FANDOM


O himno de Alfea
Tempada 6, episodio 23
Winx153.png
Información do episodio
Número de episodio total 153
Data do trinque (Italia) 3 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 8 de novembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Ľinno di Alfea
Nome en inglés (EUA) The Anthem
Sucesión de episodios
anterior
A cafetaría da música
seguinte
Afrontando campións
Lista de episodios

O himno de Alfea é o episodio 23 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 153 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza no mundo do Legendarium, onde Rumpelstiltskin roubou a voz e Musa e as Winx viñeron recuperala. Rumpelstiltskin aínda segue cos seus versos cando está a falar, e as Winx tentan atacar Rumpelstiltskin usando unha converxencia Mythix, pero non lle fan nada, e son lanzadas ao chan. Entón Rumpelstiltskin achégase ás fadas di que nunca o vencerán, e tampouco servirán os seus ataques con el.

Flora di que non poden facer nada, e Bloom di que non se teñen que render. Layla di que nunca lles venceu un monstro que traballa para as Trix, e Rumpelstiltskin di que non traballa para ninguén nin coñece as Trix, e traballa só. Entón Bloom di que se cadra poden falar con el, e Rumpelstiltskin di que Bloom conseguiu dicir unha cousa razoable, e farán un acordo. As Winx din que se cadra é unha trampa, pero Bloom di que Musa é a súa amiga e teñen que axudala.

Bloom comeza a falar con Rumpelstiltskin, e el di que lles dará o que quixeren obter. Stella séntese feliz por obter unha vitoria, pero Rumpelstiltskin di que a voz ten moito valor e precisan de darlle a cambio outra cousa que teña o mesmo valor. As Winx están de acordo, e Rumpelstiltskin din ás Winx que veñan con el. Tecna di que non teñen nada que lle poidan dar, pero Stella accidentalmente di que teñen a chave do Legendarium. E Rumpelstiltskin di que quere a chave.

Eldora aparece e di ás Winx que teñen que considerar o que sexa mellor para elas, e vaise. Rumpelstiltskin di que está a cansarse de esperar, e as Winx din que lles gustaría ter máis tempo. Pero Rumpelstiltskin di que non lle gusta esperar, e quere facelo agora. Tecna di que o máis lóxico é que lles dea tempo para pensar unha cousa tan seria, e Rumpelstiltskin acepta pero dilles que a voz quedará baixo unha forte protección ata que lle dean a chave a cambio.

En Alfea, as Pixies e Kiko están a animar Musa mentres ela está triste porque non ten a súa voz, e as Winx chegan e veñen dicir que teñen noticias tristes. Entón as Winx din que sen a voz de Musa non poderán protexer Alfea do ataque das bruxas de Torre de Nubes, pero tamén precisan da chave do Legendarium para acabar coa ameaza de Selina e Acheron, e a Musa non lle gustaría antepor o seu desexo de recuperar a súa voz ao destino da dimensión máxica. Bloom di que é unha decisión difícil, e no momento irán animar Musa para saber o que está a pensar.

Na cafetaría da música, Musa está a tocar o piano cando as fadas de Alfea con Roxy se xuntan con ela para tocar os instrumentos. As Winx, as Pixies e Kiko xúntanse ao concerto, e Eldora tamén vén animar Musa. E todas fan un concerto para facer que Musa estea de novo contenta. Cando o concerto termina, Roxy di que querían dar as grazas a Musa por crear a cafetaría da música, e as Winx abrazan a súa amiga Musa. Entón aparece o poder da cafetaría da música e anima Musa e o resto de fadas. Bloom decide facer un concerto moito máis grande.

Máis tarde, Riven e Sky farán unha competición para ver quen é o mellor. Sky di que Riven nunca foi tan competitivo, pero Riven di que a xente cambia, e comeza a loita de espadas. Na loita, Riven perde a espada e Sky gaña, e Riven di que Sky sempre será o mellor dos Especialistas e Riven un máis. Sky di que non teñen que saber quen é o mellor, pero Riven di que sempre se atopa por baixo de alguén e nunca conseguirá chegar a ser o mellor.

En Torre de Nubes, as Trix din a Selina que ela e o libro son inútiles, porque lles deu un anano que non lles obedece nin quere seguir as súas ordes. Pero Selina di que roubou a voz de Musa como desexaban, e entón Icy di que ten unha idea para deter a maxia dos instrumentos da cafetaría da música. As Trix dan ás bruxas de Torre de Nubes máis poderes coa fonte dos seus propios poderes, e ordénanlles que ataquen Alfea sen ser vistas, cun feitizo de invisibilidade.

En Alfea, Thoren atópase con Daphne, e comezan a falar do concerto que farán as Winx. Daphne di que o concerto é un bo lugar para un encontro romántico, e entón Thoren pídelle para ir con el ao concerto, e Daphne acepta. Mentres tanto, as Winx están a preparar o concerto, e preparan os instrumentos e a letra. Faragonda presenta o concerto organizado por Musa e as Winx, e as raparigas, os raparigos e os profesores que viñeron ver o concerto apláudenas.

O concerto comeza no medio do patio da escola, e a canción chámase “O himno de Alfea”. Faragonda di que a maxia do concerto protexerá Alfea, pero as bruxas de Torre de Nubes veñen atacar Alfea cos seus novos poderes. As Winx transfórmanse en Bloomix para defender Alfea, e os Especialistas e os Paladinos tamén as axudan. As Winx atacan as bruxas, pero as bruxas son máis fortes ca elas e gañan. Tampouco serven os ataques dos mozos.

Musa decide seguir co concerto xunto ás fadas, para usar a súa maxia e defender Alfea das bruxas. Entón o poder do concerto fai que as bruxas sexan vencidas e vanse, e a xente dá os parabéns a Musa. Entón as Winx atopan Rumpelstiltskin que veu procurar a chave do Legendarium, e as Winx van paralo. Riven atopa Musa, e di que ela salvou Alfea co concerto, pero el non conseguiu impedir que a súa voz fose roubada, e ela precisa de alguén mellor.

As Winx chegan preto da caixa onde está a chave, e Rumpelstiltskin aparece e di que a súa paciencia se acabou. Eldora vén dicirlles que teñen que escoller o que sexa máis importante para ela, e vaise. Rumpelstiltskin pregúntalles o que farán, e as Winx din que Musa é a súa amiga e farían o que fose preciso por ela, e danlle a Rumpelstiltskin a chave do Legendarium. Rumpelstiltskin retórnalles a voz de Musa, e vaise contento.

Riven comeza a falar con Musa, e di que non consegue facer as cousas ben como Especialista e como o seu noivo, e entón Musa recupera a súa voz e comeza a falar. Os dous póñense contentos, e Musa di que Riven sempre será un heroe, pero el decide romper a súa relación con ela e quedar só como amigos. As Winx e os Especialistas veñen dicir que teñen que celebrar que Musa recuperou a súa voz, pero Riven di que precisa de facer cousas só e irase un tempo. Na escena final, Riven retírase de Alfea e despídese do equipo, e sobre todo de Musa.

Feitos importantes Editar

  • Musa consegue salvar Alfea das bruxas mesmo sen a súa voz.
  • As Winx trocan a chave do Legendarium pola voz de Musa, e Musa recupera a súa voz.
  • Musa e Riven terminan a súa relación.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que as Winx fan unha converxencia Mythix.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou