindo Layla, e chegan á granxa onde está a casa. As Winx soben nuns cabalos, porque non poden ir con coche. E os Feiticeiros do Círculo Negro están a seguir ás Winx. As Winx atopan que a casa cambiou e as árbores foron cortados.

O dono da granxa di ás Winx que non quere estraños, e Flora descobre que el cortou as árbores. As Winx elixen usar os seus poderes Believix para que o home descubra que son fadas, e entón aparecen os Feiticeiros do Círculo Negro. As Winx transfórmanse.

As Winx loitan contra os Feiticeiros do Círculo Negro, e Roxy vai cara á casa. Os Feiticeiros xúntanse nun círculo e atacan ás Winx, elas redúcense para esconderse. Gantlos crea lume na casa, e logo atacan o dono. Dentro da casa, Roxy atópase un Círculo Branco, que non deixa que Ogron apodérese deste obxecto e cólleo Roxy.

Roxy sae da casa, e co Círculo Branco chama os animais do bosque para que eles ataquen aos Feiticeiros do Círculo Negro. Ogron di que teñen que fuxir, e as Winx felicitan a Roxy por conseguir que os Feiticeiros fuxan.

As Winx preguntan que é este aro, e entón o dono da granxa laméntase polo incendio. Layla paraliza o lume cunha barreira de Morphix, e Bloom absorbe todo o lume co seu poder da Chama do Dragón.

Bloom fai que o home se concentre nos pensamentos bos, e o home empeza a crer nas fadas. Flora fai que volvan crecer as árbores, e o home di que coidará a granxa.

Bloom recomenda a Stella de falar con Brandon, e van ao bar Frutti Music. Pero Stella non quere falar con Brandon, e está enfadada. Os Especialistas van coas Winx. Andy empeza a cantar, e Mitzi aparece e ponse a cantar a Brandon. Stella fai o mesmo, e leva Brandon fóra do bar.

Andy di a Musa que cante, pero Riven ten celos. Ao final Musa canta con Andy, e outro home di a Layla que baile. Layla decide bailar con Nabu. Un home dá a Bloom un cartón para Musa, e Musa sorpréndese.

Feitos importantes Editar

  • Roxy atopa o Círculo Branco.

Curiosidades Editar

  • Neste episodio aparece Roxy sen o seu can, Arthur.
  • A primeira nena que comprou un animal de Amor e Peluches volve aparecer.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou