Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

O pantano da Lama Negra é o episodio 4 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 4 en total. Estreouse o 4 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza nun pantano preto de Alfea, o pantano da Lama Negra, nunha clase do profesor Palladium. Unha rapariga comeza a mofarse do profesor cunha coisa que el non a entende, e todas as raparigas rinse menos Bloom, que di que iso non está ben. Despois Palladium dilles que teñen que cruzar o pantano e chegar ao bosque que hai ao final do pantano en 3 horas e sen usar a maxia, e despois desaparece.

As Winx entran no pantano, pero despois Tecna detecta que hai un odor estraño e deciden saír. Bloom lanza un tronco para saber que hai, e dunha burbulla no pantano sae unha nube gris e escura que sobe ata o ceo e desaparece. Despois saen máis nubes doutras burbullas facendo o mesmo. As Winx danse conta que se tocan unha desas burbullas, poden morrer.

En Torre de Nubes, as Trix saen dunha clase de Zaratustra, e din a Knut que xa pode saír, xa que estaba escondido nun armario porque non poden ter ogros ou outros animais. Knut informa ás Trix que, mentres estaba escondido en Fonte Vermella, ouviu que o troll rastreador que foi usado para localizar Bloom na Terra será levado á prisión polos Especialistas. Stormy di que se lle interrogan chegarán a Bloom e despois descubriranas, e por isto teñen que soltar o troll na súa viaxe por Magix.

Nunha nave de Fonte Vermella, Sky, Brandon, Riven e Timmy están a levar o troll. Brandon di que ten o presentimento de que lhes pasará algo, sen saber por que. Entón unha presenza invisible estraga a nave e caen no pantano, preto das Winx. Entón as Winx e os Especialistas atópanse, e nese momento Musa séntese algo atraída por Riven. Pero despois descobren que o troll escapou e quitouse as esposas. Entón Riven comeza a discutir, e comeza unha tensión entre todas as fadas e Riven. Entón os mozos vanse, pero Tecna descobre que o buraco por onde escapou o troll foi feito por alguén, e deciden axudar os Especialistas.

As Winx descobren que alguén fixo un feitizo de levitación para que o troll deixe de facer pegadas, e van buscar o troll a pesar dos perigos do pantano. Bloom e Flora presenten cal é o camiño a pesar das dúbidas, e van por ese camiño. Mentres tanto, os Especialistas son capturados por plantas vivas, aínda que Timmy di que non debería haber ese tipo de plantas. Máis tarde tamén collen Stella por falar, e Flora dille que estea parada, e é liberada. Entón ouven os Especialistas, e tamén Flora fai que as plantas se calmen. Unha vez libres, deciden ir buscar o troll xuntos, a pesar de negarse Riven.

Riven comeza a burlarse e a facer comentarios maos de todo, e os outros enfádanse con el. Tras unha discusión deciden ir buscar o troll. Todos comezan a saltar nuns pedazos de terra no pantano, pero aparece un remuíño. Riven cáese na auga, e Tecna tamén cae por tentar salvalo. Pero os outros sálvanos e chegan a terra firme. Entón comezan a oir as outras fadas, que están encurraladas polo troll. As Winx distráeno, e os Especialistas saltan sobre el. Tras unha loita, volven perdelo. As fadas din que os mozos son Especialistas en facer todo mal. Brandon e Bloom ponse a falar, mentres os outros discuten. Ao final Riven decide colaborar por agora.

Nun local do pantano, as Trix pregúntanse por que o troll non veu, e vén o pato Peppe. Entón Icy conxélao, e aparece o troll. Pero as Trix fano volver ao “esquecemento” para que non diga nada a ninguén, e volven a Torre de Nubes. Máis tarde chegan as Winx e os Especialistas, e descobren que alguén fixo un feitizo. Entón Bloom descobre unhas plumas, que saben que pertencen ao pato de Icy. Collen a nave de Fonte Vermella, que está estragada, e volven coas outras fadas. Os Especialistas deixan ás Winx e vanse, e Palladium di que as observou e fixérono moi ben a pesar de chegaren as últimas.

En Fonte Vermella, os Especialistas están a arranxar a nave, e comentan que a pesar de fracasaren a misión, agora saben que son un gran equipo. Na habitación de Stella, Bloom comproba se ela está ben, e ela máis tarde di “Boas noites, Sky”.

Feitos importantes[]

  • As Winx van por primeira vez ao pantano da Lama Negra, sendo a súa primeira aparición.
  • As Winx axudan os Especialistas a atopar o troll do episodio 1 (Un acontecemento inesperado).

Curiosidades[]

  • É o primeiro episodio en que ninguén é transformado.
  • Musa mostra interese en Riven.
  • Stella mostra interese en Sky (Brandon).
  • É a primeira vez que aparece Fonte Vermella.

Galería[]

Advertisement