FANDOM


O poder Charmix
Tempada 2, episodio 21
Winx47.png
Información do episodio
Número de episodio total 47
Data do trinque (Italia) 28 de xuño do 2005
Data do trinque (EUA) 25 de febreiro do 2006
Nomes originais
Nome en italiano Il potere del Charmix
Nome en inglés (EUA) Charmix Power
Sucesión de episodios
anterior
A aldea das Pixies
seguinte
Perigo nas Terras Salvaxes
Lista de episodios

O poder Charmix é o episodio 21 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 47 en total. Estreouse o 28 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nunha praia, onde as Winx están de vacacións. Os Especialistas están nunhas motos de auga sobre o río. E Tecna non está coas outras. Timmy chega á praia e Layla leva a moto de Timmy e vaise cara ao río cos outros mozos.

Lord Darkar ten as catro partes do Códice e reúnese coas Trix, e logo di que pode empezar a súa conquista. Entón xunta o poder das catro partes e apodérase da súa enerxía. As Winx e os Especialistas están a xogar voleibol na praia, pero Layla e Stella non xogan.

Layla trouxo leña, e pregunta a Stella se algunha vez fixo lume. Stella di que non, e Layla di que só sabe vivir con centros comerciais, e Stella enfádase. Lord Darkar continúa a tentar apoderarse da enerxía do Códice, pero non pode e descobre que precisa de Bloom e do seu poder da Chama do Dragón. Lord Darkar ordena ás Trix que traian Bloom.

As Winx deciden mandar postais aos seus pais, e logo din que aínda que non teñen maxia, Bloom conseguiu o seu Charmix. Os Especialistas din que poden axudar a que as Winx consigan os seus Charmix. Lord Darkar obsérvao todo e di que as Winx están nas Terras Salvaxes e non hai maxia, pero co Gloomix das Trix poden facer algúns feitizos.

As Trix aparecen nas Terras Salvaxes coa misión de levar Bloom ata Lord Darkar. Entón as Trix ven uns animais e deciden convertelos en monstros. As Winx están a durmir, pero Bloom esperta por un ruído. Sky está a vixiar, e dille a Bloom que vixiará durante toda a noite.

As Trix controlan uns monstros e trolls, e ordénanlles que capturen Bloom. Ao día seguinte, as Winx están a facer postais para os seus pais. Layla di a Stella que faga unha postal aos seus pais, pero Bloom di a Layla que os pais de Stella están divorciados, e Layla non o sabía.

Layla vaise cara ao bosque, e os monstros están a vir. Layla ponse triste porque case non coñece as Winx. Stella vai buscar Layla. Mentres tanto, Layla non se lembra do camiño, pero vén Stella. Elas dous empezan a camiñar para reunirse co resto do equipo e Stella recoñece que ela tamén se sente marxinada como Layla, e obtén o seu Charmix.

Uns monstros veñen atacar Layla e Stella, e Stella transfórmase co seu Charmix e ataca aos monstros pero volve ao seu aspecto normal, xa que a súa maxia se esgotou. Na praia, Riven enfádase e séguelle Musa. Mentres tanto, Layla e Stella son perseguidas polos monstros.

Musa atópase con Brandon, e el di que ten que ter valor. Tamén di que siga Riven e fale con el. Stormy e Icy están a facer unha trampa. Musa atopa Riven, e atopa que as Trix están a atacar. Musa di a Riven que ela confiará nel, e entón Musa obtén o seu Charmix.

Stella logra volver transformarse para atacar aos monstros, e fai unha bengala para chamar a atención dos outros, e volve ao aspecto normal. Entón os outros veñen e loitan contra os monstros. Cando derrotaron algúns monstros, Brandon e Stella bícanse. Pero veñen máis monstros.

As Trix están a facer unha trampa para capturar Bloom, e o equipo continúa a loitar contra os monstros. Entón Musa transfórmase e activa o seu Charmix, e ataca aos monstros. Ela volve ao aspecto normal, e di que teñen que ir ao val.

Pero Riven di que é unha trampa porque ouviu ás Trix. Por iso teñen que pisar no mesmo lugar. As Winx e os Especialistas pon o pé onde o puxo Riven, pero chegan a un precipicio e quedan atrapados.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • O traxe de baño de Stella ten unha semellanza cos traxes de baño das mozas socorristas da serie Baywatch (Os vixiantes da praia).

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou