FANDOM


O Legendarium
Tempada 6, episodio 2
Winx132.png
Información do episodio
Número de episodio total 132
Data do trinque (Italia) 13 de xaneiro do 2014
Data do trinque (EUA) 3 de novembro do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Legendarium
Nome en inglés (EUA) The Legendarium
Sucesión de episodios
anterior
A inspiración do Sirenix
seguinte
A escola voadora
Lista de episodios

O Legendarium é o episodio 2 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 132 en total. Estreouse o 13 de xaneiro do 2014 en Italia.

Argumento Editar

Un novo ano escolar comeza en Alfea. Todas os alumnas, incluíndo as Winx, volven a Alfea. Bloom e Daphne chegan a Alfea animadamente, pero Daphne aínda está nerviosa porque se converterá na nova profesora de Historia da Maxia. Bloom vai á súa habitación feliz, onde ela atopa as súas amigas, Layla, Musa, Tecna e Flora. Nun accidente, o tamaño de Kiko é reducido por un feitizo de redución.

As Winx atopan varias alumnas que están a saír da habitación de Stella cunha aparencia única, onde unha delas deixa caer unha tarxeta dunha nova tenda de roupas de Stella. As Winx van ata a habitación de Stella para saber o que está a facer a súa amiga. Stella queda feliz ao atender as súas amigas e explícalles sobre a súa nova tenda de roupas.

Grazas á creatividade de Stella, as novas fadas son vestidas de forma intelixente para o seu ano na escola. De súpeto, Griselda chega á habitación das Winx e Stella rapidamente esconde a súa tenda de roupas secreta na súa habitación, transformando todo nunha habitación normal, e ela aparece cunha vasoira e di que está a limpar a habitación. Griselda atopa Kiko e devolve ao coello o seu tamaño normal, e di que está a esperar o discurso de Faragonda sobre a Historia da Maxia.

Na sala de Historia da Maxia, Faragonda honrosamente presenta Daphne como a profesora de Historia da Maxia ás súas alumnas. As Winx e as outras alumnas comezan a dar a benvida á súa nova profesora. Un momento despois, as Pixies veñen sorprender Faragonda polo seu 100º aniversario. As Winx póñense felices ao atopar as súas Pixies enlazadas a elas.

Griselda queda chocada da noticia das Pixies do aniversario de Faragonda, e a directora di que gardou a súa idade como un segredo. As Pixies convidan Faragonda para celebrar a festa fóra de Alfea porque os seus agasallos están a esperala. Fóra de Alfea, as Pixies usan a súa maxia especial para realizar unha festa especial para Faragonda. A festa é celebrada alegremente polas fadas no colexio de Alfea.

Mentres tanto, en Torre de Nubes, Griffin preséntase e acolle as mozas bruxas para a súa escola. Entón, ela pide ás súas novas alumnas que lle mostren os seus poderes. Unha moza bruxa chamada Selina, que é da Terra, é a primeira que se presenta a todas a Torre de Nubes. Grffin quere ver os seus poderes e ela colle un libro, chamado Legendarium.

Selina di que o Legendarium é un libro do mal que pode traer lendas e contos á vida. Selina mostra a Griffin como o Legendarium funciona, e propón revivir uns trolls lendarios que nunha lenda das Pixies, elas capturaron aos trolls e encerráronos baixo a aldea das Pixies. Selina convoca os trolls lendo o nome no libro en voz alta para espertalos.

Na aldea das Pixies, estes trolls aparecen e atacan a aldea Pixie ao saír do chan, e comeza o caos na aldea. Na festa de Alfea, Ninfea, a Pixie en xefe alerta as Pixies, as Winx e os outros en Alfea. Entón as Pixies van á súa aldea para loitar contra os trolls, e as Winx transfórmanse co seu Sirenix. As Winx loitan contra os trolls, coa axuda das Pixies.

Griffin dubidaba dos poderes do libro e ela quere ver o que o libro está a facer. Ela usa a súa maxia para ver o incidente e cando ve que o caos está a acontecer na aldea das Pixies, pídelle a Selina que pare. Selina para o seu ataque co libro.

Despois de que Selina para, as Pixies que foron atacados desaparecen, xuntamente cos trolls. As Pixies e as Winx preocúpanse polas súas amigas, e Bloom di que non pode detectalas como se estas Pixies xa non existisen na dimensión máxica. As Pixies quedan tristes e quedan coas Winx en Alfea.

Mentres tanto, Griffin di que Selina ten moito poder co seu libro, e continúa o seu discurso ata ser interrompida. As xanelas da sala rómpense, e as Trix aparecen e din a Griffin que elas están a tomar o control a escola. Comeza unha loita entre as Trix e Griffin, e ao final as Trix transforman Griffin nun corvo.

As Trix anuncian ás alumnas que elas están ao mando. Elas fan un cambio coa súa roupa e fan que Torre de Nubes comece a elevarse do chan. Icy di ás bruxas que queden nas súas habitacións excepto Selina, quen deixará que as Trix usen o seu Legendarium, e as Trix axudarán Selina a volverse máis poderosa.

No camiño de retorno a Alfea, as Winx atopan un corvo a caer e Layla usa o seu poder do Morphix para axudalo na caída. O corvo tenta dicir algo ás Winx, pero non conseguen entender nada, porque non poden falar a lingua dos corvos. E Bloom suxire usar a axuda de Roxy.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • A pesar de ter o Sirenix escuro, as Trix son vistas sen el.
  • As Pixies fan a súa primeira aparición dende o episodio 2 da tempada 4 (A árbore da vida). Ademais, eles son vistas como máis vellas desde a súa última aparición.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou