FANDOM


O banquete de Solaria
Tempada 6, episodio 20
Winx150.png
Información do episodio
Número de episodio total 150
Data do trinque (Italia) 2 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 15 de setembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Il banchetto di Solaria
Nome en inglés (EUA) Stella’s Big Party
Sucesión de episodios
anterior
Raíña por un día
seguinte
Un amor monstruoso
Lista de episodios

O banquete de Solaria é o episodio 20 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 150 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza no mundo do Legendarium, onde Stella está nun labirinto a loitar contra Darcy, quen está disfrazada coa personaxe de Ariadne, e o Minotauro está a tentar atacar Stella. Para poder derrotalo, Stella tenta atacar o Minotauro cos seus ataques do Mythix, pero os cornos do Minotauro reflicten o ataque para ela mesma. Entón, Stella lanza un ataque e fórmase unha onda expansiva ao redor do Minotauro que lanza Darcy ao chan, e a coroa de Solaria cae ao chan. Entón Stella consegue coller a coroa.

Stella ten de novo a coroa de Solaria, e lanza un ataque que consegue facer que o Minotauro desapareza. Pero Darcy vaise, e di que aínda ten algunha cousa preparada. Stella séguea, e comeza a andar polos corredores do labirinto. Entón Darcy rin e di que se quedar moito tempo no labirinto, quedará presa no mundo do Legendarium para sempre. Darcy aparece e duplícase, e vaise para que Stella a busque. Stella lembra que ela sempre está mellor xunto ás Winx, e entón Eldora aparece e lle dá unha bóla que desprende un fío, para poder saír. Stella consegue localizar a saída con ese obxecto, e sae do labirinto e do Legendarium.

En Solaria, as bruxas de Torre de Nubes aínda están a atacar ás Winx, e teñen Musa, Tecna e Layla nunhas bólas a xirar. Daphne consegue destruír as bólas onde están presas as Winx, e di que se os gardas lles puidesen axudar, gañarían. Layla ataca as bruxas, e as Winx unidas atacan as bruxas, pero as bruxas teletranspórtanse e vanse. Os reis de Solaria e pais de Stella agradecen ás Winx polo que fixeron. Bloom di que teñen que atopar Stella. As Pixies están con Brandon, e Stella aparece de novo e abraza Brandon. Pero Brandon está enfadado con Stella, e vaise. Stella ponse triste.

Stella di que xa non quere ser raíña, e ten que atopar un xeito para volver a gañarse a confianza dos seus pais e de Brandon, e agradece ás Winx porque son as súas amigas. Musa, Flora, Tecna e Bloom animan e preparan Stella para facer unha desculpa. As Winx comezan a preparar comida, xunto ás Pixies. As Winx fan uns bolos pequenos e din que son moi pequenos, e unha das Pixies decide facer que sexan maiores, pero acaban deixando todo cheo de pedazos de bolo. En Torre de Nubes, as Trix din a Darcy que fallou, e Selina di que ten un plano para atacar as Winx de novo.

En Solaria, Stella dá as grazas ás Winx por axudar coa comida, e os pais de Stella entran na cociña. Stella segue coa comida, xunto ás Winx e as Pixies. As Winx levan a comida á sala principal do palacio, e Bloom trae Brandon. Pero Brandon non quere ver Stella, e entón sorpréndese por todo o que fixo Stella. Stella dilles a todos que gocen desta cea como desculpa. Brandon vén, e Stella di que se cadra non é unha cea romántica, pero ela fixo unha pizza coas súas propias mans para el. Brandon perdoa Stella, e as Winx ponse contentas. En Torre de Nubes, Selina acorda Gargantúa, unha criatura que devorará todo o que se atopar no seu camiño.

En Solaria, Gargantúa aparece e comeza a atacar e comerse todo. Os reis non saben o que pasa, e as Winx din que se encargarán do monstro xigante. Daphne transfórmase en Sirenix e as Winx en Bloomix. As Winx comezan a atacar Gargantúa, pero non serven os seus ataques e Gargantúa comeza a comerse a alfombra. As Winx descobren que todos os seus ataques son inútiles contra ese monstro, e Daphne di que Gargantúa é unha criatura lendaria que se comerá todo o que estiver preto del, e Bloom di que precisan dun plano.

As Pixies poñen bolos ao chan para Gargantúa, e comeza a comerllos todos, pero é unha trampa das Winx, e Gargantúa aínda está a comer ata chegar a un bolo xigante. Gargantúa cómese este bolo, e as Winx fan un feitizo para facer que o bolo aumente de tamaño, e a barriga de Gargantúa estoura e o monstro é destruído. Stella fai o acto final como raíña, e di que se quere desculpar por todo o acontecido, e agradecer ás Winx, Brandon e os seus pais polo seu apoio. Stella di que ser raíña é un traballo moi difícil e con moitas responsabilidades, e todos aplauden. Stella di que o seu encontro con Brandon foi estragado, e Bloom di que ten unha idea.

En Alfea, Brandon pregunta a Stella se sabe cal é a idea que as Winx están a planear, e Stella di que elas non lle dixeron nada aínda. Brandon e Stella están a camiñar polo corredor ata chegar ao comedor de Alfea, e as Winx din que prepararon para Stella e Brandon un encontro especial onde poderán comer o que quixeren. As outras Winx tamén se sentan para comer, din que despois de todo tamén teñen fame e comezan a comer. Brandon e Stella tamén comezan a comer, e o episodio termina co seu encontro e cun corazón ao redor da parella.

Feitos importantes Editar

  • É o último episodio que Stella é raíña de Solaria.

Curiosidades Editar

  • Stella aínda é raíña de Solaria.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou