FANDOM


O ataque da esfinxe
Tempada 6, episodio 8
Winx138.png
Información do episodio
Número de episodio total 138
Data do trinque (Italia) 10 de febreiro do 2014
Data do trinque (EUA) 16 de febreiro do 2014
Nomes originais
Nome en italiano Ľattaco della Sfinge
Nome en inglés (EUA) The Attack of the Sphinx
Sucesión de episodios
anterior
A biblioteca perdida
seguinte
O santuario do dragón verde
Lista de episodios

O ataque da esfinxe é o episodio 8 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 138 en total. Estreouse o 10 de febreiro do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na biblioteca de Alexandría, onde as Winx e Daphne están a loitar contra as momias, mentres as Trix observan todo desde unha gaiola feita por Tecna. As Pixies descobren que poden derrotar as momias desenrolándoas, porque debaixo delas só hai po e sucidade.

Despois de que as momias son derrotadas, as Trix saen da gaiola. En Torre de Nubes, Selina convoca a lenda da Esfinxe polas ordes das Trix e fai que comece a causar estragos en Alexandría, no Exipto. Mentres tanto, as Winx están na biblioteca, e comezan a buscar o diario.

Tecna ouve as Trix falar, pero non consegue descubrir quen son. Entón Bloom sente que algo está a acontecer cos humanos, e as Winx vense obrigadas a deixar a pescuda e ir fóra da biblioteca. As Winx atopan a Esfinxe, e comezan a loitar contra ela para levala lonxe dos humanos.

As Winx loitan contra a Esfinxe, e as Trix din a Daphne que as protexa porque están nun globo, e Daphne protéxeas nunha esfera. Entón as Trix deciden atacar, e fan que uns humanos queden parados. Un can está a piques de ser atacado pola Esfinxe, pero Stella fai que os humanos esperten e unha muller salva o can. As Trix enfádanse.

Mentres todas están ocupadas, Selina escoita de novo Acheron e fálalle sobre o diario, e ela mesma teletranspórtase na Biblioteca de Alexandría para atopar o diario de Eldora e destruílo, porque é o único vínculo que di como selar o Legendarium para sempre.

As Winx deciden levar a Esfinxe fóra da cidade, e atácana para que as siga. A Esfinxe comeza a seguir as Winx, e ataca Musa, pero Layla sálvaa dunha caída. Flora ataca a Esfinxe, e queda presa nunhas rochas. Pero a biblioteca podería destruírse, e Bloom decide baixar á biblioteca.

Bloom utiliza a súa telepatía para atopar o diario na biblioteca que está a piques de caer. Mentres tanto, as Trix fan que uns turistas corran sen ver nada, e queden en pánico e separados. Pero as Pixies conseguen facer que estean todos xuntos de novo, pero aínda están a correr con pánico.

Na biblioteca, Bloom sorpréndese pola aparición de Selina, que se revela ser unha amiga da súa infancia na Terra. Cando lle di que se vaia, esta desaparece utilizando algún truco do Legendarium. Debido á loita coa Esfinxe, a Biblioteca de Alexandría está a piques de ser enterrada baixo os cascallos e perderse para sempre. Pero Bloom atopa o diario.

Piff pon á Esfinxe un feitizo de sono, pero esperta. As Winx fan unha converxencia máxica, pero non funciona. De súpeto a Esfinxe fala e dilles ás Winx que a poderán derrotar se resolveren o seu enigma, pero só terán 3 oportunidades, ou en caso contrario non a poderán derrotar nunca. A pregunta é:

«Hai millóns de libros na biblioteca perdida, cantas letras hai naqueles libros?»

Chatta grita impulsivamente un número aleatorio grande, que probabelmente nin sequera é un número real, perdendo a súa primeira oportunidade. Tecna utiliza un programa para calcular o número e dá as súas estimativas aproximadas. Para a súa sorpresa, tampouco é correcto. Cunha oportunidade restante, Chatta di o número 14 e resolve o enigma, porque a resposta é:

«14. Hai 14 letras naqueles libros.»

A Esfinxe sorpréndese de que o seu enigma se resolveu e grita de incredibilidade, xa que foi de novo derrotada, convértese nunha estatua e non atacará. As Winx agradecen a Chatta mentres Bloom chega a tempo co diario na man, e as Trix quéixanse de que aínda terán que facerse pasar por estudantes, pero Icy di que moi cedo farán algo.

Atopado o diario, as Winx descobren que a fada madriña se chama Eldora e buscaba un xeito de fechar o Legendarium, e as Winx están preparadas para embarcar nunha viaxe que as guiará por locais que foron visitados pola fada madriña cos globos. As Trix acompañaranas disfrazadas, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • As Winx atopan o diario de Eldora.
  • Revélase que Bloom e Selina son amigas da infancia.

Curiosidades Editar

  • En Italia, este episodio foi emitido catro días antes do episodio 6 e unha semana antes do episodio anterior.
  • Polo feito que as Winx (menos Bloom) creceron na Dimensión Máxica, é por isto que non saben moito da estatua da Esfinxe.
  • Curiosamente, Daphne parece saber máis sobre a cultura do antigo Exipto ca Bloom. Isto podería ser porque é a profesora da Historia da Maxia en Alfea.
  • Daphne lanza un feitizo de converxencia Bloomix coas Winx (menos Bloom).
  • Algunhas das personaxes de recheo dos recordos de Bloom na Terra son as fadas menores en Alfea, no canto dos seres humanos norpero.
  • A Esfinxe móstrase coa súa barba, tanto na pedra e a súa forma máxica. Suponse que a súa barba se rompeu hai miles de anos.
  • Na escena que a xente está a fuxir da Esfinxe e antes de que Piff disparase o po de sono na Esfinxe, Tecna dispara un feitizo de son de Musa na Esfinxe coa mesma cor de enerxía púrpura de Musa.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou