FANDOM


O mar do terror
Tempada 3, episodio 5
Winx57.png
Información do episodio
Número de episodio total 57
Data do trinque (Italia) 7 de febreiro do 2007
Data do trinque (EUA) 18 de novembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano Il mare della paura
Nome en inglés (EUA) The Sea of Fear
Sucesión de episodios
anterior
O espello da verdade
seguinte
A elección de Layla
Lista de episodios

O mar do terror é o episodio 5 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 57 en total. Estreouse o 7 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza con Layla que explica a Bloom o que pasa en Andros. Bloom disponse a axudar coas outras Winx. Mentres tanto, en Andros o rei Teredor e a raíña Niobe están a pensar que facer coa situación.

Entón as Winx propoñen latar ás clases, e Stella di que quedará en Alfea para cubrilas, por todo o que lle pasou en Solaria co rei Radius. Stella di que o seu pai foi vítima dun feitizo.

Ao día seguinte, as Winx despídense dos Especialistas e as Pixies, e van por un portal ata Andros. Logo Stella di á enfermeira que as Winx están enfermas.

As Winx chegan a Andros, e Layla abraza os seus pais. Logo Layla presenta ás Winx os seus pais, e o rei Teredor informa da situación con Valtor.

Valtor e as Trix están no portal, mentres que as Winx están preto do mar. Bloom di que o mar está sucio, e nese momento aparece unha serea transformada.

Layla localiza a marca de Valtor, e Tecna propón romper os feitizos das sereas para saber que poderes ten Valtor, e para facer iso as Winx transfórmanse.

As Winx fan unha converxencia, pero non logran nada. Mentres tanto, Valtor observa as Winx. Unha serea logra volver á normalidade, pero volve transformarse e lanza Tecna á auga. Musa fai que se vaia.

En Alfea, Nova ten que falar con Stella sobre algo, e entón vén Griselda. Pero Stella transformou as Pixies e Kiko nas Winx, e Griselda cre que as Winx están aínda en Alfea.

En Andros, Layla preocúpase porque está a pór en perigo as Winx, e Bloom di que non permitirá que o seu planeta caia en mans de Valtor, e lembra o seu pasado en Domino.

Mentres tanto, as Trix propoñen loitar contra as Winx. Bloom estráñase porque as Trix están libres, e as tres atacan as Winx. Entón empeza unha batalla das Winx contra as Trix.

As Trix atacan Flora, pero Bloom deféndea. Valtor cre que coñece Bloom, pero non sabe de que. As Winx atacan as Trix, e Layla ata Darcy e Stormy. Icy ataca Bloom, e ela cae á auga inconsciente. Pero entón Valtor sácaa da auga, e di que se coñeceron en Solaria.

As Winx continúan a atacar Icy, mentres Valtor está a falar con Bloom. As Winx vencen Icy, e entón localizan Bloom con Valtor. Valtor di a Bloom que xa loitarán máis tarde, e que descanse.

Entón Layla aparece para loitar, e Valtor fai un feitizo nela que a deixa cega, e vaise. Bloom di que atoparán unha solución. Valtor di ás Trix que a batalla para conquistar a dimensión máxica acaba de empezar.

Feitos importantes Editar

  • Stella queda en Alfea pola situación en Solaria e para atender as súas amigas.
  • As Winx (sen Stella) coñecen os pais de Layla.
  • Bloom ve Valtor de novo.
  • Layla queda cega por un feitizo de Valtor.

Curiosidades Editar

  • Nalgunhas escenas Musa volve ter o cabelo curto.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou