Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

O momento da verdade é o episodio 23 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 49 en total. Estreouse o 5 de xullo do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no castelo de Lord Darkar, onde un home tenta escapar dos alxubes do castelo. Na aldea das Pixies, a Árbore da Vida está mal. As Pixies están preocupadas porque se a Árbore da Vida morrer, as Pixies poderán desaparecer.

Livy cre que a van castigar por deixar que as Trix atacasen a aldea, pero entón vén unha nave dos Especialistas e as Pixies das Winx están enfermas. E a Árbore da Vida está enfermo polo ataque de Icy.

O home usa un feitizo e convértese nun líquido, e logra escapar. Lord Darkar fala con Avalon, que en realidade é falso, e o verdadeiro Avalon crea unha ilusión para enganar o Fénix e escapa.

En Alfea, Faragonda está a felicitar ás Winx por conseguir en Charmix, e di que os profesores aumentarán a intensidade das clases das Winx que conseguiron o Charmix.

Avalon tira uns pos sobre as Winx para crear unha criatura cos seus propios poderes. As Winx transfórmanse para loitar contra a criatura, e activan o Charmix. Ao principio fallan, pero ao final logran derrotar esta criatura. Entón unha Pixie e Flora está a informar Faragonda sobre a enfermidade da Árbore da Vida.

Flora tenta curar á Árbore da Vida, pero non pode. Entón transfórmase, e logra curar á árbore. Layla decide que usen as flores da Árbore da Vida para curar ás Pixies. As Pixies cúranse, mentres que Avalon está a camiñar. A Árbore da Vida saca unha nova mascota Pixie.

Chatta anima Flora a declararse a Helia, pero vaise. Entón Helia óuvea e decide baixar, e despois dunha conversación tímida, decide dicir a Helia que o ama e gaña o seu Charmix.

Mentres tanto, Avalon chega a Alfea, e as Winx sorpréndense por atopar outro Avalon 11 minutos despois de velo nos corredores. Stella entra en Alfea a buscar auga, e atopa outro Avalon que ten présa.

Musa descobre que Avalon estivo nos alxubes, e lévano con Faragonda. No seu despacho, Faragonda empeza a pensar en todos os eventos co Avalon falso: a liberación misteriosa das Pixies, o feitizo de nostalxia das Pixies, e a hipnose que converteu Bloom nunha versión escura.

Ao final decátanse que Bloom pode correr un gran perigo. Stella chega, e as outras descobren que Bloom quedouse soa e podería ser enganada polo falso Avalon. Mentres tanto, o falso Avalon está con Bloom e lévaa a unha clase.

O falso Avalon leva a Bloom a unha burbulla de maxia negra, e entón o falso Avalon revélase. As Winx corren, pero xa é demasiado tarde e Bloom foi secuestrada. O falso Avalon leva a Bloom con Lord Darkar, e di que por fin o Fénix e o Dragón están reunidos.

Feitos importantes[]

  • Flora salva a Árbore da Vida.
  • Flora confesa os seus sentimentos por Helia.
  • Flora recibe o seu Charmix.
  • O verdadeiro profesor Avalon chega a Alfea.
  • O falso profesor Avalon secuestra Bloom.

Curiosidades[]

  • A razón dos riso maléficos do profesor Avalon en episodios anteriores revélase neste episodio.

Galería[]

Advertisement