FANDOM


O devorador de Selkies
Tempada 5, episodio 18
Winx122.png
Información do episodio
Número de episodio total 122
Data do trinque (Italia) 12 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 17 de marzo do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Il divoratore
Nome en inglés (EUA) The Devourer
Sucesión de episodios
anterior
O ollo da inspiración das fadas
seguinte
A canción das baleas
Lista de episodios

O devorador de Selkies é o episodio 18 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 122 en total. Estreouse o 12 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus di a Icy que teñen que roubar os selos das columnas do equilibrio e do control. Entón vén unha quenlla enorme, e as Trix atácana. Pero a quenlla continúa a atacar, e Tritannus di que é un devorador e o seu apéndice é o seu punto débil.

Tritannus asume o control do devorador, e ordena a este monstro que busque e devore todas as Selkies. En Alfea as Winx prepáranse pola reunión de reinos, e Bloom, Stella e Layla teñen que ir á reunión porque son princesas, e as outras tres terán un adestro con Codatorta.

As Winx non saben se os reinos uniranse ou actuarán en solitario. Stella pon roupas ás tres Winx, e van a Domino para a reunión. En Domino, Oritel e Marion fan que falen Nereus e Tressa, e eles agradecen a Layla por salvalos. Oritel e Marion din que se enfrontan a unha ameaza tan grande como as Tres Bruxas Ancestrais, e teñen que unir as súas forzas.

Os reis de Eraklyon, Zenith e Solaria din que poden derrotar Tritannus en solitario, e os reis de Andros din que aceptan a unión. No Océano Infinito, o devorador aparece e persegue as Selkies. As Selkies entran nunha cova, e o devorador colócase na entrada. As Selkies quedan atrapadas.

As outras tres Winx reúnense cos Especialistas e Codatorta, e eles din que teñen que controlar un dragón salvaxe. As Winx teñen que usar os seus poderes Sirenix, e os Especialistas soben nas súas motos. O tres Winx transfórmanse. Flora tenta domar o dragón, pero Tecna ten que usar un escudo para protexer Flora.

En Domino, Stella di ao seu pai que ten que unirse aos outros reis, e o rei Radius acepta. Sky fala con Bloom sobre eles dous, pero aparece Diaspro dicindo a Sky que o seu pai quere que estea con el, e logo Diaspro di a Bloom que ten que renunciar a Sky. Pero Bloom di a Diaspro que deixe de meterse na súa relación.

Daphne contacta con Bloom, e informa que un monstro devorador está a perseguir as Selkies. En Alfea, as Winx non saben que probar co dragón, e Flora pensa que o seu punto débil podería ser os seus apéndices da boca. Musa suxeita estes apéndices e as tres Winx logran domar o dragón.

As Winx din a Codatorta que toda criatura ten un punto débil, e entón reciben unha chamada de Bloom informando que as Selkies están en perigo. As tres Winx entran no Océano Infinito, mentres as Selkies están atrapadas. As Selkies deciden romper unhas rocas e escapan, pero o devorador continúa a perseguir as Selkies.

Unha Selkie, Desiree, sepárase das outras tres, e é devorada. Aparecen as Winx, pero non saben como destruír o monstro. As Winx atopan que o monstro deixa contaminación, e descobren que está baixo as ordes de Tritannus. Flora descobre que o seu punto débil é a aleta da cabeza, e logran liberalo do control de Tritannus. E Desiree escapa da súa boca.

En Domino, Erendor di que Eraklyon se defenderá pola súa conta, e o rei de Zenith di o mesmo. Radius di que non pode facer nada se non hai unión, e Bloom di a Sky que razoe co seu pai. Diaspro di que Erendor sempre escoita Sky, e Bloom di que non se meta. Pero Sky vaise con Diaspro.

Feitos importantes Editar

  • Tritannus decide destruír a columna do equilibrio.
  • Tritannus asume o control dun monstro devorador e fai que ataque as Selkies.
  • Os reis da dimensión máxica atópanse no palacio real de Domino, mais ningún deles concorda en unirse, excepto Domino e Andros. Non se sabe se Linphea e Melodía tamén se protexerán sós.
  • Stella fala con Radius, que entón decide xuntar forzas cos outros, se os outros reinos fixeren o mesmo, mais ningún deles fai unha alianza, facendo que Radius desista.
  • Bloom pide Sky argumentar con Erendor, entón Eraklyon unirá forzas con Domino e Andros.
  • Os gobernantes de Zenith, Melodía e Linphea (excepto Galatea e Krystal), son vistos por primeira vez.

Curiosidades Editar

  • Galatea, Krystal e Roy aparecen neste episodio, pero só como participacións especiais.
  • Esta é a primeira vez que Bloom pide ás Winx que cumpran unha misión sen ela.
  • Non se sabe por que Morgana, Nébula e Roxy non participaron na reunión en Domino xa que son as fadas gobernantes da Terra.
  • A partir deste episodio confírmase que Flora, Musa e Tecna non son princesas, ao contrario das outras Winx.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou