FANDOM


O desafío final
Tempada 1, episodio 25
Winx25.png
Información do episodio
Número de episodio total 25
Data do trinque (Italia) 24 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 4 de decembro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Il sonno di Magix
Nome en inglés (EUA) The Ultimate Challenge
Sucesión de episodios
anterior
Asedio ás bruxas
seguinte
A caída das bruxas
Lista de episodios

O desafío final é o episodio 25 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 25 en total. Estreouse o 24 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde as Winx menos Bloom están preocupadas co que lles pode pasar. Mentres tanto, Bloom está no lago Rocha Luz buscando Daphne. Mergúllase e ela aparece, e infórmalle que Bloom aínda non perdeu os seus poderes.

Bloom non entende nada, e Daphne di que só ela cría que as Trix lle quitaron os seus poderes, pero Bloom en realidade aínda os ten. Resulta que ninguén pode roubarlle o seu pasado e os seus poderes, xa que pertencen a Bloom. Daphne desaparece, e Bloom sae da auga transformada en fada.

En Alfea, Flora logra transformar Mirta outra vez na súa forma humana. Stella di que Riven está a dar voltas, e busca a Musa. Musa ao principio non a cre, pero ao final baixa para falar con Riven. Pero en realidade Riven buscaba Timmy, e case non di nada a Musa.

Na cidade de Magix, Sky segue só e as persoas están transformadas en estatuas. Toda a cidade está destruída. Entón aparece un monstro do Exército da Escuridade e atácao. Sky enfróntase a el, pero o monstro absorbe uns vermes e faise máis grande.

En Torre de Nubes, o Exército da Escuridade volve saír do castelo para atacar Alfea, e esta vez van montadas nuns tronos as Trix, que elas crearon para poder viaxar ata Alfea. En Alfea, as Winx preocúpanse por Bloom e Sky, e Faragonda e Griffin detectan a fatiga de combate nas fadas.

No pantano da Lama Negra, o Exército da Escuridade está a pasar preto de alí, e as Ninfas de Auga preocúpanse polo que vai acontecer en Magix, e teñen que advertir a Alfea da súa chegada. En Alfea, os Especialistas están a esperar o ataque, e Saladino e Codadorta están a xogar a un xogo máxico mentres esperan. Saladino di que teñen que permanecer tranquilos, e gaña Saladino.

Brandon, Riven e Timmy preocúpanse por Sky, e as Winx por Bloom. Entón aparecen as Ninfas de Auga en Alfea, que informan a Faragonda que o seu exército está a vir a Alfea, e que as Trix están ao mando nuns tronos. Faragonda di que pasen dentro para protexerse. Na cidade, Sky está a loitar contra os monstros, e cando xa non pode máis, aparece Bloom e derrótaos.

Sky sorpréndese porque Bloom volve ter poderes. Bloom explica que Daphne lle dixo que nunca perdeu os poderes, e pide a Sky que a poña ao día. Sky di que toda a cidade foi cuberta de mal e destrución, e que non sabe nada de Alfea. Entón Bloom e Sky soben a un dragón de Bloom e vanse cara a Alfea.

As Trix están a chegar a Alfea, e creen que teñen o poder da Chama do Dragón. En Alfea, Griffin preocúpase polo que fixo coas Trix, e Faragonda estráñase porque ninguén perdeu os poderes pola vontade maligna dunha entidade. E nese momento un paxaro das Trix informa ás tres bruxas como está Alfea. Faragonda sente que o Exército da Escuridade está a chegar.

Feitos importantes Editar

  • Mirta volve á súa aparencia humana grazas a Flora.
  • Riven e Musa reconcílianse.
  • Bloom descobre que aínda ela tiña os seus poderes e tórnase unha fada.
  • As ninfas de auga van cara a Alfea para informar que as Trix están a chegar.
  • Bloom e Sky encóntranse de novo.

Curiosidades Editar

  • Última aparición de Mirta na forma de cabaza.
  • Bloom transfórmase en fada de novo, a última vez foi no episodio 18 (A fonte da Chama do Dragón).

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou