Wiki Winx Club
Advertisement

O libro do Sirenix é o episodio 4 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 108 en total. Estreouse o 19 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom está triste porque Sky ten amnesia, e non lembra Bloom. As Winx teñen que volver buscar á Sección Secreta de Alfea o libro do Sirenix, e Tecna atopou unha maneira de saber onde está o libro.

Stella di a Bloom que vaia visitar Sky, e pon ás Winx roupa nova. Bloom di a Stella que debería ser unha deseñadora de moda. Mentres tanto, as Trix falan con Tritannus sobre os seus novos poderes, e Tritannus enfádase porque non destruíron as Winx.

Icy di a Tritannus que as Winx buscan o libro do Sirenix, e Tritannus di que teñen que evitar que as Winx consigan o Sirenix, e mentres tanto buscará como dar o Sirenix ás Trix. En Alfea, Tecna fixo un programa no seu móbil para a localización do libro do Sirenix, e Timmy axudará Tecna na procura.

Bloom vai ver Sky, e empezan a falar. Flora trae Krystal porque ten poderes de curación, e tenta curar Sky. Pero Krystal atopa unha barreira, e non pode curar Sky porque hai algo que non quere lembrar. Sky recibe unha chamada do seu pai, e tenta falar con el sen dicir nada da súa amnesia.

Tecna logra entrar na Sección Secreta de Alfea, e entón as Trix estragan o móbil de Tecna. Bloom está a facer un paseo con Sky, pero Sky di que prefire estar só. Na Sección Secreta de Alfea, Tecna di que poderá detectar co seu móbil a localización do libro do Sirenix.

Tecna atopa un libro, e ten unha enerxía negativa. Tecna ábreo, e entón ela transfórmase nun robot. No océano de Andros, Ligea e Nereus están a buscar Tritannus. Tritannus transforma Nereus nun monstro, e pide á súa nai que lle diga como poden conseguir o Sirenix. Ligea fala de Daphne, e logo Tritannus transfórmaa en monstro.

As Winx transfórmanse para desfacer o feitizo do libro en Tecna, pero Tecna continúa a ser un robot. Tecna empeza a destruír todo e abrir libros perigosos. Layla descobre que é o seu móbil, pero Tecna abre un libro de vento, un libro de neve e un libro de auga.

As Winx logran lanzar un feitizo cara ao móbil de Tecna, e entón Tecna volve á normalidade. Ela di que tivo un soño onde era un robot, e as Winx din que non foi un soño. As Winx din a Tecna que o móbil volve funcionar ben, e atopan o libro do Sirenix. Tritannus di ás Trix que teñen que coller Daphne.

Feitos importantes[]

  • Flora pide a Krystal que use os seus poderes de cura para axudar Sky para recuperar a súa memoria perdida, mais é en balde, hai unha barreira na cabeza de Sky que está a impedila de facelo. A barreira parece ser o colgante perdido de Erakylon.
  • Tritannus transforma Nereus e Ligea en mutantes.
  • As Winx atopan o libro do Sirenix grazas á maxia tecnolóxica de Tecna, mais cando abriren o libro, estarán a colocar as súas propias vidas e das outras persoas en risco. As Winx deciden agardar.
  • Tritannus planea secuestrar Daphne.

Curiosidades[]

  • Esta é a terceira vez una das Winx loita contra as outras Winx. Esta vez foi Tecna. A primeira vez é Bloom, como Dark Bloom na tempada 2; e a segunda é Layla na tempada 4 tras perder Nabu e xuntarse a Nébula.
  • Krystal é traída para curar Sky, a pesar de que Flora e Bloom teñen poidas de curación, xa que Flora curou os animais peluches na tempada 4 e Bloom curou Sky na tempada 2 e outras persoas noutros episodios.
  • Nunha escena, a sombra dos ollos da Stella é verde no canto de amarela.

Galería[]

Advertisement