FANDOM


O gato máxico
Tempada 7, episodio 9
Winx165.png
Información do episodio
Número de episodio total 165
Data do trinque (Italia) 25 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 7 de febreiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Il gatto fatato
Nome en inglés (EUA) The Fairy Cat
Sucesión de episodios
anterior
Na Idade Media
seguinte
As Winx nunha trampa
Lista de episodios

O gato máxico é o episodio 9 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 165 en total. Estreouse o 25 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na Italia da Idade Media da Terra, onde as Winx están a axudar un pequeno grupo de teatro, en troco de que Orlando as leve co plumagato. Os trobadores están a facer a súa obra, mentres os gardas e a xente da aldea está a ollar. Entón Brafilius aparece e descobre que as Winx están a buscar o plumagato, e ve un cartel onde pon que calquera tipo de maxia vai contra a lei.

Brafilius vén ver tamén a obra, e Orlando chama ás Winx, que están con ás falsas colaborando na obra. Entón Brafilius interfire coa actividade aplicando un feitizo de voo ás raparigas e faias flutuar. O burro asústase e sae correndo co escenario, e as Winx ven que Brafilius é o culpable. Os gardas recoñecen as fadas como as que viran anteriormente, e ordena collelas. Brafilius quítalles o feitizo, e as Winx caen ao chan.

Orlando defende as fadas, e mentres as Winx foxen, Orlando fai que o carro deixe fóra de combate aos gardas e tamén foxe. O trobador Orlando convida ás Winx a subir no seu carro, e el levaraas a un lago onde lles dirá cousas sobre o plumagato. Pero Stella pensa que todos os mozos son sempre iguais, en todos os tempos e épocas.

No lago, Orlando comenta que cando el era neno, tocaba o seu instrumento e aparecía o plumagato. El comeza a tocar, e lembra o seu pasado co gato. Musa vai con Orlando, e entón o gato chega. Brafilius tamén chega alí e quere coller o plumagato. Invoca dous monstros do lago, que atacan o grupo. Mentres que as Winx se encargarán do monstro, o plumagato foxe e Brafilius perségueo.

Un dos monstros colle o burro, e as Winx deciden transformarse porque descobren que o monstro foi invocado por Brafilius. O monstro colle o burro, pero as Winx conseguen salvalo. Entón o monstro colle Orlando, e as Winx ten medo de ferir Orlando cos seus ataques ao monstro. Musa consegue salvar Orlando, pero o monstro colle Musa. Ela di a Orlando que ten que ir salvar o gato.

Mentres tanto, o gato está a fuxir, pero o atopan os gardas. Entón Brafilius colle o gato, e mostra os seus poderes aos gardas. O capitán descobre que el fixo voar ás Winx na aldea, e deixa os gardas fóra de combate cos seus poderes. Entón Brafilius comproba co seu diamante escuro se o plumagato é o animal coa primeira cor do universo, pero non se pode concentrar pola música de Orlando.

Orlando di a Brafilius que deixe o gato, e el e Brafilius comezan a discutir. Mentres tanto, as Winx están a ser atacadas polos monstros do lago. Os seus ataques non serven moito, e Musa decide ir buscar Orlando mentres que as Winx se encargarán dos monstros. Entón Flora utiliza os seus poderes Butterflix para que a natureza as axude co monstro. Un salgueiro entón ataca os monstros e derrótaos.

Musa, pola súa banda, salva Orlando que estaba a ser atacado por Brafilius e utiliza os seus poderes Butterflix para que a harmonía da selva axuden a salvar Critty, e derrota Brafilius. Tras a batalla, ela enlázase co gato, e di que el non é o animal que están a buscar. Musa di a Orlando que é unha fada, e di que ten que seguir coa súa obra.

Na aldea, o equipo de Orlando e as Winx seguen coa súa obra sobre as fadas. Orlando entrega Critty a Musa, e di que sempre o lembrará. Todas as Winx menos Musa desaparecen e volven cara ao presente, e todos se asustan. Pero os gardas din que todo foi un truco. Entón Musa di que nunca serán esquecidas, despídese de Orlando e tamén volve cara ao presente.

Feitos importantes Editar

  • Critty faise o animal máxico de Musa.

Curiosidades Editar

  • Nunha escena, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa.
  • Nunha escena, as ás de Stella faltan.
  • Nunha escena, as ás de Musa faltan.
  • Nunha escena, os ollos de Critty son grises en vez de verdes.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou