FANDOM


O baile de princesas
Tempada 3, episodio 1
Winx53.png
Información do episodio
Número de episodio total 53
Data do trinque (Italia) 29 de xaneiro do 2007
Data do trinque (EUA) 14 de novembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano Il ballo della principessa
Nome en inglés (EUA) The Princess’ Ball
Sucesión de episodios
anterior
O Fénix é revelado
seguinte
A marca de Valtor
Lista de episodios

O baile de princesas é o episodio 1 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 53 en total. Estreouse o 29 de xaneiro do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde empezan as vacacións de verán. Stella está a buscar roupas de princesa para ir a Solaria. Bloom di que discutiu con Sky, e séntese mal porque non o verá en todo o verán. E Musa e Layla non irán ás súas casas e quedarán en Magix.

A Bloom cáenselle as maletas, e Layla tenta aguantalas todas. Pero Kiko cae sobre Layla e ela sobre as maletas de Stella, e Stella enfádase. Entón aparece un holograma de Solaria que haberá un baile da princesa para Stella. Stella di a todas que veñan con ela a Solaria.

Unha nave está a levar presos á Dimensión Omega, un sitio que fai moito frío e conxélase todo. Da nave caen cubos de xeo coas Trix. Pero Icy rompe o xeo e sae. Stella empeza a facerse ilusións que os seus pais volverán xuntos, e Bloom quere acompañar Stella a Solaria.

Na Dimensión Omega, Icy desconxela Darcy e Stormy. Tecna está a examinar as invitacións, e Sky non respondeu. Stella pide unha pizza, pero outra moza cóllea. Entón empeza unha pelexa pola pizza, e caen anacos da pizza sobre Stella e outros anacos sobre a outra moza.

A outra moza reúnese con outras mozas e din que son fadas da Academia Beta. Daquela a moza preséntase como Quimera e tamén ten un baile. Stella entra nun sitio que se poden probar vestidos virtuales, e Bloom e Stella próbanse vestidos ata que Stella decide un. Pero só hai un, e Quimera cólleo antes.

As Trix están a ser perseguidas por un monstro, ata que chegan a un cubo onde hai un home que se chama Valtor e está condenado a cadea perpetua. Icy espértao, para que loite contra os monstros. El explica que leva 17 anos neste lugar e mantívose esperto, e quere vinganza.

Valtor sabe unha maneira de saír, e as Trix din que poden ser un equipo pero el non ten que mandalas, e Valtor acepta. En Magix, Stella e Bloom empezan unha persecución contra Quimera, e Quimera comeza a destruílo todo. Bloom e Stella ao final transfórmanse para salvar uns cans por unha desfeita de Quimera.

Stella chega a unha tenda e a vendedora di que Quimera lle dixo que pronto será princesa de Solaria como Stella. As Trix e Valtor chegan a un portal con Andros, pero está protexido de maxia. Icy decide usar un dos monstros ao seu favor, e conseguen abrir a porta.

En Andros, as sirenas gardiás ven que a porta se abre, e Valtor deixa ás sirenas baixo o seu control. Musa di que agora leva un peiteado diferente, e Stella ponse a roupa nova. Entón aparecen os Especialistas, con Sky. Sky informa a Bloom que recibiu a invitación e Bloom descúlpase por enfadarse.

Layla detecta que no mar algo non vai ben, e entón vén un tsunami. As Winx transfórmanse, e os Especialistas sacan a xente da auga. Layla salva unha nena da auga e volve á superficie.

Tecna descobre que esa onda foi causada por unha anomalía, e unha serea aparece e di a Layla no seu idioma que Andros ten problemas. Layla decide ir soa, e vaise. Mentres tanto, Valtor vai convertendo as sereas en monstros.

Feitos importantes Editar

  • Stella recibe a noticia de que haberá un baile no seu planeta, Solaria.
  • Stella coñece Quimera e as súas amigas da Academia Beta.
  • Icy, Darcy e Stormy son levadas á Dimensión Omega.
  • Icy, Darcy e Stormy coñecen Valtor.
  • Valtor invade Andros.
  • Musa comeza a ter o cabelo longo.

Curiosidades Editar

  • Neste episodio cambia o final da transformación de Musa.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou