FANDOM


O corazón e a espada
Tempada 3, episodio 9
Winx61.png
Información do episodio
Número de episodio total 61
Data do trinque (Italia) 16 de febreiro do 2007
Data do trinque (EUA) 1 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano Il cuore e la spada
Nome en inglés (EUA) The Heart and The Sword
Sucesión de episodios
anterior
Un adversario desleal
seguinte
Alfea baixo asedio
Lista de episodios

O corazón e a espada é o episodio 9 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 61 en total. Estreouse o 16 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom está no bosque da escola e as Winx están con ela. Entón as Pixies preparan comida, pero Bloom segue triste polo que lle pasou en Eraklyon con Sky.

Faragonda está a falar con Griffin e Saladino sobre os ataques de Valtor. Logo fala cos profesores dela sobre a compañía da luz cos reis de Domino. Entón Faragonda e os profesores fan que a barreira sexa máis forte.

Os pais dalgunhas alumnas veñen falar con Faragonda porque Alfea non é un lugar seguro para as súas alumnas por causa de Bloom, e por iso queren que Bloom sexa expulsada da escola.

Faragonda chama ás Winx, e informa de Valtor que quere vingarse de Bloom. Pero di que Bloom vai quedar en Alfea. Bloom di que se ela for un problema irase da escola, e vaise á Terra.

En Gardenia, Bloom pensa en Sky e nas súas aventuras xuntos. Bloom di aos seus pais adoptivos que Sky en realidade ama Diaspro, pero Vanessa di que se foi el quen a rescatou de Lord Darkar, alguén fixo algo nel para que cambie.

En Alfea, Stella non sabe que pasa con Brandon, ata que el informa que está en Eraklyon e sabe algo do que lle pasou a Sky. En Eraklyon, Sky e Diaspro queren casar. Stella vai a casa de Bloom. En Gardenia, Bloom está triste, e Stella infórmaa da voda. Entón Bloom quere volver a Alfea para enfrontarse a Sky e a Diaspro.

Cando Bloom chega a Alfea, as Winx queren ir a Eraklyon, pero a barreira pecharase pola noite. Entón Tecna creou unha ferramenta que fará un buraco para que as Winx pasen. Layla está en Andros, e Tecna quedará.

As Winx din a Griselda que irán de merenda, e Griselda di que teñen que volver á noite. Griselda sorpréndese porque veu unha nave con Riven. Na nave, Riven di que Sky non quererá ver Bloom e ten o dereito de non falar con ela.

En Eraklyon, Diaspro e Sky preparan a voda. Entón uns gardas din que veu unha nave non autorizada, co que Sky e Diaspro teñen que ser protexidos. Sky recoñece que é unha nave de Fonte Vermella. Os gardas van á nave.

Riven distrae os gardas mentres as Winx entran no palacio. Bloom atopa Sky e tenta falar con el, pero Sky non quere falar con ela. Diaspro vén, e ordena aos gardas capturar ás Winx. As Winx saen correndo. Brandon aparece, e atopa Stella. El explica que tenta saber que lle pasa a Sky, e entón vén un garda. Brandon queda a loitar, mentres as Winx corren. Entón entran nunha sala, pero Sky aparece e disponse a loitar.

Stella transfórmase co seu Enchantix, e empeza unha loita entre Sky e as Winx. Stella ataca a Sky, e entón as Winx atopan a marca de Valtor nel. As outras Winx transfórmanse, e Bloom descobre que Diaspro usou un feitizo en Sky.

Stella usa o seu po de fada, e rompe o feitizo en Sky, co que a marca de Valtor desaparece. Diaspro chega, pero as Winx vanse deixando Sky e Brandon en Eraklyon. Brandon é rodeado por gardas, e réndese.

Griselda pon a barreira máxica, e Tecna di a Flora que Digit abrirá un buraco. As Winx teñen que pasar voando, e logran pasar. Pero as luces de Alfea iluminan as Winx, e Griselda di que como que manipularon a barreira, serán castigadas. Layla volveu, e está a chorar. Ela conta que os seus pais fixeron un compromiso de matrimonio dela cun mozo chamado Nabu, que ela non coñece para nada.

Feitos importantes Editar

  • Sky anuncia a súa voda con Diaspro.
  • Stella usa o seu Po de Fada para romper a marca de Valtor en Sky.
  • Layla recibe noticias do seu futuro marido, Nabu.

Curiosidades Editar

  • Brandon e Sky non aparecen de novo ata o episodio 14 desta tempada (Furia!).
  • Este episodio é a última aparición de Diaspro tras ser desterrada de Eraklyon, ata a tempada 5.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou