Wiki Winx Club
Advertisement

O agasallo de Mitzi é o episodio 5 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 83 en total. Estreouse o 24 de abril do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no ceo de Gardenia, onde as Winx están a buscar a última fada da Terra. Stella non se concentra e dórmese. A xente olla ás fadas, e as Winx din que a última fada da Terra é a última esperanza deste planeta.

Un líquido cóase na tenda de Amor e Peluches, pero resulta ser Duman. Os Feiticeiros do Círculo Negro coáronse na tenda, e lanzan un feitizo sobre os peluches. No apartamento dos Especialistas, Timmy trae roupas, pero precisan de diñeiro. Os Especialistas están preocupados polas Winx, e entón Riven atopa traballo de mecánicos.

Nun garaxe de mecánica, o dono di aos Especialistas que teñen que arranxar un coche. Pero os Especialistas están moi familiarizados coas naves de Fonte Vermella, e non saben como van os coches. Nabu tenta usar maxia. Na tenda de Amor e Peluches, as Winx están a ensinar a outras raparigas como funciona a tenda. Entón chegan Mike e Vanessa.

Bloom dá aos seus pais adoptivos un sobre con diñeiro, e Mike e Vanessa vanse. Tecna di que todas queren adoptar un animal, pero só poden adoptar un e alguén está a aproveitarse cambiando de nome e está a adoptar moitos. As Winx queren facer unha visita a esta persoa, ata que aparece Mitzi na tenda.

Mitzi quita un animal a Flora, aínda que non terminou de darlle para comer. Mitzi di que xa lle dará para comer ela. Mitzi vai con Bloom e quere que o envolva, pero Bloom di que un animal non é un xoguete. Os animais teñen moita fame, e entón transfórmanse en monstros máis grandes.

As Winx transfórmanse, e loitan contra os animais. Flora di que non deberían atacalos, pero Layla di que lles poden facer dano. As Winx sacan aos animais e lévanllos ao ceo, pero os animais son máis fortes que as Winx. E os Feiticeiros do Círculo Negro observan todo e axudan aos animais.

Os humanos están a observar ás Winx, pensando que as fadas son perigosas. Stella baixa cunha corda e di que están a rodar unha película. Os Especialistas están a arranxar o coche, e estrágano máis. Entón atopan ás Winx no ceo, e decide axudalas.

Os Especialistas axudan ás Winx, aínda que as Winx non queren a súa axuda. Ao final deciden colaborar xuntos, e Layla crea unha cunca con Morphix e as Winx transportan a comida da tenda dentro da cunca, co que os animais volven ao seu estado normal. Os Feiticeiros do Círculo Negro enfádanse pola súa derrota.

As Winx lémbranse do animal de Mitzi que non comeu, e van salvala. Os Especialistas seguen ás Winx co coche do garaxe. Nabu arranxa o coche cun feitizo reparador, pero non saben conducir. As Winx chegan á casa de Mitzi, pero o animal está a durmir e Mitzi non quere que molesten o seu animal.

As Winx piden aos Especialistas que as leven para seguir Mitzi, e Nabu fai o coche máis grande para que as Winx poidan subir. As Winx seguen a Mitzi, e o animal convértese nun monstro. Brandon salva Mitzi do chan, e os outros Especialistas reteñen o animal. Flora dá comida ao animal, e volve ao seu estado natural.

Mitzi di que Brandon a salvou, e dálle un bico na fazula. Stella ponse celosa, e vaise chorando. Mitzi xa non quere a mascota, e Bloom quere dicir algo a Sky, pero non o di. Mitzi quere ir con Brandon, pero Brandon di que non ten tempo.

Os Especialistas levan o coche ao garaxe, pero o dono di que este non é o seu coche. Timmy atopa outro traballo de arranxar aparellos electrónicos dende a súa casa. Stella está na tenda triste, porque pensa que perderá Brandon co bico de Mitzi.

Feitos importantes[]

  • Mitzi dá un bico a Brandon.
  • Stella e Brandon rompen a súa relación.

Curiosidades[]

  • Esta é a segunda vez que Stella e Brandon rompen a súa relación.
  • Os Especialistas conseguen emprego nun garaxe de auto mecánica, e din que os vehículos terrestres son máis primitivos cás naves de Fonte Vermella.

Galería[]

Advertisement