FANDOM


O monstro e o salgueiro
Tempada 1, episodio 11
Winx11.png
Información do episodio
Número de episodio total 11
Data do trinque (Italia) 20 de febreiro do 2004
Data do trinque (EUA) 28 de agosto do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Il regno delle ninfe
Nome en inglés (EUA) The Monster and the Willow
Sucesión de episodios
anterior
A proba de Bloom
seguinte
Miss Magix
Lista de episodios

O monstro e o salgueiro é o episodio 11 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 11 en total. Estreouse o 20 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde Stella e Flora están a discutir. Bloom intervén, e despois Stella di Bloom que Flora lle pediu colocar as plantas que ten na súa habitación para facer un laboratorio, pero as plantas de Flora están a usar a roupa e a maquillaxe de Stella.

Despois Flora vai á habitación de Musa e Tecna para ver outras plantas que deixou no armario desta habitación, e descobre que as plantas ataron Tecna. Despois Flora libéraa e di ás outras Winx que se trasladará ao pantano da Lama Negra, aínda que é perigoso.

Tras unha discusión, Bloom convence ás outras que acompañen Flora ao pantano. Alí, Flora pide ás súas amigas que busquen unha flor especial, pero que non é fácil coller. Pero só teñen que coller un dos seus tépalos. Todas entran no pantano, aínda que Stella fai isto de mala gana. Ela comeza a falar porque se ensuciou, pero Flora fai que se cale porque na auga ve unhas criaturas moi pequenas, as ninfas de auga. Flora pídelles axuda.

As ninfas de auga din que as Winx non poden entrar na súa cidade porque son moi grandes, pero a súa raíña quere velas. Unha vez no local onde está a raíña, Flora dille que só quere coller un tépalo da flor que buscan. A ninfa que as levou ata alí explica que hai un monstro que está a aterrorizar as ninfas. E elas non poden saír de alí porque precisan dunha planta que está nesa illa. As Winx transfórmanse para axudalas.

As fadas van de camiño á illa onde está o monstro, e Stella está a facer suposicións cando o monstro aparece da auga e é revelado que é moito máis grande que as fadas. Ataca ás Winx e engólese Musa. Entón as outras Winx deciden facer unha burbulla de ar con luz para somerxerse na auga e rescatar Musa. Localizan o monstro, e Bloom atopa Musa na súa boca pero ao tentar salvala tamén queda atrapada na boca do monstro.

Bloom mete Musa na súa burbulla e fai un feitizo para escapar da boca de monstro, e Musa esperta. Pero o monstro ponse a perseguir ás Winx, e elas soben á superficie, ata unha illa. Alí hai unhas árbores, que comezan a producir soño ás fadas. Todas comezan a caer durmidas sen poder evitalo e sen entender o que acontece con elas.

Tecna ponse un muro en torno á súa cabeza para evitar durmirse, e Bloom que está a piques de quedar durmida localiza á árbore líder. As outras quedáronse durmidas. Entón Tecna crea unha burbulla ao redor de Bloom e quita todo o ar do sono, e con isto Bloom esperta.

Tecna e Bloom fan estender a burbulla en toda a illa, e as outras raparigas espertan xunto aos paxaro que quedaron durmidos antes. Entón as Winx xuntas fan que a burbulla cubra toda a illa, e a ninfa que foi atrapada pola árbore esperta. Entón ela explica que a illa é unha tartaruga xigante que quedou durmida, e o monstro só é a cabeza que está somnámbula. Entón a árbore líder ataca ás Winx, pero Bloom e Flora conseguen destruíla. A ninfa e as fadas volven á gorida das ninfas de auga coa raíña.

A raíña di que a planta necesaria para as ninfas só crece na casca da tartaruga xigante, e cando acabar todo o que teñen da planta, morrerán. Entón Flora multiplica a folla que restaba da planta, facendo moitas máis para que a súa vida siga moito máis tempo.

Flora di que xa non usará as habitacións das súas compañeiras para as súas plantas, e usará o espazo que ten. Pero a raíña, para agradecer o que fixeron, dá a Flora a planta que ela buscaba para o seu exame, e as outras din que agora seguro que aprobará. Entón Stella lémbrase que o seu exame é tamén en breve.

Feitos importantes Editar

  • Primeira aparición das ninfas da auga.

Curiosidades Editar

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou