FANDOM


O parque natural de Alfea
Tempada 7, episodio 1
Winx157.png
Información do episodio
Número de episodio total 157
Data do trinque (Italia) 21 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 10 de xaneiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Il parco naturale di Alfea
Nome en inglés (EUA) The Alfea Natural Park
Sucesión de episodios
anterior
Winx inesquecibles
seguinte
As mozas fadas crecen
Lista de episodios

O parque natural de Alfea é o episodio 1 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 157 en total. Estreouse o 21 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza coas Winx a chegar dun autobús a Alfea. Entón as Winx preocúpanse pola súa chegada, xa que Faragonda as podería castigar por chegaren tan tarde. Cando tentan pasar, atópanse que un monstro xigante acurrala dúas raparigas. As Winx evitan que a criatura ataque as raparigas e cando pisará Bloom, esta faise pequena e resulta que Faragonda reverte o efecto convertendo o monstro nun pequeno animal máxico, e atopa que o animal aumentou de tamaño porque as dúas raparigas lle deron un bocadillo, e ela aconséllalles que non llo tiñan que dar porque o animal cambia de forma.

En Alfea, Faragonda ademais de que pune ás Winx pola súa inesperada chegada á academia, convócaas para coñecer o parque natural de Alfea para animais máxicos. Stella esperta ao escoitar que é unha festa de inauguración do parque e van á súa habitación para organizar un desfile de moda pola mañá.

Pola mañá, Stella esperta as Winx e dálles roupas con aspectos turísticos, pero son malas e mesmo Kiko búrlase das roupas que Stella está a darlles ás Winx, pero dálles unha tentativa máis e dálles unhas roupas de explotación ás raparigas.

Kiko impresiónase e Stella dálle unhas cenorias e uns prismáticos. Máis adiante atópanse con Roxy a cargar un animal máxico (o mesmo da noite anterior) e ao ver que Kiko ten cenorias, quítalle unha e Kiko comeza a perseguilo cara ao parque.

Mentres tanto, as outras fadas continúan no parque e Faragonda conta que creou o parque co fin de ter os animais en catividade. Cando chegan ao parque, ven un domo de enerxía e Faragonda di que só os que teñen enerxía de fadas poden pasar. Ao chegar, Faragonda dilles que irá coas coidadoras para inspeccionar mentres as Winx poden dan un paseo polo parque.

Cando viran todo o parque e os animais que están no mesmo, Roxy baixa a criatura e novamente provoca Kiko quitándolle a súa última cenoria, polo que comeza a perseguilo e atopan unha pequena toupa que igualmente se leva mal con Kiko e pelexan ata que a toupa termina atinxida.

Bloom vai coa toupa a consolala, Kiko deixa de rir pensando que a toupa está a gañar a súa atención, polo que decide irse coa súa cenoria. Pero atopa a mesma toupa noutro buraco e quítalle a súa cenoria. Bloom e as outras Winx chegan e atópanos, pero de súpeto unha ave colle a toupa, polo que a Roxy lle parece sospeitoso de que un animal ataque outro, xa que ninguén o fixo antes.

As Winx transfórmanse para salvar a toupa mentres Roxy queda con Kiko, no entanto a ave demostra ser rápida e evade os ataques das Winx, pero tamén lanza raios. Non conseguen rescatar o animal e escapa co animal superando a barreira máxica. As Winx informaranllo a Roxy, e Kiko sente pena polo ocorrido.

En Alfea, Faragonda coa información di que son malas noticias e as Winx contan que a ave era poderosa e parecía que tiña habilidades de fada. Roxy pescuda a clase que era a ave que capturou a toupa, mentres Faragonda sospeita sobre o secuestro da toupa. O episodio termina nunha cova secreta onde se revela que a ave resulta ser Kalshara coa toupa na súa man, mostrándolla ao seu irmán Brafilius.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Esta tempada tamén ten os créditos finais no lado dereito, similar á tempada 5 e a tempada 6.
  • Cando Kalshara pon na gaiola os animais máxicos que ela collera, o animal máxico de Stella (Shiny) foi visto xunto cos outros animais máxicos na gaiola.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou