FANDOM


O desafío aos feiticeiros
Tempada 3, episodio 23
Winx75.png
Información do episodio
Número de episodio total 75
Data do trinque (Italia) 21 de marzo do 2007
Data do trinque (EUA) 21 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano La sfida dei maghi
Nome en inglés (EUA) The Wizards’ Challenge
Sucesión de episodios
anterior
O labirinto de cristal
seguinte
A revelación das bruxas
Lista de episodios

O desafío aos feiticeiros é o episodio 23 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 75 en total. Estreouse o 21 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx están contentas porque obtiveron as estrelas de auga. Pero non saben como usalas, e van ao laboratorio. As Winx poñen as estrelas con maxia, pero Bloom suxire tocar as estrelas para entrar en contacto con elas.

As Trix chegan con Valtor, pero el está preocupado porque, a parte da derrota das Trix contra as Winx, está a acontecer algo parecido á súa derrota contra a compañía da luz, e agora quere entrar en Alfea e apoderarse dos seus feitizos.

Na cidade de Magix, as Winx están de vacacións. Entón Stella distráese, e Layla di que está a sentir algo por Ophir. Cando as Winx chegan a un local, os Especialistas van con elas. Ophir vai con Layla, e uns homes séguenos.

Ophir sae correndo, e os Especialistas non saben por que perseguen a Ophir. Layla vai buscalo, cando uns raios caen do ceo. Entón aparece no ceo a marca de Valtor, e entón Valtor aparece e di que reta aos directores das tres escolas, Faragonda, Griffin e Saladino, a un duelo. E se Valtor gañar, apoderarase de todos os segredos.

Valtor fai aparecer a súa marca en Torre de Nubes, e logo Valtor di aos directores que os espera ao lago Rocha Luz. En Alfea, os profesores de Alfea e Torre de Nubes falan con Faragonda, pero Faragonda está disposta a recuperar a compañía da luz e facer un desquite con Valtor.

Bloom fala con Faragonda, e explica que non queren que destrúan Valtor porque perderá a súa oportunidade de saber onde están os seus pais, e Faragonda di que Bloom terá que usar as estrelas de auga se os tres directores foren derrotados por Valtor.

O tres directores chegan, e Valtor tamén. El di que as Trix non participarán na loita, e Valtor di que se for derrotado, devolverá todo o que roubou aos seus respectivos reinos. El empeza a loita, pero en realidade están a loitar contra eles mesmos, porque cada un cre que o outro é Valtor.

Valtor pon o combate no ceo, e as Winx non entenden nada. Entón a barreira protectora cede, e o Valtor verdadeiro consegue entrar en Alfea. Bloom sente a presenza de Valtor na escola, aínda que no ceo aparece Valtor a loitar. Bloom atopa o verdadeiro Valtor, pero el escapa. As Winx transfórmanse.

As Winx entran na biblioteca e loitan contra Valtor, e parece que o derrotan, pero el ataca as Winx. Bloom saca as estrelas de auga, e actívaas coa Chama do Dragón, e derrota Valtor. Entón Valtor explica a Bloom que os seus pais están dentro del, porque os absorbeu no seu corpo. E entón escapa.

O truco de Valtor revélase, e os directores descobren que loitaron entre eles. Griffin di que Torre de Nubes foi destruída, e Faragonda dá as grazas ás Winx por protexer Alfea, e dálles unha recompensa de ir outra vez de festa.

Ophir ponse a falar con Layla, e explica que eses homes o están a buscar para levalo ao seu planeta. Entón revela que é de Andros e o seu verdadeiro nome é Nabu. Layla queda sorprendida, e Nabu explica que en realidade el se namorou de Layla.

Os pais de Layla explican que non van casar porque non se poden facer matrimonios obrigados, aínda que Layla e Nabu se atoparon e se uniron. Stella di a Nabu que é benvido ao equipo.

Feitos importantes Editar

  • Valtor desafía os tres directores das escolas de Magix.
  • Valtor fai desaparecer Torre de Nubes.
  • Bloom pensa que Valtor absorbeu os seus pais.
  • Layla descobre que Ophir é Nabu e acéptao como un futuro marido.
  • As estrelas de auga son utilizadas por primeira vez.

Curiosidades Editar

  • Cando as Winx están a transformarse ao Enchantix, Layla aparece nunha escena cando ela estaba cega, é unha escena usada accidentalmente nun episodio anterior.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou