FANDOM


O arco da vella de Magix
Tempada 7, episodio 19
Winx175.png
Información do episodio
Número de episodio total 175
Data do trinque (Italia) 30 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 13 de marzo do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Ľarcobaleno di Magix
Nome en inglés (EUA) The Magix Rainbow
Sucesión de episodios
anterior
O secuestro de Stella
seguinte
As Winx bebés
Lista de episodios

O arco da vella de Magix é o episodio 19 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 175 en total. Estreouse o 30 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza nunha cidade flutuante de Oppositus, onde Brafilius está a ser perseguido por uns gardas porque roubou un animal para ver se ten o poder supremo. O animal escapa, e cando Brafilius case está derrotado, Kalshara vén axudarlle e Brafilius verifica que ese animal non ten o poder supremo.

Kalshara ve que este animal ten un colar da familia real de Oppositus, cólleo e deixa escapar o animal. Os gardas veñen atacar, e Kalshara transfórmase nunha aguia, colle Brafilius e vaise. Mentres tanto, en Domino, Bloom está a facer unha presentación aos cidadáns sobre os animais máxicos.

Oritel e Marion comezan a cerimonia, e Daphne baila con Thoren. Pero os animais máxicos, como sempre, comezan a esnaquizar todo. Máis tarde, Kalshara e Brafilius chegan ata Graynor, onde hai unha forte maxia animal, e ademais está a criatura do Manto do Arco da Vella. Kalshara quere coller toda a súa maxia.

Kalshara colle o colar que colleu anteriormente, e colle a criatura do Manto do Arco da Vella. O cabalo tenta escapar, e lanza unha enerxía. Parece que Kalshara fallou, pero a maxia escura de Kalshara mestúrase coa maxia do lago, encerra a criatura do Manto do Arco da Vella, e no lago está a saír algunha cousa descoñecida.

En Domino, Bloom está a bailar con Sky, ata que Roxy vén avisar que hai problemas en Oppositus e coa criatura do Manto do Arco da Vella de Graynor. As Winx reúnense e transfórmanse, e prepararanse para viaxar ata Graynor. En Graynor, as Winx e os seus animais ven que a criatura do Manto do Arco da Vella está presa.

As Winx tentan liberar a criatura do Manto do Arco da Vella, pero o lago está contaminado e tenta evitar que as Winx cheguen á criatura do Manto do Arco da Vella. Os monstros do lago son moi potentes, e a criatura do Manto do Arco da Vella di que todo é inútil, porque os monstros do lago e el son totalmente opostos.

A criatura do Manto do Arco da Vella di que Kalshara lle puxo un colar, e por iso non pode facer nada. E a maxia salvaxe apoderarase do control da maxia animal. Bloom di que para poderen evitalo, entrarán co Tynix nun novo Mini-Mundo, o Mini-Mundo do Arco da Vella.

Neste Mini-Mundo, os animais están en caos. Stella fala cun animal, pero ela non o entende. Logo comeza a falar a súa lingua, e di que ela é a raíña e di ás Winx que a sigan. Ela explica que a maxia de Kalshara está a facer enlouquecer a esfera das sete cores.

Musa e Critty están a sufrir dor e están moi débiles, pero son os únicos que poden entender de onde chega a maxia escura. Ela di que aínda que están débiles e con dor, non teñen elección, e tentarán salvar a esfera. Critty está a sufrir moito, pero Musa di que a axudará a continuar.

Musa e Critty utilizan todas as súas forzas e poderes, e alcanzan arranxar a esfera e solucionar o problema. A raíña agradécellelo, e a maxia animal está de novo segura. En Graynor, o monstro desaparece, a criatura do Manto do Arco da Vella é liberada e todo volve estar ben.

A criatura do Manto do Arco da Vella quere recompensar ás Winx pola súa axuda, e elas pregúntanlle cal é o animal co poder supremo, e dálles unha resposta enigmática. Mentres tanto, Kalshara e Brafilius están a ouvir todo e obteñen en conclusión que teñen que coller os animais máxicos das Winx.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira aparición de Graynor e da criatura do Manto do Arco da Vella desde a tempada 5.
  • Esta é a primeira aparición de Oppositus desde a tempada 3.
  • En italiano, cando as Winx se transforman en fadas Tynix, Bloom non dixo “Magic Winx, Tynix”, mentres que en inglés, si dixo iso.
  • En italiano, o título do episodio aparece como “Ľarcobaleno di Magic”, pero cando o narrador di o título, di “Magix”; o título foi escrito incorrectamente.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou