FANDOM


O ollo da inspiración das fadas
Tempada 5, episodio 17
Winx121.png
Información do episodio
Número de episodio total 121
Data do trinque (Italia) 11 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 10 de marzo do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Ľocchio che ispira le fate
Nome en inglés (EUA) Faraway Reflections
Sucesión de episodios
anterior
A eclipse
seguinte
O devorador de Selkies
Lista de episodios

O ollo da inspiración das fadas é o episodio 17 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 121 en total. Estreouse o 11 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus ten o selo da columna da luz, e Icy está con el. Darcy e Stormy falan con Daphne, e ela di que Tritannus non pode activar o trono do emperador, porque Tritannus e as Trix serán destruídas. Elas non a cren, e Daphne tenta contactar con Bloom pero non pode e cae desmaiada.

Tritannus pon o selo da columna da luz no trono do emperador, pero o trono lanza un raio que deixa Tritannus coa súa forma normal. Daphne aproveita que Tritannus se debilitou e tenta contactar con Bloom. En Alfea, Bloom entra en contacto con Daphne, e Daphne di a Bloom que foi secuestrada e ten que deter Tritannus.

Daphne explica a Bloom que Tritannus busca os selos da columna do equilibrio e da columna do control, e Bloom ten que buscar o ollo da inspiración. Bloom esperta, e avisa Flora e logo as outras Winx, aínda que Stella ten sono. No Océano Infinito, Icy di a Tritannus que ten que ir á Terra para buscar petróleo.

Darcy e Stormy empezan a crer o que Daphne dixo, e explícano a Icy. Icy di que o fará ela soa se fixer falta. Na Sección Secreta de Alfea, as Winx empezan a buscar o ollo da inspiración. Pero non atopan nada. A Selkie da Terra atopa que o portal se abre, e entran Tritannus e as Trix. A Selkie tenta detelos, sen éxito.

En Alfea, Bloom insiste coa mensaxe de Daphne para deter Tritannus, pero as Winx pensan que non existe o ollo da inspiración. Layla pregunta á súa gardiá do Sirenix, e ela dá unha pista que indica que se trata da lúa. As Winx descobren que é a lúa reflectida nun pozo, e o ollo da inspiración leva ás Winx a unha sala de auga.

As Winx descobren que están nun mapa do Océano Infinito, e Tecna descárgase o mapa. No océano, a Selkie da Terra, Philla avisa outras Selkies para deter Tritannus. Na Terra, Mike e Vanessa están a limpar a illa de lixo. Entón aparecen Tritannus e as Trix, e Tritannus absorbe as toxinas e volve ter aspecto de monstro.

Tritannus transforma unha pila de lixo nun monstro, e ataca o barco de Mike. A xente salta ao mar, e Vanessa chama Bloom. En Alfea, Bloom recibe a chamada, e as Winx teñen que ir á Terra. As Winx transfórmanse, mentres o monstro de Tritannus ataca os humanos.

As Winx chegan á Terra, e Tritannus e as Trix van á auga para buscar a columna do equilibrio. As Winx empezan a atacar ao monstro, pero non fai efecto. Bloom lembra o que WizGiz dixo ás Winx, e usan unha converxencia Sirenix para reflectir o ataque do monstro. Con isto, o monstro é destruído, e as Winx entran na auga.

Tritannus e as Trix queren entrar no Océano Infinito, pero aparece Philla con moitas Selkies. Entón Tritannus deixa ás Selkies fóra de combate, e Tritannus e as Trix entran no Océano Infinito. As Winx chegan, e logran salvar as Selkies. Philla dá as grazas ás Winx. Na Terra, Mike e Vanessa din que o mar estará limpo. As Winx din que collerán Tritannus.

Feitos importantes Editar

  • Daphne consegue entrar en contacto con Bloom e avísaa do plano maligno de Tritannus.
  • Darcy e Stormy teñen dúbidas da súa posición porque Tritannus comeza a volverse feble.
  • A illa de lixo no océano do Gardenia é finalmente destruída.
  • As Winx recuperan un mapa virtual do Océano Infinito.

Curiosidades Editar

  • Na Terra, mentres as Winx estaban co Sirenix, a saia de Stella faltaba.
  • Durante a converxencia das Winx contra o monstro de lixo, as saias de Stella, Musa e Tecna faltaban.
  • Na Terra mentres estaba no ar, a perna esquerda de Darcy está desaparecida dende o xeonllo cara abaixo.
  • Cando Tritannus entra no Océano Infinito, o fondo falta (as pedras), pero aparece despois dalgúns segundos.
  • Debaixo da auga, as luces do cabelo de Musa son rosas en vez de laranxas.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou